O terceiro xornal publicado en Ordes foi "La
Tribuna" que apenas ten relación cos seus politizados predecesores
ou sucesores porque era o proxecto persoal do seu director Jaime Iglesias Rapela, nese momento xuíz municipal de Ordes.
Jaime, pertencente á adiñeirada familia da casa grande de Vilar de Abaixo en Deixebre (Oroso) emparentada con todas as familias importantes da época (Amigo, Castro, Concheiro, Liñares ...) estudou dereito, pero sempre tivo inquietudes literarias e artísticas. De feito xa sacara en Coruña a revista "Claroscuro" en xullo de 1900 co notable debuxante Román Navarro como director artístico. Aquella publicación, na que participou mesmo Emilia Pardo Bazán, durou só un par de números pero foi comparada en calidade coa revista madrileña "Blanco y Negro".
Xa en Ordes decidiu publicar "La Tribuna" que, na súa cabeceira declarábase "independiente, científico y literario".

Comezou a publicarse en xuño de 1902 con 4 páxinas, a última destinada a anuncios. Algunhas
seccións eran: Noticias Generales, Noticias locales e Revista de tribunales onde se incluían informacións sobre o Xulgado
Municipal, Rexistro Civil, nacementos, defuncións e matrimonios.
Imprimíase na "Imprenta y Papelería La Gaceta" de Santiago e saía os
domingos. O exemplar custaba 10 céntimos.
A súa dirección, redacción e administración estaba na "Rúa Real" (Alfonso Senra), sendo o seu administrador Guillermo Díaz, axente en Ordes da compañía de seguros "La Mutual Life".
Jaime Iglesias Rapela morreu 15 anos despois, en 1917.

No hay comentarios:
Publicar un comentario