jueves, 25 de marzo de 2021

Clases sociais

  No Ordes do século XIX e primeira metade do XX había unhas clases sociais moi marcadas, baseadas fundamentalmente na capacidade económica, aínda que tamén  se podían ter en conta outros factores.
  O sistema era moi ríxido porque era moi raro que houbese un matrimonio entre membros de clases diferentes e se o había era entre dúas que estaban contiguas na escala. Isto ocasionaba que bastantes mulleres das clases máis altas quedasen solteiras porque se non tiñan pretendentes dentro do seu grupo social xa non concibían outra posibilidade. Era máis fácil que un home casase cunha muller dun grupo social inferior (especialmente se era fermosa) que ao contrario.
 
  No lugar máis alto desta escala social estaba o que podiamos chamar a burguesía ilustrada, é dicir, aqueles que tiñan estudos universitarios e traballaban para a administración, ocupando os postos claves na vila: xuíces, avogados, notarios, procuradores, escribáns, médicos, boticarios... moitos deles tamén grandes propietarios.
  Falamos de familias como os Pol, Troche, Stolle, Concheiro, Liñares, Astray, Álvarez, del Río... nas que os seus membros tiñan estudos, incluídas as mulleres que maioritariamente debían dedicarse ao maxisterio, a única carreira que se lles permitía na práctica.
  Eran os que detentaban o poder político, que no distrito de Ordes, agás breves pausas, sempre estivo vinculado ao Partido Liberal, do que era representante Saturnino Aller.
 
  Nun segundo chanzo estaba a burguesía industrial (comerciantes e empresarios). Como na actualidade, os empresarios máis ricos e exitosos estaban máis alto na escala social, próximos á clase superior. Falamos aquí de familias como os Faya (fábrica de curtidos), Pardo (obras públicas), Mariño (comercio), Calvo (comercio), Abeijón (comercio), Amado (comercio) ...
  Loxicamente había tamén moitos pequenos comerciantes menos adiñeirados que non estaban a ese nivel.
 
  Un lugar parecido na escala ocupábano os grandes propietarios agrarios. En todas as parroquias había ricas familias campesiñas con gran cantidade de terras, das que unha gran parte dábanas en arrendo. Tiñan por tanto gran poder económico e influencia porque outras familias campesiñas máis pobres dependían directamente delas. Ás veces participaban en política e ocupaban cargos de concelleiro.
  Algunhas destas familias como os Pérez de Barbeiros ou os Veiras de Poulo tiñan ou tiveron no pasado paradas de sementais.
  Para conservar a maior cantidade posible de terra dentro da familia herdaba a maior parte (normalmente) o primoxénito. Noutras partes de Galicia era denominado petrucio, aquí en Ordes simplemente chamábaselle "o millorado". Os outros irmáns podían quedar case sen nada e en moitos casos emigraban ou se mesturaban co resto do campesiñado.
  Como as monarquías, estas familias estaban interconectadas por múltiples ligazóns matrimoniais. Así os Pérez estaban emparentados cos Moar e os Veiras, estes cos Bello, os Moar e os Mosquera de Poulo, os Mosquera de Ordes cos Villaverde e os Barreiros do Casal ...
 

  O cuarto chanzo ocupábano os escasos obreiros urbanos e o pequeno campesiñado que era de lonxe o grupo máis numeroso. O traballo campesiño era tan sacrificado naqueles tempos que os traballadores na vila, aínda as criadas nas casas, considerábanse por enriba deles.
  Efectivamente, era unha vida durísima e sempre ao límite porque calquera contratempo tal como un accidente, enfermidade propia ou do gando ou sinxelamente un par de anos de malas colleitas podían facerlles perder as súas posesións. Se tiñan sorte podían traballar terras alleas, sendo coñecidos como foreiros ou caseiros.
  A emigración a América sempre foi un recurso para fuxir da pobreza e, ás veces, para escapar do longo servizo militar ou da Guerra de Marrocos.
 
  O último lugar na escala social era o proletariado agrario, os que en Ordes eran coñecidos como "caseteiros". Non posuían terras polo que tiñan que traballar as alleas como xornaleiros e vivían en pequenas casas nos peores lugares das aldeas. Os solteiros ás veces non tiñan casa propia e durmían nalgún lugar que lles proporcionaban os seus empregadores. Tal era a vida de Manuel Lois.

viernes, 19 de marzo de 2021

A voda Concheiro del Río

  O sábado 4 de xaneiro de 1936 tivo lugar a voda de Jaime Concheiro e Sofía del Río, pertencentes a dúas das familias máis adiñeiradas de Ordes. O xornal El Compostelano publicou a noticia o luns 6 de xaneiro. O máis rechamante é ese menú no que por certo xa aparece o keike. 
 
  Anteayer contrajeron matrimonio en esta villa la bella señorita Sofía del Río Carballido y el abogado D. Jaime Concheiro Iglesias. 
  Celebrose el acto en la parroquia de Santa María, a las cinco de la tarde.
  Fueron padrinos la madre de la novia, señora viuda de del Río y el padre del novio, D. Antonio Concheiro Rodríguez.
  Firmaron el acta matrimonial por parte del contrayente D. Luis Recaséns y D. Domingo Antonio Moar, y por parte de la novia D. Julio Caamaño y D. Alejandro Nine.
  Finalizada la ceremonia se sirvió a los invitados, en número de más de 130, el siguiente menú.
  Fue servido por la acreditada «Casa Mora», quien como siempre, rayó a gran altura, siendo unánimes los elogios que se le tributaron por la calidad y cantidad de los artículos. 
  Después se organizó un baile que terminó a las once de la noche, en medio de la mayor animación. 
  Deseamos a los jóvenes esposos inacabable luna de miel. 
 
  Lamentablemente o matrimonio duraría moi pouco tempo. Jaime morrería en 1945, só 9 anos despois. En cambio Sofía, que viviu na farmacia co seu fillo (tamén chamado Jaime), tivo unha longa vida, pois faleceu en agosto de 1996.

domingo, 14 de marzo de 2021

A Torre de Morgade

 

 A arqueóloga Mª del Rosario Valdés Blanco-Rajoy, por certo descendente de Eduardo Pondal, investigou e publicou "Las fortalezas medievales que jalonaban la ruta jacobea entre Santiago y Betanzos", varias delas na comarca ordense. Velaquí as liñas que dedica á desaparecida Torre de Morgade
 
   De la fortaleza de Morgade encontramos noticias en el año 1354, cuando Lope Pérez de Moscoso obtiene permiso del arzobispo Gómez Manrique para hacer una casa forte enno castro de Morgade, en la misma parroquia de San Pedro de Ardemil. Las condiciones eran las habituales: recibir al prelado “irato o pacato”, con muchos o con pocos, hacer la guerra o la paz desde la fortaleza cuando se lo exigiera el arzobispo y una desusada: derribar la casa de Moscoso hasta el primer sobrado cuando la de Morgade tuviese el segundo.
   Quiere esto decir que, de cumplirse estas condiciones, la edificación de ese castillo supuso la desaparición del de Moscoso. El topónimo “castro” referido a Morgade sugiere la existencia de una fortificación anterior.
 

   La fortaleza de Morgade se localiza a unos 2,5 Km al norte de la de Moscoso; se emplazaba sobre el reborde montañoso que separa las tierras altas de la cuenca del Tambre de la franja costera; estaba en el límite meridional del valle de las Encrobas, enfrentada a la cabecera del valle de la Barcia. Controlaba, desde lo alto y a distancia, el camino medieval de Coruña a Santiago, en concreto el tramo que baja de Ardemil al llano costero.
 
 
   El lugar conocido con el nombre de A Torre o Castro de Morgade, donde se localiza esta fortaleza, se encuentra a unos 250 metros al Norte de la aldea de Morgade, en un entorno eminentemente rural; son fincas aisladas de la población. El enclave lo constituye un espolón de la parte alta de una ladera que se adelanta sobre la confluencia de dos arroyos y se une al territorio circundante por el Sur. Es fácilmente defendible. La fortificación se organiza en torno a una mota de tierra de unos 6 metros de altura. La parte alta de dicha mota se encuentra explanada y constituye un recinto de planta circular de unos 25 metros de diámetro. No se aprecian restos de muralla o cerca alguna que rodee su perímetro. En este recinto se levantaría la torre y “casa forte” con varios sobrados, tal como se dice en la documentación; no quedan vestigios superficiales de semejante edificio, pero se observan socavones excavados hace relativamente poco tiempo, de los que al parecer se ha extraído gran cantidad de canterías labradas y piedras sueltas. Por el sur, punto en que la mota se une al territorio circundante y por tanto en el lado más accesible y vulnerable, se excavó un foso que hoy en día tiene unos tres metros de profundidad. Una ligera elevación del terreno parece indicarnos que al foso le precedía una barrera de tierra, aunque es difícil asegurarlo, ya que el monte en que se emplaza el yacimiento se ha trabajado repetidamente y recientemente se ha roturado para hacer una plantación de eucaliptos. Por los restantes lados es la propia pendiente de la mota y de la ladera del monte la que sirve de defensa; al norte, la pendiente natural, en sus primeros metros, está constituida por rocas de aristas vivas de caída vertical.
 
 
   Sobre este yacimiento, Fachado Estévez recoge de boca de los vecinos del lugar la siguiente información: “antiguamente existió sobre esta colina una “casa” edificada por los moros con hermosos y elaborados muros de sillería; también cuentan los lugareños que allí aparecían frecuentemente cantos trabajados, algunas tejas y otros materiales, existiendo la leyenda de que los moros guardaban en aquella casa importantes cantidades de oro”.
 
   Los testigos del Pleito Tabera-Fonseca coinciden en señalar que la fortaleza pertenecía a la casa de Altamira, precisando uno de ellos que era de Álvaro Pérez; cuatro de ellos mencionan que fue abatida por la hermandad y otros dos que fue obra de Fernando de Acuña por mandato real; de éstos -Gonzalo de Cardeleiro- añade que la hicieron derrocar en nombre del rey por los males que de ellas hacian y que decían que hera nuebamente fechas.
 
   Vasco de Aponte relata que Fernando de Acuña le tomó Morgade a Lope Sánchez. Asimismo, que García Mártiz de Barbeira por orden de Lope Sánchez de Moscoso levantó Morgade que confería con muchos señoríos extraños y mucho espantaba. Pusieron por merino a Gonzalo Pérez de Gontín, casado con una hermana bastarda del conde Lope Sánchez. Continúa el cronista diciendo que de allí en adelante aprovechó la fortaleza para defenderse del arzobispo y del conde Sancho Sánchez de Ulloa, su tío.
Mª del Rosario Valdés Blanco-Rajoy

miércoles, 10 de marzo de 2021

A Bailía

  No seu libro do ano 2008 "Toponimia de Galicia", da colección "Guías AZ" o ponferradino Fernando Cabeza Quiles fala nunha das súas entradas dos topónimos Bailía, Ordes e Orde, apuntando de novo á teoría de que estivesen relacionados coa existencia dunha orde relixiosa (teoría xa defendida polo filólogo Manuel Vidán Torreira).
 

   Chámase Bailía unha aldea da parroquia de Cañás, Carral (A Coruña). Outro lugar chamado Bailía está na parroquia de Leira, concello de Ordes (A Coruña). Este topónnimo fai referencia a unha "bailía", isto é, a un territorio ou xurisdición pertencente a unha orde relixioso-militar administrada por un "bailío". As "bailías" en Galicia pertencían especialmente ás ordes de Santiago, San Xoán de Malta, do Temple ou de San Xoán de Xerusalén. Estas nomeaban un membro ou cabaleiro da súa orde chamado bailío, especie de comendador encargado ou encomendado para administrar e, o que é máis importante, cobrar as cuantiosas rendas agrícolas das bailías ou encomendas a el encomendadas.
  Unha bailía importante e perfectamente documentada foi a de Vilar de Donas, Palas de Rei (Lugo), mosteiro nun principio feminino, que foi incorporado cos seus territorios, por doazón, á Orde de Santiago, fundada no ano 1170. Así, nun documento do ano 1233 o rei Fernando III confirma un privilexio concedido por Alfonso IX ao devandito mosteiro: "que est in bailia de Vilar de Donas" (Novo, 1986: 210). Noutra proba documental do ano 1274 aparece nomeada a devandita figura do "bailío", personificada en varios freires (non sabemos se cabaleiros ou clérigos) seguramente da citada Orde de Santiago: "e assy lo outorgo ante os freyres frey Pedro Payz, balio de Meyngon Fria, e frey Martino balio d'Ouleda, e Pedro Payz, balio d'Asma, e frey Areas Affonso e..." (Novo, 1986: 255).
  E, xa que logo, Bailía, un topónimo que fai referencia á palabra bailía, derivada do catalán batlle "alcalde", ou do aragonés baile "xuíz", e este do occitano baile, e este do latín bajulus "mozo de corda", pola comparación do administrador, alcalde, xuíz, no noso caso bailío, cun home (o mozo de corda) que leva unha carga.
 
