Os Amado son
outra das numerosas familias ordenses que viñeron de Noia. Dese concello era o zapateiro e logo rico comerciante Antonio Amado Amado (1869-1934). que se instalou no que
hoxe é Alfonso Senra 34 (onde agora está o bazar do chino Hongy Zhang). O seu comercio competía co de Mariño na Rúa dos
Lagartos por ser o máis grande e importante da vila.
Casou con Josefa Ferreiro
Franqueira (1871-1958), dos Ferreiros do norte, coa que tivo 8 fillos:
Carmen, Esclavitud, Manuel, Dolores, Aurora, Mariano, Jesusa e Concepción.
Como os dous únicos fillos varóns emigraron, hoxe apenas quedan restos do apelido no concello de Ordes.
Como os dous únicos fillos varóns emigraron, hoxe apenas quedan restos do apelido no concello de Ordes.
Carmen Amado (1894-1942) levou a tenda xunto
aos irmáns ata a súa morte aos 48 anos, logo quedou en mans da segunda irmá, Esclavitud (1896-1986),
a máis lonxeva da familia. Cando Mariano e ela separaron os camiños, construíu
unha casa en Alfonso Senra 47 onde instalou unha mercería.
Manuel Amado emigrou ao Uruguay e Dolores
(1900-1936) que non casou, igual que as súas irmás maiores, morreu nova aos 36
anos antes do comezo da Guerra Civil.
Aurora casou en 1924 con Ramón Abeijón Sánchez (da familia Abeijón tamén con orixe noiesa) que era funcionario no Concello e
con quen tivo 4 fillos: Aurora, Ramón, José e Antonio.
Sucedéronse os infortunios nesta familia:
morreron Aurora (1937) e Ramón (1948), así que os seus fillos foron acollidos
pola avoa Josefa Ferreiro. Antonio,
o máis novo, morreu afogado no Regato Mercurín e logo José, mecánico que estaba en Negreira, cun tío seu que era alcalde
alí, tamén morreu afogado no Tambre. Aurora
(1926-2013) viviu logo coa súa tía Esclavitud e fíxose cargo da mercería. Casou
xa maior cun camioneiro ourensán, Valentín Gónzalez Rodríguez.
Ramón
Abeijón Amado (1927-2021), o moi coñecido Kilé, tamén foi oficial do concello como o seu
pai. Casou con Carmen Casas Regos coa que tivo tres fillos, Juan de Dios, José
Ramón (ambos os dous morreron de nenos) e Juan Francisco Abeijón Casas que
herdou o alcume do pai, tivo un famoso pub nos anos 80-90 e logo iniciou o seu
traballo na radio municipal.
Mariano (1909-1980), levou o comercio xunto con Esclavitud.
Casou con Nieves Señarís Bello (1922-2009)
e rematou por establecerse en Santiago (na Algalia de Arriba 33 onde montou un
ultramarinos), aínda que durante moitos anos a familia seguiu vindo veranear a
Ordes.
O seu fillo maior, Tonecho, estudou medicina
e exerceu no Hospital Universitario Marqués de Valdecilla en Cantabria. O 2º
fillo, Santi, estudou químicas e foi un dos fundadores nos anos 70 da
asociación cultural "O
Terruño". Mariano viviu a vida e Nieves, a menor, é profesora de
secundaria.
Os terreos onde había unha tenda de viños, a
casa e tenda principal e un almacén onde se gardaba o sal (que naqueles tempos
se despachaba a granel) remataron sendo vendidos a Iglesias, Casas e Benxamín que construíron o
actual edificio no que se atopa o bazar chino e outros comercios. Caxide comprou os terreos adxacentes (o que hoxe é o 26-28) aos herdeiros do Latoneiro.
Jesusa (1914-1994) casou co tratante de gando José García Freire Pepe
de Betanzos (1905-1988) co que montou a gran carnicería que lindaba
coa igrexa (Alfonso Senra 99). Tiveron 6 fillos: Mª Carmen, Rosa, José, Elena,
Julio e Mª Jesús.
O terceiro, Pepe, foi o que continuou coa
carnicería. O quinto, Julio, tamén é moi coñecido por ter sido director da
sucursal en Ordes do Banco del Noroeste.
Concepción Amado (1914-1994), a irmá máis
nova, casou co tratante de madeira José
González Insua Pepe de Cambre (m. 1969) con
quen viviu en Alfonso Senra 69. Tiveron dous fillos: Cristina (que reside na
vila) e Roberto González Amado, catedrático de física e escritor, tanto de
libros técnicos como de novelas ("Los
dioses que no podían serlo" e "Azar
y cenizas").
No hay comentarios:
Publicar un comentario