O regato
Mercurín, un dos afluentes do Cabrón, é o río que pasa pola vila de Ordes.
Ten o
seu nacemento na parroquia de Mercurín, en dúas fontes que hai preto da aldea
do Vilar. Os dous pequenos regos xúntanse ao leste de Guntín e avanzan cara ao
sur. Este curso alto en Mercurín ten aproximadamente uns 2,5 km.
Pasado
Mañufe o regato Mercurín intérnase na parroquia de Ordes onde o seu curso será duns 5,7 km.
Preto de Vilaverde ten un pequeno afluente, o rego da Fraga. Xa ten percorrido
uns 5.400 metros
cando chega á vila. Uns 900
metros despois pasa por baixo da N-550 e case dous km
despois desemboca no río Cabrón, moi preto do Marisans. A súa lonxitude total é
duns 8.300 metros.
Nas
súas marxes está o Paseo Ramiro Recouso e un roteiro de sendeirismo (opción longa e curta). Tamén hai ata 8 muíños, algúns restaurados e outros en bastante mal estado, pero ningún en funcionamento.
Anecdoticamente, como acostuma pasar cos ríos pequenos, houbo sempre moita confusión co seu nome. Na parroquia de Mercurín obviamente sempre lle chamaron río de Mercurín pero en Ordes antigamente era habitual chamarlle rego da Fraga ou río da Braña. Non obstante, tanto nos mapas como en documentos notariales de principios do século XX aparece como río Carboeiro. Nos anos 80 púxose de moda chamarlle río Mirón e a principios do século XXI era habitual confundilo co Cabrón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario