Unha vez máis este castro demostra o
continuismo da poboación galega ao longo da historia porque localízase a menos
de 400 metros
ao nordés da igrexa parroquial de
Santa María. Este é o motivo de que habitualmente se lle chame castro de Beán, a pesar de que na
parroquia hai outros tres castros máis. É coñecido oficialmente como castro de
Fonte da Viña, aldea da que dista uns 300 metros.
Está situado nun outeiro bordeado na súa
ladeira norte polo rego de Ulloa. Ao norte do
rego hai unha zona de leiras ata a pista que vai a Fonte da Viña. Ao sur hai
unha estreita franxa de brañas e logo unha gran masa de arboredo que cobre todo
o castro e unha ampla zona circundante. Como é habitual, a gran cantidade de
maleza fai practicamente imposible distinguir o castro ata chegar á croa. Esta,
completamente circular, como podemos apreciar no plano lidar e no mapa de
pendentes, debe estar entre os 70-80 metros de diámetro. Está rodeada por un
parapeto duns 6 metros
de altura que podería chegar a 12 metros de ancho na parte mellor conservada
da metade leste, pero está rebaixada gradualmente na zona oeste. Un foso, que
rodea o castro en todo o seu perímetro, complementa a defensa do parapeto, pero
está moi alterado e case desaparecido no sector suroeste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario