Antonio Castro naceu en Ordes pero toda a
súa traxectoria vital estivo ligada a Santiago. O seu pai, Ignacio Castro
Iglesias era membro da rica familia Castro de Oroso (o seu tío, Francisco,
era xuíz municipal dese concello nos anos 20 e propietario do Pazo de Meimixe
nos Ánxeles).
Ignacio foi médico en Ordes máis de 15 anos,
por iso os 7 fillos que tivo do seu matrimonio con Mª Josefa García
Rodríguez, naceron na vila. Trasladouse a Santiago en 1925 e con el
toda a familia, polo que Antonio, que era o menor de todos (nacido o 23 de marzo de 1925) non viviu nin un ano en Ordes.
Estudou a carreira de Dereito en Santiago e alí traballou como
avogado e xuíz. Casou con Filomena
Carballal Lema coa que tivo tres fillos: Antonio (químico), Mª José
(avogada e funcionaria) e Mª Teresa (funcionaria).
Durante 5 anos -de 1974 a 1979- foi alcalde de Santiago. Coa chegada da
democracia afiliouse a Alianza Popular (logo PP) e aquí estivo cerca de tocar a
gloria porque no ano 1981 formaba
xunto con Clemente González Peón e Xerardo
Fernández Albor a terna de posibles candidatos do partido ao posto de 1º
presidente da Xunta. O desenlace é de todos coñecido: Albor foi finalmente o
elixido.
Logo sería Director Xeral de Xustiza da Xunta
de Galicia. No ano 1987 converteuse
en presidente do Consello de administración do Grupo Correo Gallego.
Tamén foi presidente do CB Obradoiro e da Sociedade de Tiro Olímpico.
Morreu o 9 de outubro de 2011 aos 86 anos de idade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario