martes, 29 de enero de 2019

A estatua de Carnota

  A máis antiga e importante escultura de exterior (quitando os cruceiros, claro) do concello de Ordes é a dedicada ao xornalista Vicente Carnota.

 
  Carnota foi o ordense máis destacado a principios do século XX. Tiña ademais grandes amigos entre a intelectualidade da Coruña e de Santiago. Estes amigos, con Narciso Correal Freire de Andrade á cabeza, foron os que decidiron facer unha homenaxe á súa figura.
  En agosto de 1924 crean un "Comité pro Monumento a Carnota" formado por membros da cultura e das artes galegas e persoas destacadas de Ordes coma o mestre Nicolás del Río. O diñeiro conseguiuse mediante un peditorio popular, encabezado polo concello de Ordes que achegou 500 pesetas. En setembro o comité lograra xuntar 4.856,65 pesetas.

  A estatua encargóuselle ao "escultor da raza", un novo (tiña entón 36 anos) pero xa consagrado Francisco Asorey.
  No verán de 1925 o artista xa plasmara en barro o busto de Carnota, logrando un gran parecido (o que naqueles tempos era máis difícil pola escaseza de material gráfico). Posteriormente foi baleirado en bronce e colocado como remate dun esvelto fuste de pedra con alegorías á súa condición de escritor e sacerdote e a inscrición "Al Gran Periodista Vicente Carnota 1855-1920".

  Debido a retrasos na fundición do bronce que se efectuou en Madrid, a estatua foi colocada no suroeste da alameda e descuberta o domingo 8 de novembro de 1925, un día de moi mal tempo que non logrou deslucir a celebración, un dos eventos máis importantes daqueles tempos.
  En 1955, con motivo do centenario do seu nacemento, houbo outra homenaxe, esta xa máis reducida, na que se colocou unha placa con parte dun artigo de Carnota:
  "Llevado de inquietudes tan vivas como inexorables, anduve siempre por el mundo siguiendo, no como las golondrinas sus primaveras, sino como las gaviotas sus días crudos y sus tempestades".
  Esta placa perdeuse e nunca se repuxo.

  A pesar dun intento nos anos 50 de levar a estatua ao adro da igrexa parroquial pola sinxela razón de que representaba a un sacerdote, o monumento estivo sempre na alameda. Lentamente a memoria de Carnota foise perdendo e a estatua pasou a ser máis un estorbo que algo apreciado. Finalmente foi trasladada á zona sur do Parque da Constitución onde Vicente Carnota segue mirando, con expresión entre divertida e retranqueira, o tráfico de coches que van e veñen do Recreo.

viernes, 25 de enero de 2019

1924-25: O Directorio militar

  O bienio 1924-25 é o ecuador dos "tolos anos 20". En 1925 saen ao mercado "The great Gatsby" a novela que mellor retrata eses tempos e, en Europa, "Mein Kampf" o libro que escribiu un encarcerado Hitler despois do fracasado Putsch de Múnic, onde aparecían as ideas que cambiarían o curso da historia.

  En España é a época do Directorio militar (formado por 8 xenerais) que se iniciou en setembro de 1923. Unha das súas primeiras medidas, xa en 1923, foi estender o somatén catalán a toda España. En xaneiro de 1924 suspende a inmunidade parlamentaria e disolve as deputacións provinciais (excepto en Navarra e País Vasco). En abril constitúense os concellos de todo o país segundo o novo estatuto de réxime local e fúndase a Unión Patriótica, o partido do réxime.
   Tamén é un momento de avances: ese mesmo abril constitúese a Compañía Telefónica Nacional, empresa predecesora da actual Telefónica, en novembro comezan as emisións de Radio Barcelona (actual cadea SER) e en febreiro de 1925 as de Radio Ibérica, en marzo créase a Dirección de Abastos e en abril apróbase un decreto para a canalización do Guadalquivir.

  Pero o gran éxito do Directorio militar foi a solución do problema marroquí: Nun primeiro momento Primo de Rivera quería o abandono da zona,con gran disgusto dos militares africanistas, pero a sorte sorriulle cando os rebeldes se enfrontaron tamén a Francia. Isto trouxo como consecuencia a alianza franco-española e fixo posible a operación militar do desembarco de Alhucemas en setembro de 1925 coa que se logrou dividir a zona rifeña en dúas partes e derrotar a Abd-el-Krim, quen se entregaría a Francia en 1926. A vitoria e a posterior ampliación das unidades de voluntarios (Terzo de estranxeiros ou Lexión e Tropas regulares indíxenas) para protexer a zona, eliminando así a chamada a reservistas que tan impopular resultaba, supuxo un enorme éxito para o réxime e, de paso, contentou aos militares africanistas.
  Pouco despois, en decembro, os militares foron subtituídos polo Directorio civil que duraría outros cinco anos.


  Para Ordes non foi unha mala época.
  1924 comeza con Julio Pol Caamaño como alcalde, posto no que será ratificado en abril. Baixo o seu mando celebrouse unha fastosa Festa da Árbore. Cara ao verán foi substituído polo farmacéutico Santiago del Río Seoane que dimitiría en decembro. José Romero Faya (avó dos de Julián) foi nomeado recadador de impostos municipais. Ah! e nese ano tamén foi contratado como porteiro da Casa do Concello cando se licenciou do Servizo militar Juan Caramelo Varela (1900-1965).
  Concluíron as obras do cemiterio coa construción da capela e as do adoquinado da Rúa Alfonso Senra, pero houbo outra obra importante: a construción dunha nova rúa (a cuarta) que por mor daquel momento político foi denominada "Calle Directorio" -Hoxe Rúa Rosalía de Castro- pero que estaría uns 30 anos con apenas un par de casas.
  Unha das cousas que cambian co novo réxime é o transporte. A multitude de empresas prestando o mesmo servizo remata en xullo de 1924 cun decreto que regulariza o sector. Desde este momento os "castromiles" serán os reis da estrada entre A Coruña e Santiago.
  O Somatén comeza a súa andadura con notable impulso, sendo Julio Pol o cabo do distrito. En setembro de 1924 hai 353 homes inscritos nos 8 concellos do partido xudicial (o 4º máis numeroso da provincia detrás do da Coruña, Carballo e Ferrol e por diante do de Santiago) e ese número aumenta ata os 419 en xaneiro de 1925 (o seu punto máis alto, só por detrás do da Coruña que con moita máis poboación tiña 525 somatenistas). Logo iría descendendo a afiliación pouco a pouco. Tamén se fai notar o novo réxime na aparición da Unión Popular que da un concorrido mitin en outubro.
  Nas novas de sociedade destacan as visitas que realizan o arcebispo de Santiago Lago González en maio e ... o mesmo Primo de Rivera! en xullo. 
  Hai tres vodas de postín: Juan Calvo Pérez (da familia propietaria da hoxe maior ferraxería de Ordes) casou en Cerceda con Gumersinda Carnota, e o oficial do concello Ramón Abeijón (pai de Kilé) con Aurora Amado, ambos os dous de familias de orixe noiesa. Tamén Andrés Corbelle Piñeiro pasou pola vigairía con Manuela Calvo Boquete. Doutra banda morreron Emilio Sánchez Somoza, Emilia Bao, o panadeiro nacido en Herves Juan Eirín Barros, o médico de Oroso Manuel Iglesias Rapela. e Domingo Viqueira o Compoñedor da Tiopeira.


  En 1925 o alcalde será Manuel García Rivas, un procurador de tribunais santiagués, irmán de Ricardo García (o pai de Domingo García Sabell) e casado o ano anterior con Encarnación Castro Iglesias (da importante familia Castro de Oroso). García Rivas, que vivía na antiga casa de Saturnino Aller -hoxe o "Nogallás"- sería alcalde ata 1930 e estableceríase en Santiago despois da guerra.
  O evento máis destacado do ano foi a gran homenaxe a Vicente Carnota, o xornalista ordense que falecera en 1920. Para o Mesón do Vento tamén foi un bo ano pois foi suprimido polo alcalde o imposto do trabuco á feira da Adina.
  En Mercurín era mestra Carmen García Caramelo e párroco don José Pena Cortizo, que ese ano pedía unha escola para Lesta (parroquia anexa).
  Ese 1925 as vodas máis fachendosas foron as do secretario de xulgado Antonio del Río Castro con Milagros Sánchez Somoza, a de Alfonso García Iglesias con Obdulia Abeijón e a de Áurea Gª del Río cun farmacéutico de Tarragona. Por certo que o pai desta última, o notario asturiano José García Álvarez, morreu un par de meses despois ao volcar o seu coche cando volvía de Cestaños. Tamén faleceu Dolores del Río Caramelo, muller do industrial Laureano Iglesias García e nai do futuro funcionario municipal Laureano Iglesias del Río (1920-2004). Así mesmo morreron de tuberculose con 6 meses de diferencia as irmás Amalia e Dolores Louro Parada, fillas do infortunado secretario municipal Antonio Louro, que aínda perdería ese ano a un terceiro fillo, chamado Juan e mariño de profesión. En Ardemil faleceu Pedro Louro Rey aos 64 anos de idade.

viernes, 18 de enero de 2019

Carta desde Anxeriz

  Anxeriz é a parroquia máis occidental de Tordoia e da comarca de Ordes, polo que os seus habitantes están lonxe das capitais municipal e comarcal e sempre se moveron e sentiron máis na órbita de Carballo. A principios de século, coa chegada da ditadura de Primo de Rivera, viron a ocasión de oficializar esta relación, como podemos ver nesta carta con 75 sinaturas que publicou o xornal El Compostelano o 29 de outubro de 1923.

  El párroco y feligreses de Angeriz han elevado al Excelentísimo señor Gobernador militar y civil de la provincia, para que esta autoridad la curse al Directorio, la siguiente adhesión y súplica:
  Los que suscribimos, todos mayores de edad, vecinos de la parroquia de Santa Marina de Angeriz, distrito municipal de Tordoya: Admirados por la noble, patriótica y generosa actuación del Directorio Militar, que tan dignamente preside el Excelentísimo Señor Don Miguel Primo de Rivera para la regeneración de nuestra amada patria, mil veces traicionada por políticos y caciques egoístas y sin corazón, elevamos a V.E. nuestra más entusiasta y decidida adhesión a fin de que se digne trasmitirla a la superioridad.
  A la vez creemos fundadamente haber llegado el tiempo oportuno, ya que amaneció la aurora de justicia y redención, de solicitar que esta parroquia de Santa Marina de Angeriz, sea cuanto antes agregada al partido y Municipio de Carballo, de cuya villa distamos solamente diez kilómetros y a la cual acudimos diariamente, por ser la más próxima, en busca de médicos, medicinas, ataúdes y todos los artículos de primera necesidad, deseando por consiguiente ser desmembrados del Partido de Órdenes, del cual distamos veinticinco kilómetros, así como también del Municipio de Tordoya, de cuya casa consistorial, sita en Santa Eulalia de Gorgullos, distamos quince kilómetros, teniendo que duplicar ambas distancias con el viaje de regreso por caminos pésimos y solitarios y no pudiendo llegar a nuestros hogares en el mismo día, principalmente durante el largo invierno, por encontrar interceptado el paso con la crecida de los múltiples ríos.
  También esperamos de la justicia que caracteriza al Directorio, la pronta terminación de la carretera que ha de unir la villa de Carballo con la ciudad de Compostela, única vía de comunicación en las parroquias de Portomouro, Vilariño, Buján, Niveiro, Rial, Bembibre, Herviñou, Arabejo, Angeriz, Entrecruces, Rus y Ardaña; dicha carretera pasa ya de veinticuatro años que fue comenzada y a pesar de faltar tan solo once kilómetros, nunca es terminada por intereses creados de algún cacicuelo y porque nunca sobra dinero al organismo inútil que se llama Diputación Provincial de la Coruña.
  ¿No parece razonable, Excelentísmo Señor, que se nos conceda esta mejora, tan deseada, a los sufridos labradores de esta región abandonada, cuando en África, tierra ingrata empapada con la sangre de nuestros hermanos, hay carreteras en todas direcciones? ¿Hemos de ser los habitantes de este yermo de peor condición que los hijos de la Media Luna?
  De la acreditada justicia de V.E. esperamos ver cumplidos nuestros vehementes anhelos, y entonces sabremos levantar agradecidos nuestros contristados corazones y desplegaremos nuestros labios para bendecir la hora en que Dios inspiró a nuestro magnífico Monarca Su Majestad Don Alfonso XIII, para encomendar la regeneración y engrandecimiento de nuestra Amada Patria al heroico Directorio Militar.
  Dios guarde a V.E. muchos años.
Angeriz 25 de Octubre de 1923 (Siguen las firmas hasta el número de 75). LA COMISIÓN. 

