Vilaverde
é unha aldea dunhas 15 casas que está a uns 1.300 metros ao
noroeste da vila de Ordes. A pesar do seu pequeno tamaño alí naceron personaxes
como Manuel
Lois (o soldado Lois) ou Manuel Viqueira
(o gaiteiro de Vilaverde) e máis recentemente
o inclasificable Manolo de Xaniño.
Alí naceu
tamén obviamente o apelido Villaverde que na actualidade é levado por case 400
persoas no concello de Ordes. Outro apelido con destacada presencia na aldea é
Mosquera (máis de 500 portadores en Ordes). Estas dúas familias, os Mosquera (na
fala é máis habitual usar a forma galega Mosqueira) e os Villaverde, tiñan
moitas terras e padeceron unha gran endogamia cruzándose entre si moitas veces
para aumentar as posesións.
O primeiro Mosqueira en Vilaverde foi Antonio Mosquera Bermúdez (1815-1883) procedente da Pedreira (Leira) que casou con Ángela Agustina Carballido Liñares (1811-1892) dunha rica familia de Vilaverde. O herdeiro, Francisco Mosquera Carballido (1837-1919), casou con María Barreiro del Río (1844-1918) do lugar de Campomaior -onde está o colexio-. O matrimonio tivo entre 1865 e 1885 oito fillos: Ángela, Mª Josefa, Manuel, Antonio, Manuela, Dolores, Cándido e Generosa.
Ángela (1865-1941) casou con Pedro Villaverde do Piñeiro, Manuela (1875-1955) co pai de Fernanducho e Generosa (1885-1977) con José Barreiro Recouso (1888-1963) o patriarca dos Barreiros do Casal. Maripepa (1868-1942) e Dolores (1879-1939) quedaron solteiras.
Antonio (1874) morreu con poucos meses, Cándido (1882-1955) foi durante moitos anos sacerdote en Abellá onde comprou bastantes terras que, á súa morte, volveron á familia. Finalmente Manuel Mosquera Barreiro (1871-1938), o maior dos varóns, herdou a casa paterna e foi o patriarca dos Mosqueiras do século XX.

Manuel casou con Mª Josefa Villaverde Gómez (1874-1933), unha moza da Espenica, coa que tivo 9
fillos: Manuela, Francisco, Ángela, Manuel, Cándido, María, José, Dolores e Mª Josefa
Mosquera Villaverde.
A maior, Manuela
(1894-1952), bautizada cos apelidos da nai por nacer antes do matrimonio, casou en 1914 con Manuel Villaverde Mosquera, curmán seu (era fillo de Pedro Villaverde e de Ángela Mosquera) dunha familia rica do Piñeiro -unha irmá estaba casada co empresario de obras
públicas Pedro Pardo Fandiño-. Con el tivo catro fillos -o máis coñecido Pedro
do Piñeiro- e logo, cando enviuvou, tivo unha filla con Antonio Ferreiro (un dos fillos de Antón de Xan Ferreiro).
María (1896-1959) casou con José Villaverde dos Veiras da Espenica (irmán de Manuel, o pai das Veiras dos Lagartos) e tiveron sete fillos.
María (1896-1959) casou con José Villaverde dos Veiras da Espenica (irmán de Manuel, o pai das Veiras dos Lagartos) e tiveron sete fillos.
Francisco
(1896-1977) foi o que herdou a casa familar que hoxe segue en mans dos seus
netos. Ángela (1899-1988) quedou
solteira pero tivo un fillo, Manuel (vendedor de patacas), que xa morreu.
Manuel (1900-1959) traballaba
na Eléctrica de Fernanducho, ao igual que o seu fillo Suso, que morreu nun
transformador do Mesón do Vento en 1957. O seu neto varón, Jesús Javier Reboredo Sito, é enxeñeiro técnico agrícola e guitarrista da banda Kastomä.
Cándido
(1904-1992) casou cunha veciña, Milagros. Segundo os cotilleos locais non
estaba moi convencido e foi ameazado polo seu sogro "Monte". A súa
filla, Josefa, casou con José García
Amado, fillo de Pepe de Betanzos, o da
carnicería do lado da igrexa.
José
(1909-1991) foi policía en Madrid. Parece ser que cando estaba en aduanas facilitou o exilio a varios guerrilleiros condenados. Dolores
(1912-1979) tivo un fillo, Roberto (1936-2023), de solteira. Ao igual que Ángela, vivían na
casa principal antes de facer as súas.
A última, Mª Josefa (1915-1995), casou co perito Benjamín del Río (nacido no
Mesón de Deus) e tiveron unha ampla familia. Todos os fillos estudaron, en
parte grazas as propiedades dela.
FONTE: Julio Lino Mosquera Ríos
No hay comentarios:
Publicar un comentario