sábado, 16 de junio de 2018

Crenzas populares (2)

AS SAGRADAS ÁNIMAS
  As ánimas (mellor as Sagradas Ánimas ou Ánimas Benditas -conviña aplacalas eloxiándoas ata no nome) eran outra das crenzas (e temores) máis arraigadas entre o pobo. Descríbeo xenialmente Elena Quiroga na súa novela "Viento del Norte":

  El temor a las ánimas afinca en el alma de todos los aldeanos. En la colecta de las parroquias, aprisa, vuelven aflojando la faltriquera, para depositar la moneda que, a buena hora, de no mediar el temor a lo sobrenatural, soltarían. Pasa el chiquillo, revestido con un alba arrugada sobre la deslucida sotanilla. Descarado y socarrón mueve el platillo canturreando con acompañamiento del sonido de las monedas: "Para las ánimas benditas". Las manos  se empujan para llegar antes. Don Antonio ha desistido de pedir para el culto y clero o para los pobres de la parroquia, porque entonces continúan impávidos sus feligreses, mirando para el altar, como si absortos en sus oraciones no oyeran al monaguillo que les reclama. Por eso, avezado al fin en el conocimiento de aquellos lugareños, Don Antonio ha dado la consigna: "Para las ánimas". Solo el nombre causa pavor, y se miran unas a otras, deseosas de que el momento pase. Sueltan la moneda aprisa, aprisa, no sea que las ánimas se venguen, y con ellas, la Santa Compaña ...

  As ánimas do purgatorio aparecían en forma de luces despois de que as campás tocasen por elas nas igrexas. Se unha persoa as vía, tiña que descubrirse (se era un home), persignarse e rezar coas mans unidas por elas.
  Por suposto preferían as igrexas máis apartadas nas cales as aparicións abundaban moito máis. Os cadáveres dos enterrados no adro, cuxa alma estaba no purgatorio, espertaban e subían ao campanario para tocar a misa de ánimas. Se estaban no inferno laiábanse con horribles berros. Normalmente, se eran vistas, pedían algún tipo de favor, algo que deixaron de facer en vida ou algo que lles axudaría a abandonar o purgatorio. Unha das peticións podía ser rachar o hábito do defunto de determinada maneira e baixo certas cerimonias, o que permitiría a este baixar ao inferno para cumprir a súa condena.

  Ademais dos fogos fatuos nos adros e as queixas dos defuntos berrándolle aos vivos, había veces que nas casa próximas chegaban a caer pedras polas chemineas e a través do tellado.
  Unha vez máis hai que apuntar que non todos os casos foron produto da imaxinación e que había moitas persoas bromistas que se divertían coa credulidade dos demais, sen descartar que nos casos de caída de pedras houbese tamén veciños que se levasen mal e aproveitasen a ocasión.

  Algúns tamén podían ver pantasmas de xente viva que ía morrer proximamente. Este tipo de procesión eran os xans. Para velos había que ser unha persoa moi especial que cumprira a condición de que no momento do seu bautizo se producira algún destes erros: que o padriño rezase mal o credo ou que o sacerdote confundira os santos óleos, usando os da extrema unción no canto dos do bautismo.
  Actualmente máis ben diriamos que a condición sería estar algo desequilibrado.
  Este caso deuse na miña familia, pois a miña avoa materna, Celia Candal Seijas, posuía esta habilidade. A miña nai contaba que, sendo nena, moitas veces ao chegar a unha encrucillada de camiños pedíalle que se apartase para deixar pasar ás pantasmas.
  Afortunadamente non herdei ese don!
Continúa en Crenzas populares (3)

No hay comentarios:

Publicar un comentario