Nado en Buscás no ano 1945, Euloxio Rodríguez foi o primeiro fillo do matrimonio formado por Manuel
Rodríguez e Francisca Ruibal. A familia trasladouse a vivir a Santiago (á rúa
Algalia de Abaixo) cando el era pequeno xunto coas súas irmás Mercedes e
Carmen, pero sempre reivindicou o nome de Ordes.
Pronto destacou como escritor, especialmente de obras de teatro, aínda que a
súa actividade literaria abrangue tamén a narrativa, o ensaio, a poesía e o
cine. Na
actualidade é profesor asociado da
Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén foi arquiveiro-bibliotecario desde o ano 2010 ao 2013 da
RAG, institución á que pertence desde marzo de 2005.
Entre os premios que ten recibido figuran o Abrente (1973 e 1975), o Álvaro Cunqueiro (1989) e o Valle Inclán (2005).
Se vos interesa, podedes ver unha biografía máis ampla no seguinte enlace: Euloxio R. Ruibal.
Entre os premios que ten recibido figuran o Abrente (1973 e 1975), o Álvaro Cunqueiro (1989) e o Valle Inclán (2005).
Se vos interesa, podedes ver unha biografía máis ampla no seguinte enlace: Euloxio R. Ruibal.
O 21 de marzo de 2013 o PSOE local propuxo nun pleno darlle a unha
rúa o seu nome, proposta que foi aprobada por unanimidade. Como anécdota, a
concelleira Silvia Marín (man dereita de Regos) entregoulle a cada membro da
corporación un exemplar do poemario "Caderno
de Ordes" editado había pouco pola editorial Toxosoutos.
O 24 de abril -Día do Libro- do ano
2013 foi o día escollido para a ceremonia. O propio escritor, xunto á
súa nai e ao alcalde Manuel Regos, descubría a placa na que ata ese momento se
coñecía como "Rúa Tras o campo da feira", despois de ter unha
sesión de contacontos na Biblioteca Municipal.
Foi a última rúa da vila en
ser inaugurada ou cambiada de nome ata o 2020, ano no que a parte norte da Rúa Nova comezou a chamarse Ramón Carro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario