ENTERRO DA SARDIÑA DO ANO DE 1936 |
|
O vinteseis de febreiro morreu a señora sardiña deixando ben repartido todo canto ela tiña.
Deixou patacas, millo e trigo muebles, louza e unha empanada e tamén deixou a burra casi toda escuartizada. |
Deixou un testamento firmado por dous testigos, son os que reparten a herencia e non queren que haxa líos.
Vamos a empezar o reparto que ningún se vaia enfadar que a todos lle deixou algo dos seus bes pa disfrutar. |
REPARTO |
|
A Veiras e ó Rosquilleiro que están aló no Paraíso deixoulle un anaco de rabo pra que fagan un bo giso.
Un anaco de embijo deixoullo a Barbeito e u outro anaco que queda hai que darllo ó Caseto.
Manuel de Veiras foi acompañado de Mirás a reclamar lle deixaran os cascos das patas de atrás.
E a Victorio deixoulle un pouco de trigo e cebada pa que fixese un bo pan pra repartir a empanada.
Un anaco dunha orella é pa Pedro de Monteiro e un cacho do fuciño para Antón do Remeseiro.
E a Segundo de Faya deixoulle unha pouca roña e un cacho de empanada á costureira Ramona.
A Vilas tamén lle deixou un aro dun caldeiro e un cachiño de lengua é pra Antón de Xan Ferreiro.
Deixoulle o seu camastro ó señor de Todavía e o que había no escusado a Escolástica a Eirina.
Para Casilda de Prado e pra Viuda de Astray unha gata medio pelada que heredou da súa nai.
Unha galiña choca tocoulle a Fernanducho e a mitá da rolada pra botica e pra Tucho.
Un ollo medio fendido é pro señor Latoneiro e un anaco de fíjado pra don Antonio Concheiro.
Hai que darlle a Toñito un pouco de corazón e para don Xacobo as rentas que lle deixou.
Para Pedro do Café e para o xastre Aller media arroba de patacas que repartan co Cuartel.
Para Ricardo Amor un anaquiño de óso e o testo dunha pota hai que darllo a Areoso.
Unha filloa ataniscada pro maestro Nicolás e un cacho de unto roído pra Moure que é bo rapás.
¿A donde levas Pegeiro o sombreiro encantador? é a herencia da sardiña pra Mosqueira o aviador.
Alá vai o señor Francos ca Lagorcia e a Portuxola, van repartir a herencia que lles deixou a difunta.
Pra Vasques da Espenica e tamén para Bernalda o pelexo todo do rabo, o pelo para Santa Clara.
Para Juanito da Fabera un pouco de excremento, meu irmau ti que queres, espérate un "momento".
Tamén é pro Latonero un cacho de pan e empanada e hai que darlle á Tarula un pouco de merendada.
Para Cándido Seoane un cachiño dunha teta e un cacho de fuciño para Carril e Loreta.
Para Pardo e pra Mirás e para Antón de Luis un anaquiño dun ollo e outro cacho de narís.
Pra Pilara de Vieites e pra Paco do Almacén un paquetiño de grasa e o rabo da sartén.
Para don Juan Liñares e pro veciño do lado unha ola chea de restos que repartan co Escribano.
Darlle ó Padre Benito un bo caldeiro de caldo e que coma amodiño que non vaia ó Veterinario.
Un pleito quela tiña con Manuel o afeminado deixou para resolvelo a don Manuel o "Doitado".
Pras señoras de Valdés e tamén po Fabricante un cachiño dunha venta e outro da man de diante.
Un anaco dunha pala é pra Pepe do Ferreiro e un pouco corazón para Juanito o Porteiro.
Un anaco dunha sien pra Raimundo do Rulé e o nervio dunha orella é pro amigo Malé.
Para Antonio Martínez unha libra de canelas e unha tripa ben grande deixoulla para Penelas.
A Pedro e a Antona que lle chaman os Vieites tamén lle quixo deixar hilera e media de dentes.
Un casco dun pé de diante foi pro panadeiro Ribacho e un anaco dunha venta para Juanito do Nacho.
Un anaco de pescozo foi para Ángel o Viejito e un óso dunha pata pra Adolfo o Manguito.
Un anaco dunha cacha para Picho e o Serrador, que non lle esquenza repartir con Recouso e o Ferrador.
Para o Ferreiro de Castro un anaco de cacheira e dúas ou tres moas que lles den ós de Veija.
Pro Lagoeiro do Recreo e tamén pra Vidala un pouquiño de pelexo pra facer unha ensalada.
Pra Marcelino de Conde e pra Carmen de Cachaza un poiquiño de bormo quela deixou nunha taza.
Un anaco dunha pala é para Andrés de Blanco e un cacho dun riñón que llo leven ó Estanco.
Deixou pra Luis da Fábrica un anaco dunha orella, tamén lle deixou ó Ramecho media libra de costilla.
Para o señor Abeijón e pa Pepa do Carteiro libra e media de carne e un óso a Lelo do Corbeiro.
Un bo anaco de testa para Regos o Ferreiro que vaia a repartir con Pedro o Maquieiro.
Unha rodilla de diante para Pazos e Rogelio e un cacho de bandullo para "Cristo" o Relojero.
A Mosqueira de Villaverde dúas libras de costila e pra Rejos do Casal solamente medi alibra.
Un cacho de piel da barriga pra Barreiro do Casal e o sentido da burra pro "Castromil" de Vilar.
Para a Fonda "da Paloma" un cabrito para asar para que o vaian a comer Antón da Fonte e o Xordo de Sar.
Pro Capatás das Casillas un cesto vello sin aro, e un cadeliño sin dentes para a Coxa do Balado.
A Remuiñán do Casal unha ben longuiña tripa e todo que tiña dentro pro Ribacho da Espenica.
A testa, un morro e outras cousas pa Agrupación Musical, o que a eles lles sobre pro Ferreiro do Casal.
Todos os desta parroquia que se quedaron sin nada que non se queden con pena que aínda hai pra unha fartada.
Pra que lle fajan bo enterro deixou un raxo e un riñón, queda todo el a cargo do creguiño don Ramón. FIN |
A Pachiro e a Rosario e tamén a Cancelada, pra que fagan unha festa un bo anaco de barbada.
A Pispa e ó Gorrión e tamén a Leonardo un anaco de bandullo que non se vaian queixando.
Ó Niquete tamén lle deron un bo anaco de falda e foille dar un cacho á señoriña Bernalda.
Tamén lle deixou ó Quinto unha canela enteira e o miolo de dentro vai pra Pepa a Monteira.
Un anaco dunha tripa e outro anaco de entreteto tamén llo hai que dar a Maroño e a Modesto.
A Golán e a Raposo deixoulle unha ferradura e a Chico e máis a Mingos unha pouca Lavadura.
Temén lle deixou á Pesca e máis á Latonera un anaco de empanada pra repartir con doña Estrella.
E a Dolores de Ramas unha pouca alegría e a Manuel de Mariño un óso e unha bacenilla.
E para o señor Domingo e tamén para Javierete non vos iredes queixando con un anaco de xarrete.
Un anaco dunha chambra é pro señor Secretario e unha fazula da cara é pra Juanito de Calvo.
Un cachiño de alegría pra don Domingo Moar, un sombreiro de catro augas pra Manolo o Capitán.
Pro Ayuntamiento do Pino donde era oficiala deixou dito que mandasen o señor Mariño da Fraga.
Unha patiña dun galo pros de Antonio o Zapateiro, a gorxa dunha galiña é para os do Vinculeiro.
Pra don Manuel de Carballo un pito algo marelo, unha pita media blanca pro maestro do Recreo.
Pra don Manolo de Correos unha pataca pelada e as pelas que sobraron pra Liñares da Calzada.
Pobre Pegeiriño ¿Seica non che deixou nada? Ai, deixoume unha tripa Pra min e pra Cancelada.
Unha botella de ribeiro foi xuntiña pra Parente meteixo de entremedario o Caballería de Gosende.
Para Manolo Astray e para Amigo o avogado un cachiño de riñón e un anaco de entrerrabo.
Un saquiño de carozos para Ramón de Vilar, que reparta co Pequeno e con Farruco do Sar.
Para Ramón o Mandayo e pra señora Levita un anaco dunha perna e que repartan con Rita.
Un cacho de óso marelo é para a señora Ruquiña, pra Vicente do Almacén un bo lote de murriña.
Un anaco dun riñón é pro maestro Pin Pan e un cacho de fazula hai que darllo a Julián.
Pra Manuel García Rivas un anaquiño de fel e unha pouca alegría pro Teniente Coronel.
Para doña Juana Soto e tamén pro Capitán unha pouquiña de falda e un casco pra Galán.
Pra don Ricardo Platas e pra botica de abaixo tamén lle quixo deixar un bo anaco de raxo.
Un bo anaco de nervio deixoullo ó Albardeiro e unha miaja dun ollo para don Julio Barreiro.
Tamén deixou pra Suares un anaco de colchón, outro anaco dunha orella é pa Pedro do Mesón.
Á nosa amiga Pepucha deixoulle un despertador e un cacho dunha pata tocoulle ó Banco Pastor.
Unha libra de óso sin carne para Pantiona e Pedrito e un anaco de pescozo hai que darllo a don Pepito.
Un anaco dunha ingle é pra Segundo o Barbeiro e un estribo da burra pra Ignacio o Carniceiro.
Un anaco de entrepeito deixoullo ó señor Mariño, enseguida foi o Notario que lle dera un pouquiño.
Tamén ó xastre Ponte deixoulle unha pouca crin, a basura do pescozo para Maruja de Pacín.
Tamén lle deixou a Teodoro e a Lucía a Costureira pra que non se vaian queixando unha pouca tripa cagadeira.
Pa Ventura e pa Martís un anaco de atefal e unha pouquiña de gorxa para o Toco e para Uzal.
Unha das ferraduras hai que darlla ó Carteiro pra que faga un talismán e llo venda ó Cartuxeiro.
Unha poiquiña queixada é pra Manolo da Ponte e unha teta de burra é pro veciño Vicente.
Para Juanito de Lopas e Ramón o Relojero un anaco de espiñazo e outro cacho pro Perrero.
Dúas ou tres patacas son pra Checho o Barbeiro e un anaco de empanada hai que darlla ó Churrero.
Para Moncho de Abeijón e tamén pra Laureano a bodega chea de viño que ten cosecha do ano.
Libra e media de tripas pra Xaquina e pra Ramón e un anaco de pelexo pra o señor Antón de Simón.
Para Antonio o Cotovío e Joaquín o Carpinteiro os zoquiños da difunta, unha media pra Barreiro.
E para Antonio Rivas outro caho atafal e toda a tripa mainiña para Martís do Casal.
E para o amijo César unhos lentes de cristal para que llos vaia probando ó Catro Ollos do Sar.
Pra don Julio e don Pastor de alegría libra e pico, un pelexo dunha lebre é para o amijo Lelico.
Pra Viqueira do Casal media ola de viño tinto pra facer unha festa el, García e máis Chinto.
A Viqueira de Vilar tamén lle deixou aljo, un pucheiriño de barro e unha estrepia para Jajo.
Pro Barreiro da Fraga e Carballido do Piñeiro un óso do espiñazo que hai que coller cun angazo pra botar no pucheiro.
Pro "Heraldo" e pra "Linterna", un anaquiño de perna, outro anaco dunha man polas noticias que dan.
E si algún que proteste porque sin nada quedou pro ano se lle dará polo menos doble ración.
Chámase un testigo OINOTNA que firma con boa man e acompáñalle outro que lle chaman OÑORAM. 26 febrero de 1936 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario