sábado, 27 de enero de 2018

O Entroido en 1915

  Como era o Entroido hai 100 anos? Pois non demasiado distinto ao actual, aínda que con menos medios, está claro.

  Nas aldeas, mozos e mozas buscaban uns farrapos e cubríanse con eles para non ser recoñecidos (o típico disfrace de choqueiro) e andaban gastando bromas e meténdose cos que atopaban. Tamén era moi sococorrido o de que os homes se disfrazaran de muller e viceversa (disfrace fácil e barato).
  Algúns mozos das cidades e vilas grandes xuntábanse en gran número formando comparsas con todos eles disfrazados igual (aínda que os disfraces eran moi sinxelos comparados cos actuais). Moitas comparsas levaban un estandarte e ás veces coplas impresas en papeis que podían cantar ou ler. O público seguíaas no seu accionar. Ás veces ata podían ir a outras cidades, por exemplo algunhas comparsas de Vigo viaxaban a Pontevedra en tren e desfilaban tamén alí.
  As clases altas reuníanse nos casinos (ou en casas dalgún particular notable nas vilas) e celebraban animados bailes onde, sobre todo as damas, presumían de caros disfraces de fantasía e de exquisito bo gusto que contrastaba coa ordinariez das clases populares.
   Porque efectivamente o pobo podía ser moi ordinario: bromas de dubidoso gusto como arrastrar animais mortos, lanzar barro, borralla e outro tipo de substancias que por pudor non nomeo estaban á orde do día. Algúns concellos publicaban bandos prohibindo estes comportamentos, ademais de prohibir tamén ofender a institucións como o exército ou a Igrexa (aos que se engadiu durante a Primeira Guerra Mundial facer alusión aos combatentes nela para non ferir susceptibilidades neses países), pero non parece que estas prohibicións tivesen demasiado efecto.

  Quizais o que máis cambiou é que, no canto de promocionar o entroido como agora, moitas cidades ... poñíanlle impostos! Santiago en 1915 cobraba unha tarifa de 50 céntimos por disfrace individual e 5 pesetas a unha comparsa. Sospeito que non todo o mundo pagaría e a maioría lanzaríanse ás rúas cos seus disfraces ilegalmente. En Ferrol, tamén en 1915, recadouse por este concepto só 37 pesetas en total.

  O que nunca cambia nin pasa de moda son as queixas pola moral. Como dicía o "Noticiero de Vigo": «Hay muchos bailes indecentes, indecorosos e inmorales en los que se exhibe, con descaro y desvergüenza, modas libres, pseudovestidos y trasparencia cuya vista debiera sonrojar a los espectadores, si tuvieran algún principio de educación y sana moral. [...] ¿No es verdad que estaría mejor que las niñas y pollitas se presentasen más tapadas y menos coquetas, aunque no fuera por otra causa que evitar el frío propio de la estación?»

  E en Ordes? Pois o mesmo, como podemos ver neste artigo de "La Voz de Galicia" do 13 de marzo de 1916: «Durante los tres días de Carnaval hubo en Órdenes animados grupos de humorísticas máscaras, especialmente dos hermosas comparsas, tituladas la una "La Payasada alegre", formada por la clase obrera, y la otra que ostentaba como título "Los murguistas", compuesta por el elemento escolar de esta localidad. Tanto una como otra resultaron lucidísimas.
   Por la noche hubo animados bailes, uno en casa de D. Ramón Faya*, en el cual vimos multitud de disfraces y muchas mujeres bonitas. Entre las jóvenes que allí concurrieron recordamos haber visto a Paquita y Ramona Faya, Manuela y Lola Calviño, María, Antonia, Carmen y Encarnación Vaamonde, Manuela Blanco, Marujita Villar, Celia y Obdulia Abeijón, Milagritos Sánchez, María López, Lola del Río, Estrella Regos, Lola y Carmen Caramelo, Consuelo Iglesias y muchas más que no recordamos.
  Hubo bailes también durante las tres noches en la casa escuela particular de D. Antonio Pernas Manteiga a donde concurrió la buena sociedad de esta villa, y donde tuvimos ocasión de admirar caprichosos disfraces. Recordamos a las bellísimas señoritas Pilar Astray, María Gil, Carmen, Julia y Paquita Pol, Carmen, Aurita y Teresa García, hijas del notario de esta villa; Sarita del Río, Milagros y Eugenia del Río, Claudina y Rosita Trasmonte, Carolina Carballal, Marujita Concheiro y otras muchas.
   Damos nuestra felicitación a las comisiones gestoras de estos festejos.»

* Ramón Faya era o propietario da fábrica de curtidos que había no que hoxe é a Rúa Mirón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario