Estudo realizado por Xorxe de Xan Ferreiro (JLP) coa colaboración de
membros da familia, especialmente Antonio Ferreiro Recouso (Tonecho do
barbeiro).
A orixe da familia Ferreiro en Ordes é moi
antiga. Remóntase aos albores do século XIX e comeza nunha casa, que aínda
existe, na parte de atrás de Moda Xovén A Ferreiro, na Rúa da Igrexa. Alí
vivía o matrimonio formado por Antonio
de Noya (nacido na Espenica) e Inés
Fernández, nacida nesa casa (o 10 de xuño de 1794). O primeiro Ferreiro que se instalou alí foi Pascual Ferreiro
Gómez, fillo de Jacobo Ferreiro e María Gómez (ambos os dous naturais
de Poulo), quen casou con Josefa
Joaquina de Noya Fernández, filla de Antonio e Inés.
O matrimonio tivo 8 fillos: Ventura, Vicenta
Antonia, Francisco, Francisca Antonia, Buenaventura, Juán, José María e
Fernando Ferreiro de Noya.
O que permaneceu na casa paterna foi Juan Ferreiro de Noya Xan Ferreiro
(1828-1885) que casou con Jacoba Pérez
Soneira (1835-1913). Son a orixe da maioría dos ferreiros da vila (os da
zona norte descenden do seu irmán José).

Este matrimonio tivo 11 fillos: José, Mª Josefa, Elvira, Secundino, Augusto,
Jesús, Evaristo, Estrella, Dolores, Antonio e Manuel Ferreiro del Río (os
xanferreiros do século XX).
Deles, Antonio seguiu a carreira militar en
Zaragoza e Augusto e Evaristo establecéronse na Coruña. O resto permaneceu en
Ordes ou na comarca (José foi garda civil en Sigüeiro). Casaron con coñecidas
familias como os Conde, Carballido, Castro ...
O membro máis destacado da familia foi Ramón Ferreiro Regos Ramón o practicante
(1923-2006), un dos Fillos Predilectos
de Ordes.
Tamén Manuel Lois García, o soldado Lois, compartía estirpe pois era de
dominio público que o seu pai era Pepe de Dominga, a 3ª filla de Xan Ferreiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario