lunes, 6 de enero de 2020

A familia Barreiro (Casal)

  Dúas grandes familias campesiñas da parroquia de Ordes, os Barreiros e os Martís, teñen o seu asento na aldea do Casal. O patriarca dos Barreiros foi no século XIX José Barreiro Carballido que casou con María Recouso Calvo. Deste matrimonio naceron 10 fillos: José, Manuel, Ricardo, Antonio, Juan, Jesús, Andrea, Antonia, Juana e Concepción Barreiro Recouso.

  Relacionados con eles estaban os Barreiros de Campomaior -a zona do colexio- que no século XIX emparentaron cos Mosqueiras de Vilaverde polo casamento de Francisco Mosquera (1837-1919) e María Barreiro (1844-1918), filla de Félix Barreiro e de María del Río. Francisco e María tiveron 8 fillos: Manuel (que sería o patriarca dos Mosqueiras), Antonio, Dolores, Ángela (matriarca dos Villaverde do Piñeiro), Generosa, Cándido (párroco de Abellá), María Josefa e Manuela (que casou con Fernando Liste Caramelo, o pai de Fernanducho).

  José Barreiro Recouso (1888-1963), o fillo maior e por tanto o herdeiro -que chegou a ser concelleiro-, casou con Generosa (1885-1977), a quinta irmá dos Mosquera Barreiro. Con ela tivo 5 fillos: María e Manuela (ambas as dúas solteiras polo que viviron ata a súa morte na casa familiar), Jesusa (que casou co fillo maior dos Ferreiros do Casal), José (o herdeiro da casa) e Juan (que casou con Adolfina Moar do Alto e alí se estableceu).

  Os irmáns de José emigraron, agás Juan (1896-1958) que tamén quedou no Casal, non moi lonxe da casa familiar, e que casou con Jesusa Prego Becerra (1907-1985). Froito deste matrimonio foron 7 fillos: Estrella, José, Jesús, María, Manuel, Valentín e Jaime Barreiro Prego.
  O seu tío político Fernanducho empregou a tres deles, dous na maquía (José e Manuel) e un coas súas terras e gando (Jesús). Eran tan traballadores que os comparaba cos camións "Barreiros" (moi populares pola súa fiabilidade na España de Posguerra) e cando alguén presumía de camión el contestaba: "Pois eu teño tres Barreiros".
  O máis coñecido na vila foi José Barreiro da Maquía (1928-2004) que casou con Josefa Veiras Mosquera dos Chuzos de Pardiñas.


  Manuel marchou e rematou instalándose na Sionlla. De Ricardo sabemos que emigrou á Arxentina coa súa muller Carmen Ferreiro Recouso (dos Faberos) pero alí separáronse e ela tivo que volver con dous fillos pequenos: Ricardo Barreiro o Pavero e Maruja -que morreu moi nova-.
  Antonio casou con Dolores Gómez Salgueiro, que viñera da Arxentina, e morreron novos. Os tres fillos que lle sobreviviron -Antonio (m.2000), Dolores (m.2020) e Carmen Barreiro Gómez- pasaron pola inclusa e remataron emigrando á Coruña. Dolores viviu en Vilarrodís (Arteixo).
  Jesús, o irmán varón máis novo, casou para Cestaños e tivo 3 fillos (José, Balbino e Ángel Barreiro García o taxista) e unha filla, María Barreiro García (1933-2015), máis coñecida como María das Camelias pola florería que tiña no Recreo.
   Antonia casou con José Remuiñán Liste. Tiveron 7 fillos, entre eles José, máis coñecido como Ricardito, que foi guerrilleiro antifranquista, feito que motivou o desterro de toda a familia a Castela desde 1948 ata principios dos anos 50.
  Dúas das irmás, Juana e Concha Barreiro Recouso casaron con dous irmáns dos Fernández das Casillas, Jacinto e Evaristo Fernández Recouso. Entre os 5 fillos de Jacinto, celador de telégrafos, e de Juana está Mª de la Cruz que casou co taxista Manuel Gómez Gende e foi a propietaria da coñecida tenda de zapatos "Calzados Mallorca".

4 comentarios:

  1. Moi bo traballo Juan.
    Moitas gracias por esta publicacion
    A seguir asi
    Un saludo

    ResponderEliminar
  2. Ola.
    O texto ten un par de erros graves nas liñas sucesorias. Por favor, agradeceríase que, de volver a falar sobre algunha familia da vila, acuda a fontes de información veraces e, ademais, corrixa este texto. Por outra banda, compartir información persoal sensible (enderezos) na rede de forma pública adoita ser unha falta de gran gravidade se non se conta coa autorización expresa das persoas mencionadas. Por favor, elimine eses datos ou pida permiso.
    Moitas grazas e un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Ola Juan. É moi loado o traballo que fas, ainda que non vexo acertado os datos que das sobre min e meus pais. Quixera que retirases os seus datos e os meus(nomes, enderezos, traballos...).Un saudo. M.Angeles.

    ResponderEliminar
  4. Boas juan jose, o teu traballo sempre me parece boisimo, e normal que moita xente non lle guste o teu traballo por alguns erros que poidas ter e de enderezos o datos que deas(aínda que todos sabemos onde viven) ti sigue ca túa investigación do noso que é sempre mui interersante. Unha perta e noraboa.

    ResponderEliminar