* Cerro: A mellor parte do liño, unha vez tascado, que se separa da estopa e que se usa para facer o lenzo.
martes, 29 de mayo de 2018
Visións de Ordes 1919-20
* Cerro: A mellor parte do liño, unha vez tascado, que se separa da estopa e que se usa para facer o lenzo.
domingo, 27 de mayo de 2018
O Cruceiro de Ordes


cruceiros
de Cerceda
|
cruceiros
de Frades
|
cruceiros
de Mesía
|
cruceiros
de Oroso
|
cruceiros
de Tordoia
|
cruceiros
de Trazo
|
martes, 22 de mayo de 2018
A voltas co reloxo
AL ALCALDE DE ÓRDENES |
|
Mi estimado Alcalde, mi querido amigo: de esa hermosa villa me escribe un vecino, todo acongojado, todo entristecido, porque dice que hace muy cerca de un siglo que ese reloj público ha enmudecido, y además se encuentra todo paralítico. No toca, ni anda; siempre está lo mismo, muy grave, impertérrito, marcando las cinco, y de ahí no sale ni con cuatro tiros. Y, lo que me dice el triste vecino: un reloj de torre, que no da ni pío, y a mayor desgracia, se encuentra tullido, ¿para qué demonios sirve el pobrecillo? Hombre, se comprende que si el relojito fuese, tan siquiera, un objeto artístico, se le exhibiese, de un modo continuo, a los forasteros, que al verlo en su sitio, dirían, pasmados, -¡Caray!.. ¡Qué bonito! ¡Lástima que sea tan delicadillo!.. Yo, señor Alcalde lo contrario opino |
Ese reloj público es un simbolismo. Así ser debieran todos los políticos: firmes, inmutables, de ideales fijos, sin cambios ni cálculos acomodaticios, siempre imperturbables, y en el mismo sitio, cual las manecillas de ese relojito. Señores, me asombra su eterno mutismo, su férrea firmeza clavada en el disco. ¡Ni una "campanada"! ¡ni un nervio movido! ¡siempre inalterable marcando las cinco, así caigan chuzos y rayos benditos! Eso, amigo Alcalde, ¡es un heroísmo! ¡Qué reloj tan noble, mi querido amigo! Hombre, una ideíca que se me ha ocurrido. Mande el reloj ese a un museo antiguo y ponga otro nuevo en el mismo sitio. Así ganan todos, el Museo artístico, el recuerdo histórico, y ese distrito. ¿Hace la "ideíca"? Pues, con su permiso, saludo, me ofrezco, y al fin me retiro. PIFARTOS |
domingo, 20 de mayo de 2018
1919-20: Resaca da Gran Guerra
En xaneiro de 1919 a empresa Castromil, que o ano anterior comezara as viaxes de Santiago a Pontevedra, inaugura a súa liña Santiago-Coruña. Os castromiles desde 1924 serán os dominadores da principal estrada da Galicia atlántica.
A cidade da Coruña sufriu a desaparición do seu maior referente no campo do lecer e a cultura: o moi recordado Pabellón Lino, que comezara a súa andaina no 1906, queimouse completamente en 1919, un ano despois da morte do seu fundador, o empresario Lino Pérez.
E en Ordes, concello no que vivían 7.600 almas, nada cambiou a nivel político. Saturnino Aller seguiu mandando placidamente a pesar de que os conservadores día tras día anunciaban a súa caída inminente. A repetición de eleccións só conseguía que o deputado Alfonso Senra viñese máis a miúdo ao distrito.

* Dolores Platas Piñeiro: irmá da mestra de Montaos Francisca Platas Piñeiro (m.1937) e muller de Ricardo Trasmonte Mosquera, dono da taberna e fonda "La Pinta". Foron pais de Ricardo e Rosita Trasmonte Platas (m. 1977 na Coruña).
viernes, 11 de mayo de 2018
Crenzas populares (1)
A ESTADEA
martes, 8 de mayo de 2018
A familia Abeijón
*
O dómingo 6 de xullo de 1954
a negra sombra visitou Negreira. Sinalou ao mozo ordense
de 24 anos José Abeijón Amado, mecánico que estaba nesa vila co seu tío
-tamén chamado José Abeijón-, alcalde do concello, traballando na empresa Naviera Compostelana. Aquela tarde fatídica,
despois de comer, decidiu ir bañarse no Tambre. Ía acompañado dun neno de 11
anos que quedou na orilla. Este viu impotente como José pedía auxilio ata
desparecer baixo a auga. Avisou a uns veciños pero xa nada se puido facer. Para
maior desesperación da familia o cadáver pasou dous días na auga ata ser
recuperado o martes día 8 polos buzos da Xunta de Obras do porto da Coruña.
O seu enterro foi un das maiores
manifestacións de dó da época con practicamente todo o pobo de Ordes esperando
a chegada do seu cadáver na ponte. Logo acompañouno ao cemiterio do Piñeiro en silencio. Desde a casa de Rogelio, a súa moza, unha inconsolable
Encarnación Prado xunto co seu pequeno fillo Carlos en brazos, viu entrar a comitiva na última morada e contan que os asistentes podían oír os seus xemidos a pesar da distancia.
Parecía como se unha maldición pesase sobre
esa familia, porque o seu irmán pequeno Antonio morrera tamén afogado anos
atrás no regato Mercurín. Ramón, máis coñecido como Kilé, o irmán sobrevivente nunca máis se volveu a bañar nun río e pasou dos 90 anos de idade, así que todo é posible.
|
domingo, 6 de mayo de 2018
Sindicatos agrarios católicos
martes, 1 de mayo de 2018
Entroido de 1918
Teresa e Balbina Iglesias eran dúas irmás súas. A fermosa Teresa comprometeuse por esas datas co adiñeirado mozo de Carballo Marcial Rodríguez, que tamén estaba nesa festa. A voda celebraríase en xullo.
Probablemente Pedro del Río Caramelo, propietario e fiscal, que casou en 1922 Con Manuela Calviño Fraga coa que tería 5 fillos. Militaría en Izquierda Republicana e sería 1º tenente na corporación local durante a época republicana o que lle custou unha condea a cadea perpetua, pero en 1941 obtivo a liberdade provisional e en 1942 a definitiva.