Se hai un feito recente que coñecen todos os
ordenses e do que todos teñen falado algunha vez é, sen dúbida, o caso dos vídeos
íntimos dunha moza da localidade. Por tanto non me estenderei e só darei unhas rápidas pinceladas.
TEMPOS
FELICES
Os primeiros anos do novo milenio foron moi
bos tempos para a maioría da xente. Para a nosa protagonista tamén. Se isto
fose unha película americana estariamos a falar da animadora que sae co
quaterback de fútbol e está preocupada por ser a raíña do baile de fin de
curso. Á nosa moza tamén lle ían ben as cousas. Alta e de boa figura, vivía no
sur da vila cunha familia agradable, tiña boas e populares amigas, un aposto
mozo que xogaba no equipo de hoquei e todo un esplendoroso futuro por diante.
No ano 2004, tendo 21 anos de idade, decidiu
facer unha gravación masturbándose. Posteriormente levaría o ordenador a unha nova
tenda de informática "Ordes Dixital" para que lle instalasen unha
copiadora de discos compactos. Mandou á papeleira o vídeo pero non o eliminou
desta.
Javier MB, empregado que traballaba nesa
tenda, deu co vídeo e fíxolle unha copia que distribuíu entre algún dos seus
amigos de modo privado.
MASCÁNDOSE
A TRAXEDIA
Nalgúns lugares ata había locais
que alugaban ordenadores con copiadora para que os clientes fixesen os seus
discos piratas (maiormente de música). Neste contexto era inevitable que a
algún "emprendedor" se lle ocorrese a idea de vender ese vídeo. Comentouse que
algún o levou á piscina e cobraba 5 euros por disco. Pero non parou aquí a
cousa: comezou a haber proxeccións do vídeo en casas particulares, nun bar e
ata nas dependencias de Protección Civil. Só
era cuestión de tempo que o coñecera o mundo.
O ESTOUPIDO
Sobre o 5 de agosto do ano 2005 chegou a nova
do vídeo rulante á súa protagonista. O presidente de Protección Civil pasou
unha copia ao seu pai e por amigos comúns deduciron quen fora o primeiro
difusor. O luns, día 8 (unha semana
antes das festas), os seus familiares presentaron unha denuncia por subtracción
e distribución do vídeo íntimo.
Ata ese momento os coñecedores do vídeo eran
moitos aínda que todos dentro dunha franxa de idade xuvenil, pero aí puxéronse
mans á obra as amigas da moza que da noite á mañá empapelaron a vila cuns
rechamantes carteis onde esixían "¡Solidaridad
con Noelia!". Naturalmente os pasmados viandantes preguntabamos quen
demos era esa Noelia e porque necesitaba a nosa solidariedade. De modo que o
que ata ese momento era un secreto a voces agora era coñecido polos 12.000
ordenses.
Aínda quedaba o peor, pois o vídeo sería
subido á Internet e visto por milleiros e milleiros de persoas que en
moitos casos deixaban ademais comentarios bastante desagradables.
CONSECUENCIAS
A nosa protagonista puxo boa cara e deixouse
ver durante as festas, pero a súa vida dera un cambio que non tiña volta atrás.
A súa familia quedou moi afectada e ela tamén. Segundo o seu mozo, que declarou
ser o último que coñeceu o asunto, "se non fose pola familia ela teríase
suicidado porque estivo moi mal". Rematou por deixar a vila e só volve a
ela puntualmente. A relación co seu mozo durou outros 5 anos ata que se
separaron.
Doutra banda a tenda de informática viuse
obrigada a pechar, perdida a confianza dos clientes.
O caso fíxose famoso a nivel nacional e
recordo que durante anos se un poñía "Ordes" en Google, a 3ª entrada
xa era sobre Noelia e o seu vídeo.
O XUÍZO
En
xuño de 2014 (9 anos despois!) tivo
lugar o xuízo contra os 18 acusados pola difusión do video. Esta tardanza foi
denunciada pola defensa, pois moitos dos acusados eran agora xente máis ou
menos seria con responsabilidades familiares e non os posadolescentes
descerebrados dunha década atrás.
O primeiro en declarar foi o principal
acusado, o empregado da tenda, que negou que quitara o vídeo do PC e declarou
que o baixou de Internet. O resto recoñeceron a difusión e o visionado do vídeo
pero todos negaron a venda. Afirmaron non saber que o vídeo fora roubado e que
estaban cometendo actos ilegais.
A fiscalía solicitou para a maioría dos
acusados dous anos de prisión por un delito de descubrimento e revelación de
secretos. Para o empregado da tenda solicitou unha pena máis grave, xa que
considerou demostrado que foi a persoa que gravou o vídeo desde o PC a reparar.
A acusación particular elevou esta
petición a 5 anos. Tamén deberon indemnizar á vítima con 24.000 euros.
Un ano despois o Supremo rexeitou os recursos
de 13 dos acusados e confirmou as penas de entre 21 meses (para o empregado) a
7 meses, o que implicaba que ningún dos 15 mozos finalmente condenados pisou o
cárcere.
No hay comentarios:
Publicar un comentario