O rueiro da vila de Ordes (que podedes
descargar en formato pdf da páxina web do concello -ou tamén aquí: RUEIRO de ORDES) ten 86 rúas, travesías ou paseos. Isto inclúe varias proxectadas pero que aínda non están feitas.
A maioría levan o nome popular polo que se
coñecía ese lugar da vila pero hai un número importante (31) que están
dedicadas a PERSONAXES.
15 destas 31 rúas levan o nome de 14 personaxes
locais. Curiosamente quen da nome a dúas rúas, Antonio Rivas Couto Casabella (1904-1982),
é porque construíu alí a súa casa e a xente comezou a chamar así ao
lugar -ou sexa, é máis ben un nome popular-.
Os outros 13 son: Alfonso Senra, Antonio Concheiro, Vicente Carnota, Euloxio R. Ruibal, Manuel García Gerpe, Iván Raña,
Juanjo Liñares, Alfonso Lesta, Nicolás del Río, Segismundo Viqueira, Ramón Ferreiro, Viriato Lamas e Víctor González Faya.
Outras 14 rúas levan nomes de 13 importantes
personaxes galegos, case todos relacionados coas artes: escritores, escultores,
músicos ...
Finalmente 2 rúas levan nomes de grandes médicos
españoles (ambos os dous asturianos): Francisco Grande Covián e Severo Ochoa.
E aquí o dato descorazonador: dos 31
personaxes só dous son mulleres: as habituais Concepción Arenal e Rosalía de Castro.
Este desequilibrio está algo xustificado en que ata hai pouco tempo non había case profesionais femininas, pero é inexplicable que haxa dúas rúas dedicadas a mestres e ningunha a Doña Juanita, Doña Moncha ... e tantas outras que tamén educaron varias xeracións de nenas da vila.
No hay comentarios:
Publicar un comentario