Loxicamente o ano 1914 será lembrado por ser o inicio da 1ª GM, suceso que opaca a
todos os demais, pero non é o único importante.
Por exemplo tamén é o ano da chegada de Woodrow Wilson á Casa Branca e o comezo do espertar dos Estados Unidos como gran potencia. Cando acabe a guerra, por primeira vez en séculos, Europa xa non estará soa ao mando. A primeira demostración é que ese ano inaugurouse o Canal de Panamá, feito e controlado polos estadounidenses (despois do fracaso francés).
España vive novamente un cambio de goberno. O
conservador galego Eduardo Dato Iradier será
o presidente que convoque eleccións.
Cando a guerra europea estala, o noso país declárase neutral, basicamente
porque non estabamos en condicións de axudar a ningún bando. Tampouco habería
acordo a quen apoiar: a dereita era en xeral xermanófila mentres a esquerda era
partidaria dos aliados, pero con excepcións en ambos os dous bandos. En todo
caso, o conflito axudou ao desenvolvemento da nosa industria porque as
necesidades dos contendentes aumentaron e a competencia comercial baixou. Claro
que tamén aumentou a inflación.
A nivel sanitario houbo unha grave epidemia
de tifus, menos coñecida que a de
gripe que atacaría 4 anos despois.

A emigración descendeu ese ano en toda España
e tamén en Galicia debido á guerra e ás malas condicións económicas americanas.
Aínda así saíron máis de 22.000 emigrantes (6.400 da provincia coruñesa) con
destino principalmente a Arxentina. Por certo que a viaxe en 3ª clase custaba
entre 85 e 100 pesetas, unha pequena fortuna naqueles tempos.
En Ordes segue o dominio de Saturnino Aller, agora sen discusión.
De feito o candidato liberal, Alfredo Vicenti, non ten que competir nas eleccións pois non hai adversario, así
que é proclamado deputado polo artigo 29.
Como sempre, abundaban os actos violentos. O 12 de febreiro dese ano en Castro (Mesía) Manuel Seijas Boo, un mozo solteiro de 23 anos, apuñalou e matou a Ramón Verea Vilariño, tamén solteiro de 53.

O 7 de xullo, despois dunha estancia na Coruña, dirixiuse a Santiago
nun coche engalanado con flores. Fixo unha parada en Carral e logo, ás 12:45
pasou por Ordes entre repenique de
campás e a "Marcha Real" tocada por unha banda de música. Detívose e foi
cumprimentada polas autoridades. Tamén recibiu un ramo de flores ofrecido por
un grupo de fermosas señoritas. A infanta, compracida, deixou un donativo para
os pobres e despediuse entre os aplausos do numeroso xentío que se congregara para vela.
Posteriormente tamén parou en Sigüeiro. Alí volveu ser cumprimentada polas
autoridades (despois de comer, que xa era a hora), volveu deixar outro donativo
e volveu ser aclamada polos paisanos.
Lista de industriais en maio de 1913
Ramón Calvo Vieites
|
ferraxería
|
Calle Real
|
Antonio Viqueira
|
obxectos de latón
|
Calle Real
|
Juan Liñares Iglesias
|
mercería
|
Calle Real
|
José Romero Faya
|
mercería
|
Calle Real
|
Manuel García Bermúdez
|
mercería
|
Calle Real
|
Juan Barreiro Ríos
|
ultramarinos
|
Calle Real
|
Carmen Mato González
|
ultramarinos
|
Calle Real
|
Pedro Sánchez Neira
|
carne
|
Calle Real
|
María Vaamonde García
|
carne
|
Calle Real
|
José Viqueira Vieites
|
comestibles
|
Calle Real
|
Manuel Iglesias
|
comestibles
|
Ponte
|
Manuel Franqueira
|
comestibles
|
Ponte
|
Antonio Amado Amado
|
viños ao por menor
|
Calle Real
|
Manuel Castro Liste
|
viños ao por menor
|
Calle Real
|
José Mariño
|
viños ao por menor
|
Calle
Nueva
|
Manuel Vieites Franqueira
|
taberna
|
As Casillas
|
Cándido Castaño Franco
|
chocolatería
|
Calle Real
|
Ricardo Trasmonte
|
bodegón
|
Calle Real
|
Francisca Remuiñán
|
bodegón
|
Calle Real
|
Ventura Caramelo Paz
|
bodegón
|
Calle Real
|
Luis Ferreiro Franqueira
|
bodegón
|
Calle Real
|
Antonio Ramos
|
bodegón
|
Mesón do Vento
|
Antonio Bascoy Castro
|
bodegón
|
Vilamaior
|
Antonio Grela Veiras
|
bodegón
|
Montaos
|
Joaquín Sanmartín
|
bodegón
|
Poulo
|
José Sánchez Somoza
|
fábrica de gasosa
|
Calle Real
|
Juan Barreiro Ríos
|
muíño 2 pedras
|
Calle Real
|
salto de auga
|
Calle Real
|
|
Susana Gómez
|
muíño 2 pedras
|
Leira
|
salto de auga
|
Leira
|
|
Ramón Faya Fernández
|
fábrica de curtidos
|
Ordes
|
muíño uso exclusivo
|
Ordes
|
|
Manuel Álvarez del Río
|
farmacia
|
Calle Real
|
José Mª Carballido
|
farmacia
|
Calle Real
|
Carlos Troche Rivas
|
veterinario
|
Calle Real
|
Domingo A. Moar
|
avogado e agrimensor
|
Calle Real
|
Andrés Domínguez Guitián
|
avogado e notario
|
Calle Real
|
Celestino Amigo Oreiro
|
avogado
|
Calle Real
|
José Iglesias Álvarez
|
avogado
|
Calle Real
|
José Carnota Pérez
|
procurador
|
Calle Real
|
Policarpo Rivas Godoy
|
procurador
|
Calle Real
|
Andrés Villar Santos
|
procurador
|
Calle Real
|
Manuel García Rivas
|
procurador
|
Calle Real
|
Baldomero Posse Pérez
|
actuario
|
Calle Real
|
José Calviño
|
forno de pan e
tenda
|
Calle Real
|
Juan Eirín
|
forno de pan e
tenda
|
Calle Nueva
|
Manuel García Bermúdez
|
forno de pan e
tenda
|
Calle Real
|
cobrador letras
de xiro
|
Calle Real
|
|
José Vázquez
|
reloxeiro
|
Calle Real
|
Ramón López
|
parada de
sementais
|
Leira
|
José Veiras Camba
|
parada de
sementais
|
Poulo
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario