As eleccións municipais de maio de 2007 en Ordes foron as de maior número
de contendentes na historia. "Siete
enanos para Blancanieves" foi o divertido titular dun artigo de La Voz de Galicia o 23 de febreiro, e
si, efectivamente, ata sete listas se presentaron.
Unión por Ordes (UxO): o
que fora tenente de alcalde e man dereita de Martino, Manuel Regos, ía acompañado doutro ex-PP José Luis Gómez e de dúas
caras novas, Silvia Marín e José Ramón Vázquez. Contaba tamén co apoio
económico do empresario Ramón Carro, inimigo declarado de Martino.
Partido Popular (PP): o alcalde Teodosio Martino prescindiu dos
clásicos Pedro Ferreiro e Matías Raña. Na
súa lista estaban Susana Mosquera, Estrella Vázquez e o ex-PSOE José Luis Díaz
Hermida. Nos outros dous postos de saída ían o mozo Marcos Fernández e Jesusa
Raña.
Partido Socialista Obrero
Español (PSOE): Esther Couto, entón
deputada en Madrid, encabezaba a lista. Despois da escapada de Manuel
Astray, era Xesús Pedreira o seu número dous.
Bloque Nacionalista Galego (BNG): para reverter os decepcionantes
resultados das anteriores eleccións presentaba a Gonzalo Castro e a María Xosé
Raña coa gran sorpresa da volta do seu carismático líder Ramiro Recouso como
número 3, mentres Avelino Candal daba un paso atrás no 4º lugar.
Nova Alternativa (NA): o médico ex-PP Juan Simón Torre xuntouse co
ex-PSOE Manuel Astray co único punto en común de levarse os dous mal con
Martino.
Terra Galega (TeGa): enésimo intento de Roberto González,
acompañado de Susana García e un novato José Luis Martínez Sanjurjo
fogueándose.
Partido Galeguista (PG): o incombustible Victorino Cores, responsable
de obras na lexislatura 1999-2003 cando foi expulsado do BNG e Teodosio Martino
gañara a alcaldía con Democracia Galega.
ELECCIÓNS MUNICIPAIS de MAIO de 2007 |
||||
Censo: 12.177Votos emitidos: 8.718Abstencións: 3.459% abstención: 28,4Votos en branco: 104Votos nulos: 74Concelleiros: 17 |
Partido |
Edís |
Votos |
% |
UxO |
4 |
2.039 |
23,88 |
|
PP |
4 |
1.693 |
19,82 |
|
PSOE |
3 |
1.639 |
19,19 |
|
BNG |
3 |
1.535 |
17,97 |
|
NA |
2 |
909 |
10,64 |
|
TeGa |
1 |
530 |
6,21 |
|
PG |
0 |
195 |
2,28 |
As
eleccións despexaron todas as dúbidas: o pobo quería un cambio no statu-quo e o
actor do cambio sería Manuel Regos con UxO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario