E diredes vós: -Quen demos son Eiroa e Barral?
Pois nin máis nin menos que os propietarios de
dous dos obradoiros composteláns que traballaban o mármore. Foron os máis prestixiosos
na primeira metade do século XX, así que algunhas lápidas nos cemiterios do
concello e da comarca levan as súas sinaturas. Non hai demasiadas porque
obviamente poucas familias podían permitirse ese luxo, pero as que hai son
dignas de admirar: pequenas obras de arte cheas de beleza e complexidade. Nada
que ver coas lápidas actuais e as súas letras feitas en serie.
Vicente Eiroa
Varela (1863-1949), un gran artesán, propietario do obradoiro que había no
Nº 5 da Rúa Nova. Casado con Andrea Barral Barreiro (m.1925), tivo 3 fillas e
dous fillos varóns, José e Francisco.
José Eiroa Barral (1892-1935) xa
non foi simplemente artesán, senón que pasoi a ser considerado artista, un
escultor con todas as da lei. Casou con Elisa Antelo González, filla do
ebanista José Antelo Pardal (m.1934).
Francisco
Eiroa Barral (1906-1972) herdou o obradoiro despois da morte do seu pai. Baixo a súa dirección comezou a instalación de
maquinaria eléctrica para modernizar a produción.
|
Competidor comercial de Eiroa, foi Enrique
Barral Barreiro que tiña o seu obradoiro na Senra. Destacaba por utilizar a miúdo mármore gris. Estaba
casado con Inocencia Bouzas. Á súa morte, o 4 de xuño de 1945, o obradoiro pasou a máns do seu fillo Julio Barral Bouzas, quen
trasladaría o obradoiro á Ponte de Vidán.
|
Outros artesáns de Santiago eran Manuel Rey Carracedo do campo de San
Domingos, Manuel Silva López, da rúa Lagartos, José Ferreiro Ameijeiras ou
Manuel Alende Ferro, de Ponte do Sar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario