miércoles, 17 de junio de 2020

Topónimos de antropónimos

Tal como podemos ver na web de Carlos Calvo Varela, Aldeias de Ordes, en toda a comarca hai moitos topónimos que proceden da existencia de vilas ou algún outro tipo de explotacións agrícolas medievais que tomaban o nome do seu propietario. Velaquí máis de 30 exemplos do concello de Ordes.

Adrán
Lugar da parroquia de Vilamaior, Adrán provén do xenitivo Hadriani, isto é, uha vila, granxa ou outra propriedade dun tal Hadrianus, nome romano procedente da cidade de Hadria (preto da actual Venecia) e que tamén da nome ao Mar Adriático. “Hadria” probablemente estaba relacionada co termo Ater “sombrío, negro coma o carbón”.
Ardemil
A parroquia de San Pedro de Ardemil debe o seu nome a unha vila altomedieval propiedade dun tal Ardemirus, nome seguramente composto polos elementos góticos hard ‘duro, severo’ e mêreis ‘famoso, célebre’, ou sexa “célebre pola súa dureza”. Esta *(villa) Ardemiri probablemente fose durante un tempo Ardemir, antes de chegar á forma definitiva de Ardemil, topónimo que, como outros rematados en –mil, deu pé a lendas populares que vían no número 1000 a súa razón de ser. A lenda dos mil mouros queimados debeuse ver favorecida polo famoso romance galego-portugués do Figueiral e o tributo das cen doncelas de Mauregato, con resonancias en Morgade.
Axáns 
Lugar da parroquia de Ardemil, preto do Mesón do Vento. Probablemente veña dunha *(villa) Agilanis, propiedade dun tal Agila, nome dun rei visigodo que contén a partícula agi ‘espada’.
Baltares
Lugar da parroquia de Barbeiros. Baltar podería proceder dunha hipotética *(villa) Baltarii, xenitivo do nome xermánico Baltarius.
Darefe
A terminación deste topónimo en -efe fai sospeitar que sexa un antropónimo derivado dun propietario medieval cuxo nome posiblemente inclúa a partícula ar ‘aguia’ ou hari ‘hoste, exército’.
Esmorís
O topónimo Esmorís (parroquia de Buscás) explícase pola existencia dunha vila ou explotación agrícola altomedieval propiedade dun señor chamado Hermericus. Esta *(villa) Ermerici ou Hermerici, en xenitivo latino sería “Vila de Hermerico”. Hermericus, á súa vez, é un nome xermánico que, como era costume neles, representaba o que os pais esperaban para o futuro dos seus fillos. Neste caso está formado por dous elementos góticos: *aírmas/aírmins ‘grande, groso, largo’ e *rikaz ‘poderoso’, resultando que Hermericus viría a significar algo como “Grande poderoso”. O prestixio de Hermerico, o primeiro rei suevo de Galicia, explica a popularidade do nome e por tanto a abundancia deste topónimo en toda Galicia.   
Faramilláns 
Este lugar do norte de Buscás foi durante o Antigo Réxime unha parroquia de seu. Aparece citado como "cautum de Flaminianos" na carta de doación que lle fixo o rei Alfonso VII á Igrexa de Santiago no ano 1124. Flaminiano deriva do nome Flaminius -como o senador Flaminius Priscus (s.III)-, que á súa vez ven de flamen, especie de sacerdote romano.
Froxil
Esta aldea de Ardemil debeu ser *(villa) Frogilde, pertencente a un terratenente chamado Frogildo, nome xermánico moi abundante na época e que resulta da unión dos elementos góticos frauja ‘señor’ (aplicado tamén a deus) e gild ‘imposto, contribución’. Parecido orixe ten Faxilde, xenitivo dun tal Fagildus ou Fagildo, outro nome xermánico co elemento gild ‘tributo’ acompañado de *fahs ‘alegre’, tendo o sorprendente significado ‘Alegre tributo’.
Gosende
Aínda que debido á nosa gheada Ghosende recórdanos ao nome castelán José, en realidade ven dunha Gundesindi medieval, posesión dun dono portador do nome xermánico Gundesindus (de gunths ‘loita’ e sinths ‘camiño, expedición militar’). Para Dolores González de la Peña en cambio ten orixe na palabra gasindius ‘socio militar’, relacionada coa época de dominación dos suevos.
Guindibóo
Posiblemente Guindibóo xunto con outros topónimos que empezan por Gundou Gunt como Guntín (Mercurín) teñan relación cun nome comezado polo elemento gótico gunthi, que significa ‘loita, combate’. O lingüista arxentino Martins Estévez, a propósito do Gundivós do Val de Lemos, considera que pode ser un topónimo celta *Gunitt Bodos "Foso da batalla". Cossue supón un gunth+bad que significaría loita+loita.
Guntín
Esta aldea de Mercurín sería *(villa) Guntini, (villa de Guntinus) antropónimo latinizado de orixe xermánico, formado pola voz gótica gunthi ‘loita, combate’ e a desinencia -inus, adaptación do sufixo tamén gótico -eins.
Mañufe
En xeral os nomes rematados en –ulfe ou –ufe son de orixe sueva e teñen relación coa palabra xermánica wulf ‘lobo’. Este é o caso de Mañufe (parroquia de Mercurín) que debe vir dunha *(villa) Mannulphi, propiedade medieval dun señor de nome xermánico Mannulphus, composto polos dous elementos góticos manna ‘home’ e wulfs ‘lobo’, co que o nome completo significaría “Home lobo”. O home lobo en Xermania non ten nada que ver co das películas de Hollywood, pois é máis ben un guerreiro temible e defensor do seu pobo que deixa despois dos seus ataques a pegada dun lobo sobre a neve.
Meitufe
Similar caso é o de Meitufe (parroquia de Leira). Pode que o nome do seu fundador medieval se explique polo elemento math ‘poderoso’, significando Meitulfus ou Meitulfo “Lobo poderoso”.
Menlle
Este lugar de Leira, próximo á igrexa parroquial, parece deber o seu nome a un antigo propietario chamado Manellus, nome perfectamente documentado, aínda que pouco abundante na toponimia.
Mercurín
O topónimo Mercurín probablemente faga referencia ao deus romano Mercurio, protector dos viaxeiros. Na Serra do Caurel hai uns "Montes de Mercurio" onde se amoreaban pedras para guiar aos camiñantes. Tal podería ser o caso aquí.
Merelle  
Agora un arrabaldo da vila a carón da N-550, o topónimo deriva de Mirellus, nome que consta da partícula mir ‘famoso, ilustre’ (mesma que hai en Ardemiro) e un diminutivo -ellus que tal vez substitúa ao xermánico -ila ou a (h)ildi ‘combate’.
Nouche 
Este importante lugar no nordés da parroquia de Beán debe o seu nome a un propietario medieval chamado Naustus (de significado descoñecido). O topónimo *(villa) Nausti derivou en Nauchi e posteriormente no actual Nouche.
Orellán
Neste lugar da parroquia de Ardemil non podemos descartar a posibilidade de que o topónimo teña unha orixe chistosa aludindo a un personaxe de grandes orellas, pero máis probable é que proceda dunha *(villa) Aureliani,  por un propietario de nome Aureliano.
Pecenín
Este pequeno lugar da parroquia de Pereira probablemente deba o seu nome a un ignoto propietario medieval de nome Pecceninus.
Pedre 
Este lugar de Mercurín podería deber o seu nome á existencia dunha *(villa) Petri “Vila de Pedro”, aínda que non é descartable que teña relación coas pedras.
Pepín
O topónimo Pepín (Mercurín) procede dunha altomedieval (villa) Pippini, propiedade dun terratenente de nome Pippinus, igual co do rei dos francos Pipino o Breve, pai de Carlomagno e fundador da prestixiosa dinastia carolinxia. O nome franco Pippinus, á súa vez, deriva da raiz bibl- ‘tremer’.
Ponte Quinín
Viría dunha Ponte Quinnini, ou Ponte de Quindinus, nome composto do elemento kinth ‘proxenie, estirpe’ e máis a desinencia -in.
Ramil
Ramil (Barbeiros) ven dunha *(villa) Ranimiri “Vila de Ranimirus”, nome que se converteu en Ramiro. Este antropónimo xermánico contén de novo o termo mêreis ‘célebre’, que orixinou moitos topónimos rematados en –mil. Non está tan claro de que elemento gótico ven o Ra- inicial.
Raxide
Nome dun lugar da parroquia ordense que procede dun propietario medieval, cun nome (probablemente Ragitus) que inclúe a partícula ragin ‘conselleiro’.
Requián
Segundo explica Cabeza Quiles, o topónimo Requián (Beán) debe ser a versión actual do acusativo *Requilanem, do nome xermánico persoal en –ila, Rikila ou Rekila. Polo tanto, dende unha posible *(villa) ou *(villare) (de) Requilanem chegariamos ao actual Requián, en referencia a un dono chamado Rikila ou Rekila, nome xermánico en que parece encontrarse o elemento gótico rik ‘rei’. Rekila foi o 2º rei suevo de Galicia, fillo de Hermerico, que abdicou no ano 438.
Trasmil
Trasmil (Mercurín) deriva do nome Trasmirus, que contén *thras ‘desputar’ e de novo o termo mêreis ‘célebre, famoso’, que orixinou moitos topónimos rematados en –mil. Este antropónimo rexístrase na Galicia medival nos séculos IX e X.
Vilagudín
O topónimo deste lugar de Lesta fai referencia a unha medieval *Villa Godini, dun señor chamado Godinus (nome xermánico tal vez formado a partir do étnico Goth ‘godo’). Na parroquia de Mesía tamén hai un Gudín, do que caeu o “Vila” inicial. Quizais foi o mesmo terratenente Godinus ou Gudinus o que fundou no seu día as dúas vilas. 
Vilasenín
Este lugar de Leira (no que tamén hai un encoro) debe o seu nome a unha  Villa Sinnini, dun tal Sindinus (sinth ‘forte’ máis a desinencia in -sinth ou swind tamén o podemos atopar no nome Gumersindo ‘home forte’-). 
Vixide
Este pequeno lugar de Montaos deriva do nome Vigitus, que contén a forma Wig ‘loita’. Sería por tanto unha  *(villa) Vigiti.
Xenarde
A etimoloxía popular fala dun gran incendio. “Arden mil montes, arde-mil!”, berraban os veciños desesperados, ata que nun pequeno outeiro, o Cotón de Xanarde (451m), comezou a amainar o lume e unha veciña deu a boa nova: “Xa non arde, xa n’arde!”. A fría etimoloxía cientifica supón en cambio unha vila medieval, *(villa) Janardi, propiedade dun tal Janardos. Este antropónimo, documentado na Galicia do século IX, está formado polo elemento gótico hard ‘duro, forte’ o mesmo que aparece na composición do topónimo Ardemil. Tal vez a 1ª partícula de Janardus sexa *gais– ‘lanza’, así que significaría "Lanza forte".
Xermiñás 
O topónimo deste pequeno lugar de Lesta deriva de Xeremías, probablemente un propietario co mesmo nome que o famoso profeta.
Zampaño
Aldea de Mercurín próxima a Pedre, e se este é unha ‘(vila) de Pedro’, Zampaño parece ser unha ‘de Simphonio’, nome claramente relacionado coa música.
 
Noutros concellos da comarca atopamos moitos máis destes topónimos como Antemil, Calvente, Leborís, Papucín, Restande, Rosende, Sadurnín...

sábado, 13 de junio de 2020

A familia Mariño

  O patriarca desta familia foi José Mariño García (1880-1947) que, a principios do século XX cando tiña uns 22 anos, empezou como zapateiro pero foi diversificando o negocio pouco a pouco, primeiro cunha tenda de alimentación, logo un bar (bastante fastoso para a época comparado coas tabernas dos seus competidores) e por suposto casa de comidas. Tamén participou como empresario na chegada da electricidade á vila en 1922.
  Dado que foi nomeado fiscal municipal suplente en 1905 e foi cesado como concelleiro en 1910 coa volta ao poder do cacique liberal Saturnino Aller, e fácil conxeturar que estaba na órbita do Partido Conservador, ao contrario que toda a elite ordense daquela época. Tamén foi o correspondente en Ordes de El Ideal Gallego, un xornal que naceu en 1917 con ideoloxía católica e agrarista. Remataría a súa carreira política volvendo a ser concelleiro en 1928 na época da ditadura de Primo de Rivera e formando parte da Unión Patriótica, o partido oficialista.
  Casou con Soledad Vilela Chacón, filla ou irmá? de Ramón Vilela (m.1928), un dos dous xastres que había en Ordes -o outro era Andrés Blanco-, e tiveron 5 fillos (Manuel, Rafael, Carmen, Ángel e Francisco Mariño Vilela) máis unha nena que morreu con dous anos en 1908, antes de que Soledad falecera o 9 de novembro de 1918 por causa da epidemia de gripe española.
  José casaría entón en segundas nupcias con Ramona Iglesias Noya (1899-1991), case 20 anos máis nova ca el, unha excelente cociñeira que levaría a casa de comidas. Con ela tería 4 fillos máis: José, Rosa (morta aos 3 anos), Mª de los Ángeles y Mª de las Mercedes Mariño Iglesias.

Manuel Mariño Vilela (1904-1998) foi o que continuou o negocio familiar en Lagartos 11. Nos anos 40 e 50 era xunto coa de Mariano Amado a maior tenda da vila e vendía desde alimentos e bebidas ata pienso ou fertilizantes. Casou con Esperanza García Villaverde (1914-2000) coa que tivo 2 fillos: Pilar e José Manuel. Pilar casou en 1966 con Antonio Cristín e foron pais de Pilar (a propietaria da farmacia do Recreo) e Santiago Cristín.

Rafael Mariño Vilela (1910-1983) sendo mozo estudou na escola de radiotelegrafistas de Madrid pero unha enfermidade acabou coa súa estancia alí. Tamén foi un experto electricista que axudaba coa iluminación eléctrica das festas. Estableceuse no Recreo 24 onde tivo un ultramarinos e ferraxería e ademais rexentaría algúns anos o salón de baile. Herdou a vea política do seu pai, facéndose membro de Renovación Española (o partido de Calvo Sotelo) e máis tarde ingresando na Falange (tiña gran amizade con Diego Salas Pombo, o xefe provincial da Coruña) da que foi xefe local, pero desmarcouse da represión posterior ao Alzamento e usou a súa influencia para protexer ás vítimas. Ocupou o posto de alcalde desde novembro de 1942 ata 1945 en que o sucedeu Manuel Verea Remeseiro.  
Casou en 1935 con María Franqueira Regos (1911-1985), filla do comerciante do Recreo Manuel Franqueira Martínez Manuel da Ponte (1876-1961) e de Carmen Regos Caramelo. Con ela tería dous fillos: Rafael e Mª del Carmen.
Rafael Mariño Franqueira, de novo Feluco, estudou para perito industrial en Vigo e Valencia, carreira que rematou en 1960. Como anécdota, durante o seu servizo militar na Milicia Aérea Universitaria en Villafría (Burgos) e Tablada (Sevilla) coñeceu e fixo amizade co Duque de Cádiz, don Alfonso de Borbón. Traballou en Fenosa e casou con Mª Teresa Rodríguez Taboada, distinguida filóloga e catedrática de lingua e literatura española no famoso instituto Eusebio da Guarda na Coruña.
Mª del Carmen de la Soledad Mariño Franqueira casou en 1962 con José Manuel Castro Ferreiro (1940-2017) dos Castro do Recreo. Foron pais de Mª Carmen Castro.
                
Carmen Mariño Vilela (1911-1999) foi mestra e casou en 1935, en Sarandóns, con Juan Chacón Blanco. Tiveron 3 fillos: Mª Luisa (m. 2005) que casou con Antonio Astray Mariño, José e Jorge.
Ángel gañou praza no Corpo de Aduanas. Foi destinado ao País Vasco onde casou con Mª Blanca Sarasqueta Eguiazu coa que tivo 4 fillos. Traballou en Irún, San Sebastián e Santoña. Francisco (1915-1995) foi empregado do Banco Pastor. Instalouse en Cillero (Viveiro) e casou con Delfina Sanjuán Gómez coa que tivo 3 fillos.

José Mariño Iglesias (1920-2003) traballou na ferraxería que había fronte a igrexa e logo emigrou a Venezuela pero volveu e rematou por instalarse na Coruña. Casou con Luisa Isabel Arias del Valle coa que tivo 3 fillos.
Mª Ángeles Mariño Iglesias (1925-2016) quedou en Ordes. Do seu matrimonio con Manuel Astray tería dous fillos: Ángeles e Manuel Nel Astray.
Mª de las Mercedes Mariño Iglesias viviu en Santiago e casou con Ramón Ríos Silva  (1927-1995) co que tivo dous fillos, Mª Mercedes e José Ramón. Os últimos anos residiu en Alfonso Senra ata a súa morte en 2019.


  Hai máis familias co apelido Mariño. Por exemplo, Manuel Mariño Martínez (1913-1978) dos Lagartos, máis coñecido como Mariño das Corredoiras e casado con Dolores Veiras Bello dos Veiras de Pardiñas. Compartiu o mesmo nome e apelidos que Mariño da Fraga (1912-1983) casado con Jesusa del Río Grela. Outra familia que leva este apelido son os Mariños do Casal, descendentes de José Mariño Rey e María Uzal Villaverde.

martes, 9 de junio de 2020

A escola do Canedo

  En novembro de 1933 tivo lugar a inauguración da escola do Canedo.
  O acto foi moi concorrido. Ademais dos numerosos veciños asistiu o presidente do Consello local de Primeiro ensino Emilio Solera, os mestres nacionais Paulino V. González de Ordes, José Sánchez do Casal e Atanasio García de Ardemil, o director da Banda de Música de Ordes Higinio Cambeses e o capitán do exército Serafín Caridad.
  Estaban tamén os dous, aínda que parentes, inimigos políticos Manuel García Gerpe e o alcalde Antonio Concheiro Iglesias, que tomaron o acto como unha escaramuza máis na súa xa longa guerra política.

  Comezou os discursos o novo mestre da escola Ángel Sánchez Vázquez que se centrou nas vantaxes da educación afirmando que os beneficios alcanzarían a todos por igual. Seguiuno logo o mestre de Ordes Paulino V. González exhortando aos presentes a que puxesen atención decidida ao ensino dos seus fillos, encomiando a laboriosidade dos mestres aos que cualificou de "obreiros do ensino" e terminou alabando ao réxime republicano polas súas melloras educativas e a dignificación do maxisterio.
  Manuel García Gerpe "con frases plenas de elocuencia" agradeceu a invitación aos organizadores e aproveitou para encomiar tamén á República polo fomento do maxisterio ao que cualificou de "economicamente liberado e socialmente prestixiado" e, despois de explicar que a escola laica significaba o respecto á liberdade dos cidadáns, rematou con sorna congratulándose de que o acto estivese presidido polo alcalde que "ao parecer pretendía dar un novo e necesario rumbo á política local".
  Antonio Concheiro pasou por alto a pulla do seu rival e chamou á colaboración de profesores e veciños no labor de rexurdimento científico, poñéndose ao dispor de todos para acadar unha mellora científica, económica e moral. Agradeceu os eloxios polo esforzo posto en conseguir a escola e volveu chamar á cooperación para conseguir elevar o nivel cultural do municipio.
  E como sempre en Ordes non faltou logo a actuación da banda para gozar da celebración.

  Ángel Sánchez só estaría un ano no Canedo e sería substituído ao ano seguinte por Germán Doval García (1906-1962), mestre con inquietudes políticas, que chegaría a ser brevemente alcalde de Ordes.

domingo, 7 de junio de 2020

A Casa Maldonado


  Na Calle de Poulo, ao pé do Camiño Inglés, acháse esta casa que é un dos edificios máis antigos de todo o concello pois data (polo menos) do século XVI.
  Feita de cachotería e cun tellado que mestura a tella do país coa uralita non se distingue exteriormente doutras casas tradicionais mal conservadas, agás por unha placa. Se nos achegamos á porta podemos ver tamén un escudo e unha inscrición que di así: EN ESTA CASA POSO EL REI D PHELIPE 2 A 25 DE IUNO DE 1554.
  Custa bastante ler a inscrición pero explica a importancia da construción xa que nela pasou a noite o rei Felipe II o 25 de xuño do ano 1554, cando ía a embarcar rumbo a Inglaterra e contraer matrimonio con María Tudor.
  Orixinalmente o escudo estaba moito máis alto e a inscrición da pernocta do rei debaixo del, pero ao facer uns arranxos na casa cambiárono ao lintel e a inscrición á xamba esquerda. O escudo sería tomado como modelo para o do concello de Ordes.


  Historicamente a casa pertenceu á familia del Río Maldonado. No século XVIII trasladáronse a Santiago de Compostela acolléndose á protección dos arcebispos. Varios dos membros da familia obtiveron coenxías en Santiago e Oviedo e cátedras na Universidade de Compostela.
  Un dos máis destacados foi Francisco Antonio del Río Maldonado, médico do Real Hospital de Santiago de Compostela e tamén do Santo Oficio.
  Mediante ligazóns matrimoniais a liñaxe dos Turnes vinculouse coa familia Maldonado, sendo un dos descendentes don Andrés Vicente de Turnes Sánchez, que chegou a ser avogado da Real Audiencia, alcalde de Santiago e deputado do Común entre outras ocupacións.
   Tamén destacou don Vicente de Turnes del Río Maldonado, o Cego Turnes, que foi poeta en galego e castelán a principios do século XIX, ademais de exercer de xornalista.

  A comezos do século XX, en 1908, faise coa propiedade Ricardo Uzal Regueiro (1862-1915), casado con Concepción Varela Ferreiro (m.xaneiro-1948) e pai de Felisa Uzal Varela (m.abril-1953) -a esposa de Laureano Varela Ferreiro (1869-1928), un rico indiano que fixo a súa fortuna coa cana de azucre en Puerto Rico-. Residían noutra casa, "a Casa do Escribano", á beira desta, que estaba habitada por caseiros. Durante anos tamén foi utilizada como corte para o gando e alpendre.


martes, 2 de junio de 2020

El Madoz (parroquias)

Volvendo ao "Diccionario de Madoz", aquí tedes os datos das diversas parroquias de Ordes incluíndo a Faramilláns que naquel tempo aínda non estaba integrada en Buscás.

