sábado, 18 de abril de 2026

Vodas en 1965


  En 1965 houbo tres vodas que saíron na prensa.
  A primeira voda de avoengo tivo lugar o sábado 2 de xaneiro na igrexa parroquial de Santa María. Os noivos eran a "encantadora señorita" Mª Cruz Concheiro Varela Crucita e o doutor Jesús Somoza Almuiña.
  Mª Cruz pertencía á familia máis VIP de Ordes, os Concheiro, pois era a filla maior de Francisco Concheiro García (m.1973) -que sería o ano seguinte director do Banco Pastor- e de Concepción Varela Uzal (da rica familia de Poulo propietaria da Casa Maldonado). Pola súa banda o médico pediatra Jesús Somoza, que contaba entón 31 anos, era o último dos 7 fillos de Antonio Somoza Salgado (m.1948) e Dolores Almuiña Failde (m.1977) unha rica familia con casa soarega en San Pedro de Bembibre en Taboada (Lugo).
  O noivo, apadriñado pola súa nai, esperou no altar a chegada de Mª Cruz, que apareceu da man do seu pai aos acordes da marcha nupcial. Estaba ataviada cun traxe de raso natural bordado con perlas e veo de tul ilusión.
  Oficiu a cerimonia o sacerdote don Joaquín Andrade Orza, ex-parróco de Ordes e nese momento coengo da Colexiata da Coruña. Representou á lei o avogado Alberto Concheiro Barreiro, curmán da noiva.
  Asinaron como testemuñas por parte da noiva Salvador Castromil Fraga, Laureano e Ricardo Varela Uzal, Francisco Comesaña Rendo, Manuel e Fernando Concheiro García e o médico José González Criado. Por parte do noivo asinaron Eladio García Rodríguez, Carlos, Luis, Antonio e Eduardo Somoza Almuiña, Daniel Rodríguez Martínez, José Peña Guitián e Jesús Álvarez Somoza.
  Logo da cerimonia houbo un "espléndido lunch". A parella estableceuse na Coruña e tivo tres fillos: Jesús, Mª Loreto e Lucía. O matrimonio durou 49 anos ata febreiro de 2014 cando morreu Jesús. Tres anos despois, en abril de 2017, falecería Mª Cruz Concheiro.
 
  O domingo 20 de xuño ás 5 da tarde, tamén na igrexa parroquial de Ordes, foi a quenda da moza de 19 anos Mª Carmen Castro Silva co mestre coruñés de 30 anos José Luis Méndez García, último fillo de Miguel Méndez Sánchez (xa falecido) e de Felicitas García Martínez (m.1988).
  Oficiou a cerimonia o párroco don José Fernández Fuentes. A noiva, vestida de raso e veo tul ilusión, ía acompañada do seu pai, o procurador de tribunais Ignacio Castro Ramos (da familia Castro do pazo de Meimixe) e o noivo ía coa súa nai Felicitas. Representou á Lei Jaime Castro García, presidente da Audiencia Provincial.
  Asinaron como testemuñas por parte da noiva o alcalde Juan Liñares Castro, Jesús Cristín Pérez, Juan Amigo Iglesias, Celestino Concheiro Iglesias, Segismundo Viqueira Ramos Mundito, Jesús, José María e Antonio Castro Ramos, José Lama Besteiro, Antonio Castro García e Carlos Ramón Ballesteros. Por parte do noivo asinaron o seu irmán Miguel, Amable Blanco Pérez, José Jaspe Leira, Manuel Villar Teijeiro e José María Pérez Carro.
  Os invitados foron obsequiados cunha cea fría no restaurante Nogallás. A parella logo iría de Lúa de mel a distintas cidades españolas.
  O matrimonio estableceríase na Coruña e alí terían dúas fillas: Alicia Mª e Mari Carmen. Duraría ata marzo de 1991 en que morreu Mari Carmen. O viúvo morreu en febreiro de 2025 aos 89 anos de idade.
 
 
O domingo 3 de setembro na igrexa parroquial de San Xosé da Coruña tivo lugar a voda de Marisa Regueiro Barros co mozo ordense Juan Rodríguez Mariño Juan de Carril.
  Marisa entrou acompañada polo seu pai, Eduardo Regueiro Otero, lucindo un precioso traxe de raso natural con adornos de pedrería e perlas e tocado de azahar con veo de tul ilusión. O noivo "de correcta etiqueta" ía acompañado da súa irmá Esther.
  Oficiou a cerimonia o párroco de Buscás don Manuel Otero Rodríguez (un dos innumerables curmáns do noivo). Representou á lei o avogado Gerardo Corredoira Casares. Asinaron como testemuñas o mestre Manuel Picallo Ameijeiras, Antonio Balado Hermida, Atilano Álvarez Méndez, Ramón Abeijón Amado Kilé, Juan Viqueira Veiras, Manuel, Luis e Antonio Astray Rivas, Miguel Herves Parada, Alfonso Noya Bermúdez Cachorro, Enrique Raposo Rivas, Fernando Regueiro Barros, Dámaso Rodríguez Neira, Latino Verea Patiño e Jorge Berdiñas Patiño.
  Logo da cerimonia os numerosos invitados foron obsequiados cun "espléndido lunch" no restaurante do aeoroporto de Alvedro. Os xa novos eposos saíron de Lúa de mel por diversas capitais españolas.
  O matrimonio viviu na Casa Carril, no centro da vila de Ordes e tivo un único fillo, tamén chamado Juan. Durou uns 45 anos ata a morte de Juan en 2001. Marisa continuou coa tenda moitos anos máis e segue a ser unha presenza constante e agradable na vila.

No hay comentarios:

Publicar un comentario