Unha das máis antigas e coñecidas familias de
Buscás foron os Rivas, especialmente un dos seu integrantes, Domigo Mingos Rivas o
Compoñedor da Tiopeira.
O patriarca desta familia foi Juan Rivas Vieites
(n.sobre 1868), fillo de Daniel Rivas Manteiga e de María Vieites Esmorís, que
tiveron outro fillo emigrado a Cuba e, polo menos, un par de fillas máis. Juan
casou con María
Viqueira Martínez (n.sobre 1870).
María era filla do orixinal Compoñedor da Tiopeira, Domingo Viqueira Manteiga
(1858-1924), fillo de Lorenzo Viqueira Ventureira e de Manuela Manteiga Rey. Mingos morrería o 13 de decembro de 1924 aos 66 anos de idade.
Esta é a descrición que del nos da Manuel
de Estevo: "O señor Viqueira era
rufo e pequeneiro. Falaba algo o castelán, mesturado co galego. Vestía
calzón de pana lisa, polainas, levita con botóns ata a gorxa, chaleco, reloxo
de tapas con cadea, boina e bastón de caoba con empuñadura de prata. O señor Viqueira viñera das Mariñas para a Tiopeira.
Casara coa filla do labrador da casa grande, casa que tiña un hórreo con
celeiro na eira e un cruceiro de cantería no cruce da corredoira".
Efectivamente, Domingo (que realmente procedía do Porto en Ardemil) casou con María Martínez del Río (1850-1916), a maior das
varias fillas de José Martínez de la Fuente e de Rosa Ramona Dominga del Río
del Río, quen xa estivera casada en primeiras nupcias con Benito Sueiro. Con Mingos tivo cinco fillos: María, Manuel, Jesusa, Francisca e Estrella. Manuel emigrou e rematou os seus días en San Martín de Santa Fe. Jesusa Viqueira Martínez (sobre 1883) casou para
Mercurín con José Martínez Cancelada. Tiveron ata 18 fillos! pero non
chegaron todos á idade adulta. Entre elles estaban Pilar do Sanatorio e Estrella (1910-1986), muller de Manuel Moar
Pérez Manolo dos Ramos (1906-1975).
Francisca
Viqueira
Martínez (1884-1981) casou con Andrés Mosquera Brandariz o Cereiro de Leira, tamén aprendeu o oficio de
compoñedora e atendía sobre todo ás mulleres porque elas tiñan máis reparo en
poñerse nas mans dun home. Francisca e Andrés viviron en Castrelos e tiveron 6
fillos.
Estrella, a última filla do compoñedor, casou con Juan de la Iglesia Rivas.
|
O
matrimonio formado por Juan e María tivo 8 fillos que chegaron á idade adulta: Carmen, Jesusa, Francisca,
Domingo, Jesús, José, Valentina e Gloria Rivas Viqueira.
Carmen Rivas Viqueira (1987-1994) casou con Domingo Brandariz de Castrelos
co que tería 7 fillos.
Jesusa Rivas Viqueira (1900-1982) casou con José Ruibal Graña (1895-1981), o
primoxénito doutra coñecida familia de Buscás, os Ruibal. Con el viviría na
Maquía de Buscás e con el tería 9 fillos, dos cales o máis coñecido foi o
gaiteiro Flor da Maquía.
Francisca Rivas Viqueira (1902-1993) casou con Ricardo Calvo Viqueira (1900-1978)
de Leira. Tiveron 5 fillos.
Domingo Rivas Viqueira (1905-1974) do seu avó herdou o mesmo nome, a casa e o oficio de
compoñedor. Casou con Carmen Viqueira Conde dos Viqueiras do Casal. Ela morreu despois de ter unha soa filla, María
Rivas Viqueira (cos mesmos apelidos co pai), que casaría co moi famoso Andrés Cancelada, conserxe do colexio
Castelao.
Jesús Rivas Viqueira (1906-1972) casou con Jesusa Moar Vilariño (1922-2015)
coa que tería 5 fillos, un par dos cales emigraron a Venezuela.
José Rivas Viqueira (1909-1981) casou con Flora Brandariz López
(1915-1999). Establecéronse en Leira e só tiveron un fillo, Emilio.
Valentina Rivas Viqueira (1915-1996) tivo un único fillo, Hipólito, que
tamén emigrou a Venezuela pero retornou a Ordes nos anos 80 e estableceuse en
Queirúa. A súa muller morreu bastante nova, deixando 4 fillos.
Gloria Rivas Viqueira (1924-2017) tiña unha filla, Lourdes, cando
casou con Juan Couto Sanjurjo
(1917-1999), o guerrilleiro de Mámoas (Ardemil). Con el tivo outro fillo, Juan
Bernardo.
FONTE: Emma Ferreiro Rivas e
Manuel Rodríguez García.
No hay comentarios:
Publicar un comentario