  Antes dixemos que o bailío era unha especie de comendador encargado, ou mellor encomendado para administrar unha bailía ou encomenda; xorde así o topónimo A Encomenda, similar no seu significado ao de Bailía, en canto a nomear o territorio ou xirisdición dunha orde militar. Así, A Encomenda é o nome dunha parroquia e lugar do concello de Pobra de Trives (Ourense) onde habería en antigo tempo algún ben ou casa pertencente a algunha encomenda medieval.
 
  Para finalizar, aínda recoñecendo que o topónimo é problemático, propoñemos, só como posibilidade, que Ordes, nome da vila, parroquia e concello da provincia da Coruña, faga referencia, como os de Bailía, A Encomenda etc., a algunha propiedade dunha orde militar ou dun mosteiro. Así nun documento do ano 1249 cítase a orde cisterciense como "cisterciensis ordinis" (Romaní, 1989, t. 1: 576). O mesmo pensamos, pero con máis convencemento, do topónimo Orde, nome, entre outros lugares, dunha aldea da freguesía de San Miguel de Vilapedre, Sarria (Lugo), onde existiu un mosteiro familiar no barrio de San Mateo doado posteriormente con todos os seus bens ao mosteiro de Samos (Rielo, G.E.G., voz Vilapedre, San Miguel de, t. 30:89). Mosteiro pertencente á orde bieita, que puido ter algunha posesión no devandito lugar de Orde desta parroquia, se é que o topónimo non fai referencia directamente á devandita orde.
  En canto á documentación antiga, se no artigo titulado O TEMPLE servímonos de documentos que citan antigas propiedades da orde do mesmo nome: "huna leyra que he do Tenple"; agora para ilustrar o topónimo Orde, valémonos de exemplos semellantes, como é o caso dun documento do ano 1390 do mosteiro de Vilar de Donas, incorporado, segundo indicamos ao principio do artigo, á Orde de Santiago, no que Alfonso Gómez, prior do citado mosteiro, afora unhas terras entre as que se atopaba "outra leira da Orden" (Novo, 1966: 303).
   Anos antes, noutro testemuño escrito en 1376, Rodrigo, o prior do mesmo mosteiro nesa época, afora a Xoán Estevenes e á súa muller todas as herdades que o mosteiro tiña en Goadroi e  en toda a freguesía de Santiago de Reboredo: Aforamos a uos Johan Esteuenes... todos los herdamentos que nos e nosa Orden (ten) en Goaadroy..." (Novo, 1986: 291).
 
  Pensamos, pois, que os nomes de lugar galegos chamados Orde, puideron ser antes *(Leira da) Orde, *(Herdade da) Orde etc. Isto que dentro da toponimia galega é só unha hipótese, convértese nunha realidade perfectamente contrastada fóra de Galicia, onde se conserva algún topónimo no que aparecen sintagmas toponímicos parecidos aos anteriores. É o caso, por exemplo, de Quintanar de la Orden, nome de vila da provincia de Toledo, onde debeu haber unha grande extensión de terreo, tipo granxa ou quintanar, que puido pertencer á Orde de Santiago ou a algunha orde propiamente relixiosa.
Fernando Cabeza Quiles
 

domingo, 7 de marzo de 2021

Ordes en 1936

   O ano 1936 estivo marcado polas eleccións de febreiro que lle deron o poder á Fronte Popular. En Ordes esas eleccións demostraron que a República copiaba os modelos da Restauración porque houbo un claro "pucherazo" no distrito auspiciado directamente desde a dirección provincial de Izquierda Republicana da Coruña. O historiador Emilio Grandío Seoane parece disculpar eses métodos escribindo: «A cuestión que se lles plantexaba a aqueles que querían reformar o réxime, modernizar e laicizar o estado era a seguinte: o fraude existe, as bolsas cautivas de votos están aí para ser utilizadas, ben para unha banda ou para outra, non van estar estáticas. Se non se aproveitan van incrementar os votos do meu contrario. Deste xeito, neses anos acontece un estraño paradoxo: para modernizar as estruturas, é preciso utilizar os vellos procedementos. Só era posible a aplicación institucional da democracia coa utilización de métodos fraudulentos, precisamente porque se atopaban ben presentes».
  O relevo do concello aínda tardou case un mes. Antonio Concheiro foi substituído por un tal Antonio Fuentes Gonzálvarez (alcalde desde o 7 ata o 26 de marzo), que, á súa vez, deixaría paso ao mestre carralense Germán Doval García (26 de marzo ata o 24 de xullo de 1936). Non foi unha época tranquila. Chegou a Ordes un destacamento da Guardia de Asalto e comezou a intimidación dos adversarios. Antonio Concheiro e Juan Amigo foron detidos por reunión ilegal e pouco despois temendo pola súa vida, Concheiro escondeuse en Mercurín.
  O Alzamento de xullo deu paso ás xornadas máis tráxicas na historia recente de Ordes. A resistencia montada polas forzas de esquerda, apoiadas algúns días pola Columna Sanfíns, de pouco valeu. Cando chegaron os militares, comezou unha cruel represión que acabaría coa vida de moitos paisanos, entre eles o secretario do PSOE de Ordes, Manuel del Río Mandayo. Tamén apareceron en Leira, Parada e outros lugares cadáveres de esquerdistas de fóra da comarca.
 
XANEIRO: Reunión o día 6 para constituir o bloque de esquerdas. Na xuntanza do Consello Nacional do Partido Galeguista en Compostela participan os ordenses Pedro Álvarez e Xosé García. Fracasado mitin galeguista por falta de público en Ordes. Voda do avogado Jaime Concheiro Iglesias con Sofía del Río Carballido (da farmacia de arriba). Morre Carmen Caramelo Varela.
FEBREIRO: Mitin da Fronte Popular no Teatro Troche. Falan García Gerpe (Izquierda Republicana), Suarez Picallo (Partido Galeguista) e Beade Méndez (Partido Socialista). No acto repártese o manifesto "A los trabajadores y electores en general del Ayuntamiento de Órdenes". Nas eleccións xerais do día 16 gaña fraudulentamente a Fronte Popular no distrito de Ordes.
MARZO: O Goberno Civil disolve o Concello Ordense e e ordena a constitución dunha comisión xestora formada por persoas afíns á Fronte Popular que gobernará ata as previstas eleccións do 12 de abril (logo suspendidas). A maioría desta comisión está formada por integrantes de Izquierda Republicana. Mitin de propaganda autonomista no Cine Troche. Falan García Gerpe, Ramón Astray e o practicante Maximino Castiñeiras García, cerrando o acto o avogado socialista compostelán Juan Jesús González. Morren o ex-alcalde Benito Regos Regos e Dolores Amado Ferreiro con 36 anos.
ABRIL: Intimidación aos dirixentes da dereita: detidos Antonio Concheiro pai e fillo e Domingo A. Moar (ata tres veces), que tamén viu atacada a súa casa. Ramón Moar Lata (22 anos) de Buscás disparoulle tres tiros ao seu veciño Tomás Iglesias.
MAIO: Novo xuíz de instrucción, Fernando Roldán Martínez, chegado de Celanova. Mitin comunista en Ordes.
XUÑO: Aprobado polo Goberno Civil o regulamento dunha nova sociedade, o Sindicato de Profesiones varias de Ordes. Na festa do Sagrado Corazón preséntase a Banda de Música, agora ao cargo de Bernardo del Río. A noite do 18 é derrubado o cruceiro da vila e partido en tres anacos. Ameazado o párroco D. Ramón Mosteiro e achandada a reitoral. Detido José Luis del Río por intento de roubo no muíño de Fernando Conde Rey. Na Fraga da Galiña unha nena de 6 meses é devorada por unha cocha. Unha demente, Dolores de Darefe, mata a paus á nena Manuela Areoso. José Liñares Ramos de 27 anos agrediu a Ángel Villaverde Bello de 18 por dar vivas ao comunismo, producíndolle unha ferida na cabeza. Liorta por motivos políticos entre Jesús Martínez Boquete e José Iglesias Barbeito, ambos os dou de Ordes, contra Manuel Iglesias Viqueira e Pedro e Jesús Iglesias Brandariz, de Buscás. Referendo para o Estatuto de Galicia con novo fraude electoral.
 
XULLO: Alzamento. O día 19 fórmase o Comité Local del Frente Popular para defender a legalidade republicana. Prodúcese un incendio no xulgado. Atacado o cruceiro de Poulo, Os mebros do comité ocupan Ordes ata o día 21 no que a vila é tomada polas tropas procedentes da Coruña. Detido en Ordes o xeneral José Sánchez Ocaña. Militares e falanxistas inician a represión. O ex-oficial da Garda Civil Policarpo Galán Pérez, delegado militar, será o responsable do concello desde o 24 de xullo ata o 14 de setembro.
AGOSTO: Suspendidos de emprego e soldo moitos mestres defensores da República, entre eles José García Fernández (que xa estaba detido) e Germán Doval. O día 6 naceu Antonio Concheiro Carro, primeiro fillo de Antonio Concheiro. César González Vidal, carteiro en Verín casado con Rafaela Rúa, é trasladado a Ordes. Son atopados ata tres cadáveres de homes forasteiros paseados. Son os coruñeses Rafael Andrés Castro López e Francisco Mouriño Otero, e o betanceiro Felipe Veiga Gómez.
SETEMBRO: O día 10 é asasinado por milicianos no cárcere de Porlier en Madrid o ex-ministro ordense Abad Conde. O día 14 é nomeado alcalde o militar Arturo Pérez Loureiro. Aparece un cadáver na estrada en Leira.
OUTUBRO: Paseado a noite do día 5 no cemiterio de Boisaca (Santiago) Manuel del Río Mandayo. Aparecen un par de cadáveres de dous homes de Betanzos en Pinar da Torre (Parada).
NOVEMBRO: Función teatral no Cine Troche a favor do Exército e da Falange. Representouse a comedia "¡Sola!" de Pedro Muñoz Seca (a quen matarían os milicianos ese mesmo mes).
DECEMBRO: Comeza en Santiago o Consello de Guerra contra 20 ordenses defensores da República que rematará coa condena e fusilamento en Boisaca de 11 deles en febreiro de 1937. Tremendo accidente de tráfico en Ponte Lago con 4 mortos e varios feridos. Conducía a camioneta Lino Faya Mariño que levaba aos seus amigos Jesús Boga Ferro (20 anos), zapateiro de Buscás, Manuel Ruibal Graña e o cabo de artillería Ángel Varela Novoa. A camioneta atropelou a tres mulleres (unha morreu) e logo chocou contra unha árbore.
 

sábado, 6 de marzo de 2021

O ano 1936

   O ano 1936 tivo algunhas boas novas: a BBC realizou a 1ª transmisión mundial de televisión, naceu o Volkswagen, tivo lugar o primeiro voo do dirixible Hindenburg, inaugurouse o primeiro edificio cuberto de vidro en Toledo (Ohio) e Charles Chaplin dirixiu "Tempos modernos". Pero maioritariamente as cousas seguiron indo a peor: Alemaña ocupou a zona desmilitarizada de Renania, un frustrado golpe de estado en Xapón acabou co asasinato do xefe de goberno e varios ministros, en Palestina iniciouse a revolta contra os británicos e a Italia fascista seguiu coa invasión de Etiopía. Tamén é certo que se celebraron aquelas Olimpíadas de Berlín onde Jesse Owens gañou catro medallas e logrou enfurecer a Hitler, aínda que a noticia máis comentada a nivel mundial foi a abdicación de Eduardo VIII, o rei británico, para casar coa divorciada americana Wallis Simpson. 
 

  Na metade de España a 2ª República viviu os seus últimos seis meses, marcados polo triunfo da Fronte Popular (republicanos, socialistas e comunistas) nas eleccións do 16 de febreiro. Isto supuxo a inmediata volta ao poder de Manuel Azaña. Contrariamente ao que sucedeu en 1931 o seu discurso foi máis moderado pero as súas primeiras actuacións, imprescindibles para contentar aos seus socios, foron unha amnistía para os presos da Revolución de Outubro e o cesamento do xeneral Franco como xefe do Estado Maior do Exército e o seu trasladado a Canarias. Posteriormente o atentado dun falanxista contra o vicepresidente das Cortes permitiulle en marzo declarar ilegal á Falange e arrestar aos seus dirixentes, entre eles José Antonio Primo de Rivera.

  Ese mesmo mes regresou a Barcelona Lluís Companys para facerse cargo do Goberno da Generalitat, mentres en Badajoz, máis de 60.000 campesiños mobilizados pola FNTT ocuparon as terras dos seus patróns. Baixo o goberno da Fronte Popular houbo un impulso nas reivindicacións nacionalistas nas que entraron Galicia, pero tamén Aragón ou Andalucía.

  Azaña, vendo a violencia que se vivía no país (máis de 250 mortos en 5 meses), tentou acougar os ánimos pero a acción do goberno estaba lastrada pola desorientación dos dous partidos máis votados, o PSOE (que non participaba nese goberno) e a CEDA na oposición, superada por outros elementos máis radicais como os monárquicos de Calvo Sotelo.

 

  En abril houbo un respiro entre tanta tensión: o día 11 estreouse "Morena Clara", película de Florián Rey coa superestrella Imperio Argentina, que chegou a ser o maior éxito comercial do cinema español ata ese momento. Ese mesmo mes foi destituído Niceto Alcalá Zamora como presidente da República e substituído por Azaña. Seguiu a tensión co estalido dunha folga xeral mineira en Asturias e o continuo ruído de sabres. Azaña encargou a presidencia do goberno ao coruñés Casares Quiroga que formou un gabinete exclusivamente republicano, goberno que se afundiría co golpe militar.

 

  A morte o 13 de xullo do político dereitista José Calvo Sotelo non foi a causa da sublevación militar pois esta xa estaba en marcha pero serviulle de perfecto pretexto. O golpe iniciouse en Marrocos o día 17 e o 18 en toda España. Fracasou nas zonas máis ricas e industriais pero triunfou en Castela, Aragón e Galicia.
 
 
 
 
  O novo goberno republicano, presidido por José Giral, decidiu armar ao pobo. As súas previsións eran optimistas, pero pronto se vería que era imposible dirixir dunha forma unificada tantas ideas distintas. Pola contra os sublevados, que sufriron a baixa inicial en accidente de aviación do seu xefe, o xeneral José Sanjurjo, estaban unidos e o 23 de xullo constituíron en Burgos a Junta de Defensa Nacional, o seu primeiro órgano de goberno, que ao día seguinte dispuxo un mando bicéfalo: Franco dirixiría o exército do sur e Emilio Mola o do norte. Ese mesmo mes fundouse o PSUC e tiveron lugar distintas accións de guerra como o asedio do Alcázar de Toledo, defendido polo xeneral José Moscardó, a morte de Onésimo Redondo na fronte de Labajos (Segovia) e a saída de milicianos desde Barcelona para a fronte de Aragón.
  Tamén ese mes de xullo as Potencias do Eixo deciden intervir apoiando a Franco (chegou o primeiro escuadrón de avións italianos enviados por Benito Mussolini), mentres que as democracias europeas, asustadas polo auxe do movemento obreiro radical, non farían o mesmo coa República.
 
  O final do verán foi tráxico. En agosto foron asasinados Blas Infante «pai da patria andaluza» e o poeta granadino Federico García Lorca. O día 14 a Lexión, ao mando de Juan Yagüe, ocupou Badajoz que padecería unha cruel represión.
  Setembro viu un novo goberno, o de Francisco Largo Caballero (o PSOE por fin collendo responsabilidades). Pero a guerra seguiu favorecendo aos sublevados que entraron en Irún, pechando á República o acceso a Francia polo oeste. Queipo de Llano conquistou Granja de Torrehermosa e as tropas da 5.ª bandeira da Lexión Española, ao mando do xeneral José Varela, levantaron o asedio ao Alcázar. O mes acabou con Franco sendo nomeado xefe de Estado e «generalísimo» dos exércitos do bando sublevado. En outubro constituíuse en Guernica o primeiro Goberno Provisional do País Vasco e nomeouse ao seu primeiro lendakari, José Antonio Aguirre.
  Novembro comezou mal para a República coa caída de Leganés. 4 días despois o Goberno trasladouse a Valencia, quedando Madrid ao mando do xeneral Miaja. Ese mesmo mes morreu en estrañas circunstancias o carismático anarquista Buenaventura Durruti e foi fusilado na prisión de Alacant José Antonio Primo de Rivera. Tamén tivo lugar a matanza de Paracuellos del Jarama, onde pereceu o dramaturgo Pedro Muñoz Seca. Decembro viu o desembarco en Cádiz do primeiro continxente de 3000 "camisas negras" italianos e o bombardeo de Santander pola aviación franquista, producindo uns 70 mortos e 50 feridos entre a poboación civil. Como réplica, 156 presos do barco-prisión Alfonso Pérez foron executados ese mesmo día.