Desde 1896 a editorial barcelonesa Riera sacou ao
mercado anualmente o "Anuario Riera",
unha publicación similar ao que nos tempos do teléfono (por suposto antes da
existencia da Internet) serían as páxinas amarelas. Nese libro, que era bastante caro (25 pesetas na 1ª década do século XX), aparecían todos os
comerciantes dos diversos municipios nacionales e algúns datos máis como a
poboación, alcaldes, etc.
Segundo o anuario, Ordes tiña 7.260 habitantes de feito e 7.594 de dereito. Había servizo de carruaxes a Santiago (diario) e á Coruña (mañá e tarde), ambos os dous cun prezo de 5 pesetas, e autobuses diarios a Santiago e á Coruña. Tamén
había feiras todos os domingos e tres festas: San Xoán o 24 de xuño,
Santa María o 15 de agosto e a Virxe da Mercé o 24 de setembro.
Por certo -e isto non viña no anuario- que as festas patronais dese ano foron organizadas por Juan Barreiro Uzal, Manuel Astray Mato, Ricardo Rivas e Fernández Uzal. Duraron 4 días (ata as 2 da noite) e foron amenizadas pola banda de Arca. Nese mes o responsable da parroquia era o ecónomo don Buenaventura Pena Martínez.
Como podedes ver, no anuario repítense moitos nomes porque os comercios non estaban tan especializados como agora e vendían un pouco de todo. Quizais vos sorprenda o alto número de fondas e pousadas pero hai que ter en conta que naquela época Ordes era un lugar ao que viñan moitos forasteiros por motivos de saúde, quizais por iso tamén había ata catro provedores de ataúdes!

No hay comentarios:
Publicar un comentario