ARDEMIL (San Pedro de) Tomo III (1846)
Feligresía en la provincia de la Coruña (4 leguas), diócesis de Santiago 5 (1/2). Partido Judicial y ayuntamiento de Órdenes (2). SITUACIÓN: En el camino que va de Santiago a la Coruña y Betanzos. CLIMA sano. 100 CASAS de mediana construcción forman esta feligresía con las aldeas de Adina, Barcula, Canedo, Carrucheiros, Filgueira, Iglesia, Mesón del Viento, Orellán y Salgueira. Tiene escuela de primera educación, pagada por los alumnos. La iglesia parroquial (San Pedro) es servida por un cura de provisión ordinaria. Hay cementerio bastante capaz y bien ventilado, 1 capilla y 2 ermitas. El TÉRMINO confina por el N. con Bruma, por E. con Lesta, por S. con Buscás y por O. con Villamayor. Abunda de aguas en el invierno, y de ellas se surten los molinos. El TERRENO es montañoso y en su mayor parte inculto. Los CAMINOS trasversales y mal cuidados a excepción del que dirige de Santiago a la Coruña y Betanzos que se halla en buen estado. El CORREO se recibe de la estafeta de Órdenes. PRODUCTOS: trigo, centeno, maíz, avena, habas, patatas y otras legumbres; hortaliza de toda clase y alguna fruta; cría ganado vacuno, lanar, cabrío, yeguar y de cerda; hay caza de perdices, liebres y conejos. IND: la agrícola y varios molinos harineros; POBLACIÓN: 150 vecinos, 750 almas. CONTRIBUCIÓN: con su ayuntamiento.

Adina: aldea en la provincia de la Coruña, ayuntamiento de Órdenes y feligresía de S. Pedro de Ardemil. Pobl: 3 vecinos y 14 almas En el término de esta aldea se celebra feria el penúltimo sábado de cada mes; dura unas seis horas, y no obstante concurren a ella los vecinos de 3 ó 4 leguas en contorno; el principal objeto es la compra y venta de ganados, aunque también se encuentran algunos granos.


BARBEIROS (Santa María de) Tomo III (1846)

Feligresía  en la provincia  de La Coruña (6 leguas), diócesis de Santiago (4), partido  Jud. y ayuntamiento de Órdenes (3/4). SIT:  En terreno escabroso, con buena ventilación y CLIMA saludable, pues no se padecen comúnmente más que algunos reumas. Comprende los lugares  de Aldeíña, Curajo [Coruxo], Crucero, Encima de la Aldea, Fondo de la Aldea, Ramil y Vieites. Consta de 48 CASAS con 2 fuentes de buenas aguas para el surtido del vecindario y 1 iglesia  Parroquial  (Santa  María) servida por 1 cura. Confina el TÉRMINO por el N. con San Martín de Gallegos (1/4), E. San Martín de Marzoa (1/2), S. y O. San Julián de Poulo.  El TERRENO es montuoso y le baña por un lado el río Tambre que tiene su origen en Sobrado; sus aguas dan impulso a las ruedas de 2 molinos harineros y se cruza por el puente nombrado de los Carros.  Los CAMINOS son locales y uno que conduce de Mesía a Órdenes cruza por la feligresía. El CORREO se recibe de la administración de este último punto. PRODUCTOS: centeno, trigo, maíz y vino; cría ganado vacuno, lanar, caballar; caza de perdices, liebres y jabalíes. INDUSTRIA: la de los referidos molinos. COMERCIO: de vinos y aguardientes. POBLACIÓN: 48 vecinos, 246 almas. CONTRIBUCIÓN: con su ayuntamiento.


BEÁN (Santa María de) Tomo IV (1846)

Feligresía en la provincia de la Coruña (6 leguas), diócesis de Santiago (4), partido Jud. y ayuntamiento de Órdenes (1/2). SIT: en un llano cercado de montañas, con buena ventilación y CLIMA sano, si bien acometen fiebres inflamatorias. Comprende los lugares de Aldea de Abajo, Bilasuso, Brejos [?], Cercedo, Corujo, Fonte, Hermida, Líñalvoo [?], Loureiro, Nouche, Pontellos, Riquian y Souto, que reúnen 50 CASAS. La iglesia parroquial (Santa  María) está servida por un párroco de presentación ordinaria. El TÉRMINO que se extiende por donde más a un cuarto de legua, confina al N. con San Martín de Marzoa, al E. Santa  María de Deijibre, por el S. Santa  Eulalia de Senra, y O. San Juan de Calbente. Le bañan las aguas que bajan de Marzoa con dirección al Tambre. El TERRENO es montañoso, pero fértil en la parte destinada al cultivo. Hay diversos CAMINOS que dan paso para las feligresías inmediatas, todos poco cuidados. El CORREO se recibe desde Órdenes por medio de un peatón. PRODUCTOS: maíz, trigo, centeno y patatas; cría ganado vacuno, lanar y caballar, así como caza de perdices, liebres y jabalíes. INDUSTRIA: la agrícola y 6 molinos harineros. POBLACIÓN: 50 vecinos, 204 almas. CONTRIBUCIÓN:  con su ayuntamiento.

 

BUSCÁS (San Pelayo de) Tomo IV (1846)

Feligresía  en la provincia  de la Coruña (5 1/2 leguas), diócesis  de Santiago (4 1/2), partido Jud. y ayuntamiento de Órdenes (1/2). SITUACIÓN:  en paraje llano con buena ventilación y CLIMA sano. Comprende los lugares de Berdial, Bombas [Pombas], Carballedo, Corita [Gorita], Lameiros, Ramos, Rúa, Tiopeira y Vilariño que reúnen 42 CASAS de pocas comodidades. La iglesia Parroquial (San Pelayo) es única y su curato de provisión ordinaria. El término confina por el N. con San Pedro de Ardemil, por E. con Santa  María de Leira, Por el Sur con San Julián de Poulo, y por O. con Santa  María de Barbeiros; extendiéndose de N. a S. 1 1/2 leguas  y 1 de este a oeste; tiene fuentes de buen agua dentro y fuera de la población.  El TERRENO es generalmente montañoso y de mediana calidad, y en sus montes hay buenos pastos. Atraviesa por el centro de la parroquia un CAMINO trasversal que desde Santiago dirige a Betanzos, se halla en mediano estado y el CORREO se recibe de Órdenes. PRODUCTOS: maíz, centeno, y trigo; cría ganado vacuno, caballar y lanar; hay caza de perdices, liebres y jabalíes. INDUSTRIA: la agrícola y 3 molinos harineros. COMERCIO: la importación de vinos y aguardientes. POBLACIÓN: 42 vecinos, 230 almas  CONTRIBUCIÓN: con su ayuntamiento.

 

FARAMILLÁNS Tomo VIII (1847)

Feligresía  en la provincia  de la Coruña (5 leguas), diócesis de Santiago (5), partido  judicial y ayuntamiento de Órdenes (3/4). SIT: al N. de la llamada tierra de Mesía, con buena ventilación y CLIMA sano. Tiene 38 CASAS, varias fuentes y una iglesia  parroquial  (Santa  Eulalia), anejo de San Pelayo de Buscas. El término confina por el N. con el de San Pedro de Ardemil, al E. San Martín de Visantoña, Por el S. con su matriz Buscás, y por O. con Santa  María de Barbeiros.  El TERRENO, en lo general montañoso, ofrece algunas laderas y calladas para el cultivo. Pasa por esta feligresía  el CAMINO trasversal de Santiago a Betanzos, el cual es malo. El CORREO se recibe de Órdenes. PRODUCTOS: centeno, maíz, trigo y pastos; cría ganado vacuno, caballar y lanar, y se encuentran perdices, liebres y jabalíes. INDUSTRIA: la agrícola y un molino harinero. POBLACIÓN: 40 vecinos  y 226 almas.  CONTRIBUCIÓN: con su ayuntamiento.


LEIRA (Santa María de) Tomo X (1847)

Feligresía en la provincia de la Coruña (5 1/2 leguas), diócesis de Santiago (4 1/2), partido judicial y ayunt. de Órdenes (1/2). SITUACIÓN: en terreno desigual con buena ventilación y CLIMA aunque algo frío, sano. Cuenta 49 CASAS de pobres labradores, distribuidas en los lugares de Altiva [Altiboia], Baltar, Bormeiral, Castiñeira, Castrelos, Castro, Codeseda, Gonzón [Gouzón], Loureda, Meitufe, Menlle, Pedreira, Villasenín. Tiene 1 escuela de primera educación indotada, a la cual concurren unos 60 niños. La iglesia parroquial (Santa María) es única, y su curato de entrada y patronato real y eclesiástico. En el citado Lugar de Codeseda e inmediato a un robledal, existe una ermita con la advocación del Sto. Cristo de la Misericordia. El término confina por el N. con San Pedro de Ardemil, por E. con San Pelayo de Buscas, por el S. con Santa María de Órdenes, y por O. con Santa María de Queijas, extendiéndose por donde más 1/2 leguas; tiene varias fuentes de buen agua, y le bañan tres riachuelos que corren a unirse al río Lengulle y este al Tambre. El TERRENO en la parte baja es de buena calidad, y sus montes poblados de tojo; se roturan cada 30 años, y producen abundante y buen trigo. El CAMINO o vereda real que desde la Coruña se dirige a Santiago, así como los trasversales, se hallan en estado regular, y el CORREO se recibe de la estafeta de Ordenes, PRODUCTOS: trigo, centeno, maíz, avena, patatas, habas, hortaliza y nabos; cría ganado vacuno, lanar, de cerda y yeguar; se cazan perdices, liebres y conejos, y se pescan truchas. INDUSTRIA: la agrícola y 3 molinos harineros, POBLACIÓN: 49 vecinos, 246 almas. CONTRIBUCIÓN: con su ayuntamiento.

 

LESTA (San Andrés de) Tomo X (1847)

Feligresía en la provincia de la Coruña (6 leguas), diócesis de Santiago (4), partido judicial y ayuntamiento de Ordenes (1). SITUACIÓN: en las faldas meridionales del monte de Arcosa, con buena ventilación y CLIMA templado. Se compone de los lugares de Agromayor, Altiboya, Del, Grela, Iglesia, Jeremías [Xermiñas], Pazo y Villagudín, que reúnen 26 CASAS, y tienen buenas fuentes de agua potable. La iglesia parroquial (San Andrés), es anejo de Santa Eulalia de Gorgullos. El término confina por el N. con el mencionado monte; al E. con San Clemente de Mercurín, al S. con Sta Marina de Parada y Santa Eulalia de Gorgullos, separándola de esta última las aguas que de la sierra de Montemayor bajan al Tambre, y por O. con Santa Columba de Gesteda, con cuya feligresía se comunica por el puente de Bostelo; le baña el arroyo o riachuelo que corre al S. a unirse al Tambre después de cruzarlo los puentes de Santalla. El TERRENO es de mediana calidad, y sus montes se hallan poco poblados. Los CAMINOS son locales y muchos, y el CORREO se recibe en la cap. del partido. PRODUCTOS:  maíz, centeno, patatas, algún trigo y pocas legumbres; cría ganado vacuno, caballar y lanar; se cazan perdices, liebres y jabalíes, y se pescan algunas truchas. IND: la agrícola y molinos harineros. POBL: 28 vecinos, 146 almas. CONTRIBUCIÓN: con su ayuntamiento.


MERCURÍN (San Clemente de) Tomo XI (1848)

Feligresía en la provincia de la Coruña (6 leguas), diócesis de Santiago (4), partido judicial y ayuntamiento de Ordenes (1/2). SIT: en una altura montuosa y llana, con buena ventilación y CLIMA sano, si bien se experimentan fiebres inflamatorias. Comprende los lugares de Guntín, Iglesia, Mañufe, Meitufe, Pedre, Pepín, Perras [Perra], Piñeiro, Poza, Tras do Río, Villar y Zampaño, que reúnen 53 CASAS de pobres labradores y 3 fuentes de buenas aguas. La iglesia parroquial (San Clemente), es única y su curato de entrada y patronato lego que ejercen D. José Valle y D. Antonio Torrado. El TÉRMINO confina por el N. con el de Santa María de Leira, al E. Santa María de Órdenes, al S. Santa Marina de Parada, y por O. Santa María de Lesta; extendiéndose por donde más a 1/4 de leguas; nace en este término un riachuelo que corriendo al SE. corta la vereda o camino real de Santiago a la Coruña, por mas abajo de Órdenes en cuyo punto le cruza un puente de cantería. El TERRENO en lo general es montuoso pero llano y bastante fértil. Le cruzan 5 CAMINOS transversales que ponen en comunicación a las feligresías inmediatas; el CORREO se recibe en la de Órdenes. PRODUCTOS: centeno, maíz, trigo, varias legumbres, pastos y combustible; cría ganado vacuno, caballar y lanar; hay caza de perdices, liebres y jabalíes. INDUSTRIA: la agrícola, 2 molinos harineros y algunos telares; se importa vino y géneros ultramarinos. POBLACIÓN: 53 vecinos, 259 almas. Contribuye con su ayuntamiento.


MONTAOS (Santa cruz de) Tomo XI (1848)

Feligresía en la provincia de la Coruña, (6 1/2 leguas), diócesis de Santiago (3 1/2), partido judicial y ayuntamiento de Ordenes. SITUACIÓN: en una llanura elevada y montuosa. CLIMA templado y sano, si bien se padecen fiebres inflamatorias. Comprende los Iugares de Albariña, Chan, Fosado, Gundibó de Abajo, Iglesia, Queice [Queis], Sobreira y Vigide, que reúnen 70 Casas y 5 fuentes. La iglesia parroquial (Santa Cruz) es matriz de la de Santa Eulalia de Pereira; el curato de segundo ascenso y el patronato lo ejerce D. Juan de la Iglesia Marzoa; hay 1 ermita con la advocación de San Antonio. El TÉRMINO confina por el N.con su citado anejo (1 1/4), al E. Santa María de Deijebre, por el S. San Martín de Oroso, y por el O. San Esteban de Trasmonte. El Terreno es de mediana calidad y no escasea el arbolado; lo baña uno de los afluentes del Tambre que corre por el N. y cambia al E. después de cruzar la carretera de Santiago a la Coruña sobre la cual está el puente de Gundibó. El Correo se recibe de Órdenes. PRODUCTOS: maíz, centeno, patatas y trigo; cría ganado vacuno, caballar y lanar; se cazan perdices, liebres y jabalíes, INDUSTRIA: la agrícola y 5 molinos harineros. POBLACIÓN: 68 vecinos, 389 almas. Contribuye con su ayuntamiento.

 

ÓRDENES (Santa María de) Tomo XII (1849)

Feligresía en la provincia de la Coruña (8 leguas), diócesis de Santiago (3 1/2), partido judicial y ayuntamiento de su nombre de que es cap. SITUACIÓN: a los 43° 3' lat. y los 4º 42' long. occidental del meridiano de Madrid, al sur de la Coruña y sobre el camino que desde esta ciudad se dirige a la de Santiago. CLIMA templado y sano, si bien se experimentan fiebres catarrales. Comprende los lugares de Balado, Casal, Espenica, Fuente-estrei (donde fue preso el general Porlier), Iglesia, Merelle, Órdenes, Piñeiro, Reboredo, Vidueiro, Vilar y Villaverde que reúnen sobre 62 CASAS, pero no la tiene para el ayuntamiento; la cárcel es malísima; hay una escuela frecuentada por unos 50 niños cuyos padres retribuyen al maestro, el cual carece de título de suficiencia. La iglesia parroquial (Santa María) es única y su curato de entrada y patronato lego que ejerce el conde de Altamira. El TÉRMINO confina por el N. con el de Leira, al E. Poulo, al S. Pereira, y por el O. Parada y Mercurín; le bañan varios riachuelos que se incorporan al Lengulle, afluente del Tambre. El TERRENO es de mediana calidad, participa de monte y llano, pero carece de arbolado. Los CAMINOS locales vienen a enlazar con la indicada vereda, sobre la cual hay un puente de cantería. El CORREO se recibe de Santiago por el conductor que lleva la correspondencia a la Coruña. PRODUCTOS PRINCIPALES: trigo, centeno, maíz, avena y legumbres; cría ganado vacuno, lanar, de cerda y caballar; perdices, liebres y conejos y se pescan truchas. INDUSTRIA: la agrícola y pecuaria, molinos harineros; pues a pesar de ser cap. del partido no se encuentra en esta feligresía la animación que en otros puntos proporciona el establecimiento de juzgado. Hay feria de ganado los domingos terceros de cada mes. POBLACIÓN:  63 vecinos, 322 almas. CONTRIBUCIÓN: con los demás feligresías que constituyen el ayuntamiento.

 

PARADA (Santa Marina de) Tomo XII (1849)

Feligresia en la provincia de la Coruña (6 leguas), diócesis de Santiago, partido judicial y ayunt. de Órdenes (1/2). SITUACIÓN: en un llano a la izquierda del río que baja de Puente Santalla. CLIMA benigno y con buena ventilación. Comprende los Lugares de Aquinín, Arroyo, Baliño, Carballeira, Castenda, Castro, Fontenlos, Grela, Pazo, Rego y San Pedro, que reúnen 60 CASAS y 2 fuentes de buen agua potable. La iglesia parroquial (Santa Marina) es única y su curato de entrada y patronato lego que ejerce D. Antonio Torrado. El término confina Por el N. con el de Mercurín; E. Montaos; S. Leobalde, y O. Numide; interpuesto el puente de Pontraga. el TERRENO en lo general montuoso con buenos prados de pastos. Cruzan por esta feligresía 6 CAMINOS vecinales, pero mal cuidados. El CORREO se recibe en la cap. del partido. PRODUCTOS: centeno, maiz, trigo y algunas legumbres. Cría ganado caballar, lanar, vacuno y de cerda; hay caza de perdices, liebres y jabalíes. INDUSTRIA: la agrícola y 3 molinos harineros. POBLACIÓN: 56 vecinos, 882 almas. CONTRIBUCIÓN: con su ayuntamiento.

 

PEREIRA (Santa Eulalia de) Tomo XII (1849)

Feligresía en la provincia de la Coruña (6 1/2 leguas), diócesis de Santiago (3 1/2), partido judicial y ayuntamiento de Órdenes. SITUACIÓN: sobre las márgenes del Lengulle en el camino de Santiago a la Coruña. CLIMA templado y sano. Comprende los lugares de Carballo, Cercedo, Fraga de la Gallina, Folgoso, Guindibó de Arriba, Iglesia, Lamela, Ludiño, Mendo, Piedra, Ponte, Rúa y Souto, que reúnen 50 CASAS de pobres labradores y dos buenas y abundantes fuentes de agua potable. La iglesia parroquial (Santa Eulalia) es anejo de Santa Cruz de Montaos. El TÉRMINO confina por el N. con el de Poulo, al E. su citada matriz, al S. San Martín de Oroso, y al O. Beán. El TERRENO en lo general montuoso, pero con llanos de mediana calidad; sobre el indicado río se halla el puente de Guindibó que da paso al CAMINO de que se ha hecho mérito. El CORREO se recibe en Órdenes. PRODUCTOS: centeno, maíz, trigo y otros frutos menores; cría ganado vacuno, caballar y lanar; hay caza, pesca y 2 molinos harineros. POBLACIÓN 42 vecinos, 228 almas. CONTRIBUCIÓN: con su ayuntamiento. 


POULO (San Julián de) Tomo XIII (1849)

Feligresía en la provincia de la Coruña (6 leguas), diócesis de Santiago (4), partido judicial y ayuntamiento de Órdenes (1/2). SITUACIÓN: sobre la vereda que desde Órdenes se dirige a Mesía y la de Santiago a la Coruña. CLIMA benigno y buena ventilación. Comprende los lugares de Calle de Poulo, Costa, Espenica, Labandeiras, Outeiro, Pardiñas, Piñeiro, Sar y Senra, que cuentan 50 CASAS y una fuente de agua potable. La iglesia parroquial (San Julián) es única, el curato de entrada y patronato ordinario; hay una ermita (Ntra Sra. de la Merced). El TÉRMINO confina por el N. con Barbeiros, E. Santa María de Ordenes, S y O. Pereira; sus aguas corren al Lengulle que baja a unirse al Tambre. El TERRENO en lo general montuoso, tiene sin embargo llanos de mediana calidad. Los CAMINOS de que hemos hecho mérito se hallan mal cuidados. el CORREO se recibe en la cap. del partido. PRODUCTOS: centeno, maíz, trigo, legumbres y pastos; cría ganado vacuno, caballar, lanar y de cerda; hay caza de perdices, liebres y jabalíes. INDUSTRIA: la agrícola y 2 molinos harineros. COMERCIO: el que le proporciona la feria que celebra en el lugar de la Calle de Poulo y los mercados de Órdenes. POBLACIÓN: 50 vecinos, 600 almas. CONTRIBUCIÓN: con su ayuntamiento.

 

VILLAMAYOR (Santiago de) Tomo XVI (1850)

Feligresía en la provincia de la Coruña (5 leguas), diócesis de Santiago (5), partido judicial y ayuntamiento de Ordenes (1). SITUACIÓN: en una pequeña llanura rodeada de montañas de poca nota, de CLIMA benigno y saludable, tiene 51 CASAS repartidas en los lugares de Adrán, Armada, Castro, Corredoiras, Mercha [Marchás] y Villamayor, de construcción humilde y con pocas comodidades. La iglesia parroquial (Santiago) es matriz, curato de entrada y patronato lego; hay una ermita (Ntra. Sra. del Socorro) construida sobre una colina y 4 fuentes de aguas buenas de que se surte el vecindario. El TÉRMINO confina por el N. con Visantoña, E. con Buscás, S. con Barbeiros, y O. con Abellá. El TERRENO participa de monte y llano siendo la parte de lo cultivado de mediana calidad. Los CAMINOS que pasan en la dirección de la Coruña, Santiago y Betanzos son de herradura y malos, y el CORREO se recibe en la cap. del partido. PRODUCTOS PRINCIPALES: trigo, centeno, maíz, nabos, patatas y alguna fruta; cría ganado vacuno, caballar y algo de cerda/cabrío y lanar, y hay caza de liebres y perdices. INDUSTRIA:  2 molinos harineros. POBLACIÓN: 50 vecinos, 250 almas. CONTRIBUCIÓN: con su ayuntamiento.