    Como ben sabemos os habitantes de Anxeriz nunca acadaron ese desexo de separarse de Tordoia. Non obstante, hoxe teñen a pequena compensación de que a estrada a Carballo axudoulles a ser a parroquia máis dinámica do concello.

martes, 15 de enero de 2019

Aves rapaces


  Tanto por tamaño (ata 56 cm de longo e 130 de envergadura) como por abundancia, o indiscutible rei dos ceos da comarca é o miñato, facilmente visible moitas veces en cables ou postes da luz axexando pacientemente ás súas presas. Calcúlase que un miñato pode cazar ao ano ata 6.000 micromamíferos, o que o converte nun gran benefactor dos agricultores. Quizais de aí veña o refrán:
Non quero vida nin tratos / con xente espanta miñatos.

  Hai dúas especies do xénero Accipiter na comarca, o azor e o gabián. Ambas as dúas son moi parecidas (lombo de cor gris, peito branco con gran cantidade de pequenas manchas horizontais negras e as patas moi amarelas). Tamén comparten a preferencia por pequenas aves como presas, pero o azor é considerablemente máis grande -uns 20 cm máis longo- o que lle permite atacar a pegas marzas, pombos e mesmo lebres. Por certo que nas dúas especies a femia e algo maior có macho (a do azor pode chegar a ter 58 cm de longo e unha envergadura de 120, mentres o macho queda en 48 e apenas 100).

  O único representante do xénero Circus (en galego coñecidos como rapiñas ou tartarañas e en castelán como aguiluchos), é o máis pequeno -entre 40-46 cm e ata 110 cm de envergadura- e elegante de todos, a tartaraña cincenta, así chamada pola súa cor gris.
  Finalmente o xénero Falco conta con dúas especies de tamaño moi similar -uns 35 cm de longo-, o lagarteiro cuns 75 cm de envergadura e o falcón pequeno que chega aos 80. O primeiro é de cor marrón clara e aliméntase de presas do chan (ratos, toupas, lagartos ...), mentres o segundo, moito máis escuro, ataca a maior variedade de presas e mesmo a morcegos entre lusco e fusco.

(Accipiter gentilis)
azor
(Accipiter nisus)
gavilán
(Buteo buteo)
busardo ratonero
(Circus pygargus)
aguilucho cenizo
(Falco tinnunculus)
cernícalo
(Falco subbuteo)
alcotán europeo

  Na comarca de Ordes hai cinco especies de rapaces nocturnas, pois falta a maior de todas, o bufo (Bubo bubo) cos seus 70 cm de altura. A máis facilmente observable pola súa proximidade ao home é a curuxa que se distingue fortemente das outras especies pola súa cor dourada e branca. O bufo pequeno e o moucho de orellas comparten a característica de ter dous penachos faciais con aspecto de "orellas". O moucho, ave antes tan abundante que en Portugal chámanlle mocho-galego, é o máis pequeno de todos cos seus 22 cm, mentres que a avelaiona é o maior cos seus 40 cm. 
  Todos eles arrastraban unha pésima reputación pois eran consideradas aves de mal agoiro, que ata podían predicir mortes na veciñanza, e por iso temidas e odiadas. Por suposto, nada é certo e, moi ao contrario, son grandemente beneficiosas.

(Asio otus)
búho chico
(Athene noctua)
mochuelo
(Otus scops)
autillo
(Strix aluco)
cárabo
(Tyto alba)
lechuza

viernes, 11 de enero de 2019

A familia Castro (Recreo)

  Unha das familias do Recreo "de toda a vida" son os Castro, coñecidísimos porque a maioría estiveron relacionados coa mecánica, aínda que tiñan máis habilidades como o demostra o artístico adorno do panteón familiar creado por eles mesmos.


  Os Castro Castro (por partida dobre) foron varios irmáns, fillos do ferreiro Juan Castro, nacidos a finais do século XIX entre os que estaban Jesús (alcumado o Padre Benito), casado cunha moza da famila Faya -da Fábrica- e que foi mecánico dos autobuses "El Noroeste" e exitoso empresario de automoción en Santiago, José (Pachiro), zapateiro que viviu no Paraíso, Juanito, que emigrou a Oviedo, María (m.1965) que casou cun López polo que os seu fillos eran coñecidos como os da Lopas, e Carmen.
  Deles o que nos interesa agora é Manuel Castro Castro (m.1946) o Ferreiro, así que os seus fillos en vez de ser chamados Castro eran todos coñecidos como os do Ferreiro. Do seu matrimonio con María del Río Caramelo (m.1942) naceron 8 fillos: Manuel, Juan, María, José, Pedro, Antonio, Dolores e Jesús Castro del Río.

Manuel Manolucho do Ferreiro (m.1954) posuía un taller mecánico e unha casa contigua no Recreo. Do seu matrimonio con Jovita Suárez Rivas (1903-1996) tivo tres fillos. O maior, Manuel Suaricos (1924-1983), continuou no taller familiar, mentres o menor, Fernando, montou o "Gran Taller" na estrada que vai a Parada. 
Juan (1904-1982) emigrou a Uruguay pero volveu de visita algunha vez e cumpriu co tópico traendo un gran cochazo (aqueles que entón eran chamados "haigas").

María (1907-1987) casou con Manuel Calvo e non tiveron fillos, así que as súas propiedades, que incluían unha gran leira ao longo da Rúa Casabella (onde hoxe está a tenda de "Reyca" e outros edificios) pasaron á familia Calvo.

José (m.1972) casou con Dolores Ferreiro del Río (m.1979) -da familia dos Xanferreiros- coa que tivo 6 fillos. Instalou unha fábrica de "boliches" (gasosa) no sótano do que agora é o local da Caixa de Aforros de Alfonso Senra. Repartían os boliches Estrella e Evaristo de Xan Ferreiro, dous irmáns da súa muller. Ademais aproveitaba a camioneta para repartir calquera outro material -como pedra para construción-.
Pedro (1911-1995) tivo un taller ao lado do salón (o que hoxe é a rúa a carón do "Bar Saloon") onde aprenderon o oficio moitos mozos da vila como Florindo do Churrero, Juan do Porteiro ou Laureano de Ramas. Casou dúas veces: primeiro con Emilia, unha filla do poderoso construtor de obras públicas Pedro Pardo Fandiño, que morreu moi nova en 1938, e logo con Amelia Álvarez (1910-1995). Viviu en A. Senra 2. A filla que tivo con Emilia, Mª Josefa Castro Pardo, estudou e emigrou a Estados Unidos. Morreu en Orlando (Florida) en xuño de 2021.
Antonio Antón do Ferreiro (1912-1998) viviu na Rúa da Igrexa 9, enriba do seu taller mecánico. Logo, no mesmo lugar abriu o "Bar Sementes do Arte" -o nome foi suxerencia da súa filla Milagros que bailaba nese grupo- pero traspasouno ao pouco tempo. Do seu matrimonio con Maruja da Mandaya (1916-1998) tivo dous fillos cos mesmos apelidos que el, Manuel Antonio, o propietario de "Aluminios El Paraiso" e Milagros Castro del Río.

Dolores (1914-1986) casou con Manuel Villaronga con quen viviu en Alfonso Senra 51. O seu único fillo, Manuel Villaronga Castro, tivo nos anos 70-80 un concesionario de Renault en Alfonso Senra 22 e casou con Dolores Rivas, da coñecida familia dos Casabella (ver cadro ao final).

Jesús (1916-1950) que tamén era mecánico e que morreu moi novo aos 34 anos, casou con Carmen Ferreiro dos Ramechos con quen tivo 4 fillos: Mª Carmen, José Manuel Malelo, Jesús (1946-1985), máis coñecido como Codechas, que morreu aos 39 anos nun accidente laboral en León. e Lourditas que morreu sendo nena.

jueves, 10 de enero de 2019

Festas en 1923

  Como non podía ser menos, Ordes gozou (ou padeceu) de numerosas festas no ano 1923 ademais das patronais e das do Recreo.

  En xaneiro celebrouse a de San Xian de Poulo con misa solemne, procesión e baile campestre. O cura don José Mª Barreiro García aproveitou para ensinar aos visitantes as obras que estaba facendo na reitoral.
  O Entroido tivo como era costume animación nas rúas e un baile de alta sociedade no Salón onde destacaron as habituais mozas de sempre: Pilar Astray, Carmen del Río Barros, Teresa e Sara García, Milagros Troche, Rosita Trasmonte, Pilar Romero, Clotilde Stolle, Amalia Louro, Maruja, Antonia e Concha Amigo, Asunción Concheiro, Maruja e Pepita Amor, Ángeles e Maruja Rapela, Isabel e Sara del Río, Carmen Mariño ...

  En marzo a procesión do Venres Santo presidida polo alcalde Manuel García Bermúdez acolleu moita xente. Conducía o Santo Calvario o banqueiro e empresario Juan Liñares acompañado do fiscal Ramón Astray Mato e o secretario xudicial José Sánchez Somoza. Non faltaba por suposto a Garda Civil ao mando do comandante do posto Donato Revilla. Houbo iluminación en moitas das casas do percorrido, destacando a do farmacéutico Manuel Alvarez Valdés que contou xa con bombillas de luz eléctrica.

  En maio tivo lugar a festividade que as Fillas de Ma­ría dedicaban á Virxe. Predicou o Padre Cuadrado. Na misa cantou o coro (composto por Encarnación Barrasa Gutiérrez -irmá do notario de Frades-, Rita Castro Bao, Carmen Barreiro, Sara Rivas, María Amor, Aurora Castro, Pilar Romero, Leonor Franqueira, Rosi­ta Trasmonte Platas e Amalia Louro) dirixido polo sacerdote de Marzoa, D. Manuel Linares, que tocaba tamén o armonium. Pola tarde hou­bo o ofrecemento á Virxe da flor de pureza polas "anxelicais" nenas Lolita del Río Barros (que recitou un poema), Juanita Louro, Jesu­sa Amado, Clotilde Viqueira e Pilar Linares, que foran prepara­das por Carmen del Río Barros (filla do mestre don Nicolás). Logo da entrega da vela, houbo o sermón do párroco don Nemesio Morgade e unha despedida final de Encarnación Barrasa.

  En xullo celebrouse a festividade do Sagrado Corazón de Xesús e predicou na igrexa o franciscano padre Nilo. Cantou o coro (composto nesta ocasión por Julia e Carmen Pol, Carmen del Río, Carmen Barreiro, Sara Rivas, Maruja, Pepita e Maura Amor, Rita e Aurora Castro, Pilar Romero e Rosita Trasmonte Platas). Pola tarde houbo a procesión, conducindo o estandarte o notario José García Álvarez acompañado de Joaquín Varela Tojo e o mestre Nicolás del Río Castelo.
  En Santa Cruz de Montaos, a festividade do Carme foi custeada por Manuel Bao (que tiña unha "tablajería" -carnicería- en Ordes). Non reparou en gastos e trouxo a reputada Banda de Arca ademais de moitos fogos artificiais.
  En Parada a festa do Carme foi inaugurada polo propietario da Casa Grande Balbino del Valle González* que ademais custeara a imaxe da Virxe, construída no obradoiro do escultor santiagués José Rivas Rodríguez. A omnipresente Banda de Arca foi a que puxo música ao evento.

  En setembro, ademais das festas do Recreo, tiveron lugar dúas festas en Poulo. A primeira na que tocou a banda de Abellá foi custeada polo veciño da Calle Domingo Figueira que levou o estandarte na procesión, acompañado dos nenos Laureano e Ricardo Varela e da súa pequena irmá Conchita portando nunha bandexa flores diante da Virxe. Tamén houbo un festín na casa do rico propietario Laureano Varela Ferreiro (a muller deste, María Felisa Uzal, era a camareira da Virxe). O acomodado labrador de Lavandeira de Abaixo Pedro Gómez Soneira quedou encargado da festa do seguinte ano.
  A festa do día 24 foi custeada polo veciño de Santiago Ramón Suárez e trouxo para a ocasión a Banda de Arca.
  E en outubro houbo un novenario de misas en honra da Virxe de Lourdes custeado polo propietario do Pazo do Peñasco e avogado de Santiago Joaquín Varela Tojo.
 
* Balbino del Valle González (m.1958) de Carraltravesa, parroquia de Sabadelle (Chantada), casou en 1914 con Carmen Vázquez Mariño coa que tivo 11 fillos, un deles, José del Valle Vázquez, foi alcalde de Santiago, procurador en Cortes e gobernador civil de Lugo. Balbino del Valle tiña 9 lugares con caseiros en Parada. A Casa Grande foi herdada polo seu fillo Francisco e hoxe é propiedade da súa viúva que a visita coas dúas fillas do matrimonio. Nese ano 1923 Balbino tamén cedeu gratis os terreos para a construción da estrada con destino a Trazo. Igualmente a Escola de Parada (inaugurada no ano 1959) construíuse en terreos cedidos por el.

sábado, 5 de enero de 2019

Pedro Vellón

  Mergullado na Internet, buscando en antigos libros, descubrín un ignoto (polo menos para min) personaxe ordense, anterior a Isabel Zendal. Trátase de Pedro Vellón (1541-1601), un ilustre xesuíta do século XVI, do Colexio de Alcalá de Henares.
  Velaquí unha peculiar biografía súa escrita polo tamén xesuíta Juan Antonio de Oviedo nun libro de título sumamente longo e que abreviarei como "Elogios". Manteño o idioma e a ortografía daquela época.

ELOGIO DEL HERMANO Pedro Vellon
  Fue el hermano Pedro Vellon natural de Santa Maria de las ordenes, lugar de la Diocesi de Santiago. Entró en la Compañia en el Colegio de Alcalà el dia veinte, y tres de Noviembre de 1567, siendo de veinte, y seis años de edad. En ella exercitó el oficio de cantero, que en el siglo avia aprendido, en todas las partes de la Provincia endonde avia obra. Desde los principios le diò el Señor un grande don de oración, y trato con su divina Magestad, y un continuo teson de mortificarse con rigorosas penitencias. Contento con la comida de medio dia jamàs cenaba. Su sueño era poco, y esse en el suelo con una piedra por cabezera, y dormia con una soga ceñido el cuerpo, y por algún tiempo durmió en uno como cajon, o ataud para tener presente la memoria de su muerte. Quando vivió en el Villarejo, su aposento era tan estrecho, que apenas cabia en èl una Persona, porque era un hueco en la pared expuesto à todas las inclemencias del Cielo. Cada dia tomaba tres disciplinas con tanto rigor como si los golpes dieran en una piedra. Antes de oír Missa, y de ir à su trabajo ordinario tenia tres horas de oracion. La primera gastaba en alabanzas divinas, combidando à todas las criaturas, à que con èl le alabassen. La segunda empleaba en pedir à Dios por todas las necessidades de la Iglesia, de sus Proximos, y suyas. La tercera dedicaba à la meditación de la vida, Passion, y Muerte de Nuestro Redentor, A la noche antes de recogerse à dormir tenia otras dos, ò tres horas de oracion. Los dias de fiesta, en que descansaba del trabajo, los empleaba en oìr Missas quantas podia, y en oracion, y esto siempre de rodilla, y por esta causa se le hicieron en ellas dos callos tan grandes, y duros como dos medias bolas, desuerte que en essos dias de fiesta gastaba de ordinario doze horas en oracion.
  Con estos exercicios consiguió una grande victoria de sus passiones, y unas virtudes tan solidas, que no avia quien notara en su porte de vida alguna falta, siempre andaba alegre, y con una boca de risa, sirviendo en quanto podia à todos. Queriendo Dios premiar à este su Siervo, un Lunes por la mañana, estando en oracion, se quedo muerto derepente. Y sirvio à todos los del Colegio de gran consuelo, porque aunque fue repentina su muerte no fue desprevenida, pues tofa su vida avia sido una continua preparacion para la muerte, y el dia antes se avia confessado, y comulgado. Sumuerte fue el dia trece de Septiembre de 1601, teniendo sesenta años de edad, y treinta, y quatro de Compañia. La piedra, que le servia de almohada para dormir se guardo como reliquia de un varon tan Santo, y se reparó, que en ella estaba como cabado el lugar, endonde ponia la cabeza. Escribió su vida el Padre Nieremberg en el tercer tomo de los Varones ilustres de la Compañia, y brevissimamente el Padre Nadasi en su Annus Dierum memorabilium Societatis Jesu.

  Esta biografía é tomada dun libro anterior do tamén xesuíta Juan Eusebio Nieremberg de 1645. Este último nomea o lugar de orixe como Santa Maria de Ordenes (non "de las ordenes"). Tamén hai diferencias nalgunhas frases: "Tenia el oficio de cantero, el qual exercitó en la Compañia hasta la muerte, en diversas partes donde avia obra".

miércoles, 2 de enero de 2019

O temporal de 1989

   A década dos 80 foi especialmente dura no ámbito meteorolóxico. Ademais do mítico Hortensia en 1984, houbo dúas nevadas moi intensas (en xaneiro de 1983 e de 1987) e dous grandes temporais de choiva, o máis forte en 1987 e outro algo máis débil (pero que afectou de xeito especial á comarca de Ordes) en 1989.

 
  Decembro de 1989 estaba a ser un mes chuvioso pero nada fóra do común. Non obstante iso cambiaría o mércores día 20 despois de moitas horas continuadas de intensas precipitacións.
  No resto de Galicia as consecuencias do temporal non chegaron aos niveis de dous anos atrás, pero en cambio na comarca santiaguesa a situación foi peor.

  O lugar máis afectado foi a vila de Noia, especialmente os barrios de San Bernardo e Pedra Chan que tiveron que ser evacuados ao desbordarse o río Traba. Equipos de voluntarios, policía municipal e Protección Civil, co alcalde Pastor Alonso á fronte, evacuaron das casas illadas pola auga a persoas de avanzada idade e nenos empregando lanchas de salvamento «zodiac», escaleiras, cordas e outros utensilios, cando a riada baixaba a gran velocidade. Tamén o helicóptero do Servizo Aéreo de Rescate tivo que intervir para trasladar a un hospital de Santiago a unha muller que tivera un parto prematuro.

  Na comarca de Santiago o desbordamento dos ríos Tambre e Ulla obrigou á evacuación de decenas de veciños de Brión, Val do Dubra, Tordoia e da localidade de Pontemaceira, entre os concellos de Ames e Negreira onde uns 50 veciños tiveron que marchar das súas casas totalmente asolagadas. En Santa Comba a auga desbordou varias pontes, pero non foi necesario proceder a ningunha evacuación e a situación permaneceu controlada. Cortes de luz, auga e de estradas comarcais e locais deixaron incomunicados varios lugares da comarca -sobre todo os que enlazaban con Padrón e a zona de Negreira-. As localidades máis próximas aos encoros mantivéronse alerta por posibles avalanchas de auga. O encoro de Barrié da Maza, no Tambre, verteu controladamente 700 metros cúbicos por segundo, mentres que o de Portodemouros deixou de producir para facer de parapeto á auga do Ulla e evitar así unha maior riada cara a Padrón.

  En Santiago desbordáronse todos os ríos que cruzan a cidade. Houbo inundacións en varias casas e baixos comerciais, así como en dependencias de Renfe, de Telefónica e da Compañía de augas, o que provocou deficiencias nos seus servizos. Renfe, tivo que suspender ese día o tráfico cara á Coruña por mor de desprendementos na rede, acusando tamén a incidencia do temporal as liñas con Vigo e Ourense. As deficiencias no servizo de augas, coa inundación da depuradora e a falta de enerxía eléctrica, impediu o funcionamento dos sistemas de bombeo polo que houbo restriccións no servizo ata a fin de semana. Tamén a subministración eléctrica sufriu cortes pola caída de árbores sobre as liñas. Houbo unha grave avaría na subestación de San Caetano, o que deixou sen luz durante preto dunha hora ao cincuenta por cento de Santiago. Os teléfonos tamén funcionaron mal, así como o aeroporto no que dous avións non puideron aterrar aínda que se mantivo operativo a maior parte do tempo.


A COMARCA DE ORDES
  O concello de Ordes foi un dos que sufriu con maior dureza os efectos do temporal. O mercado daquel mércores tivo que ser suspendido ao vérse asolagadas as naves e os seus arredores como consecuencia do desbordamento do río Mirón (como se lle chamaba naqueles tempos na prensa). As augas mesmo penetraron no centro de saúde (o actual Museo do Traxe) onde alcanzaron unha altura superior ao medio metro, e en varias casas máis da vila, que ademais sufriu un corte na subministración eléctrica. No matadoiro a auga subiu por encima do metro e medio de altura, e algúns porcos afogaron.
  En Parada as vías do tren quedaron baixo a auga do Lengüelle.
 A forza das riadas atacou con enorme ímpeto varias pontes que non só se viron desbordadas senón que quedaron destruídas. Foron as da Ponte Quinín, na estrada de Ordes a Parada, a da beira da estación, a de Barbeiros e a de San Paio de Buscás.

  Na parroquia de Buscás precisamente aconteceu a anécdota da xornada pois acudiu unha dotación do corpo de bombeiros coa intención de evacuar a unha familia, pero esta opúxose e decidiu permanecer no seu fogar sen atender a ningún tipo de razóns.

  Tordoia foi o outro concello máis afectado. As estradas provinciais e vías municipais quedaron cortadas e trece familias tiveron que ser evacuadas. A auga alcanzou alturas de dous metros! nos lugares de Cabaleiros e Pontepedra e varias reses pereceron afogadas. Os veciños lograron minimizar os danos organizándose en cuadrillas de traballo para achicar a auga valéndose de tractores e cisternas.

  Deste xeito, pasado por auga, despedimos o ano 1989.