Os Carballido son unha das máis antigas
familias de Ordes. Xa a finais do século XVIII sabemos dun colono de Vilaverde
chamado Domingo
Carballido (1730-1809) que debía pagar 6 ferrados de trigo anuais ao
conde de Altamira e outros 16 a
D. Antonio Mª Osorio y España. Casou con
Dominga Villaverde (1732-1795) -os Carballido e os Villaverde emparentarían
varias veces máis- e foron pais de Gregorio Carballido Villaverde (1753-1809), que
polo seu matrimonio con Josefa del Río García (?-1810) sería o proxenitor dos
Carballido del Río. Antonio Carballido del Río (1788-1859) casou con
Úrsula Liñares García Urcela (1788-1853),
procedente de Santa Mª de Arcai, coa que tería polo menos 10 fillos: os Carballido Liñares.
O máis notable sería Juan Ildefonso Carballido Liñares (1814-1879) sacerdote na parroquia de Castriz
(Sta Comba), coengo da catedral de Lugo e finalmente da catedral de Santiago en
cuxo claustro está soterrado. Ángela Agustina (1811-1892)
casaría con Antonio Mosquera Bermúdez de Leira e deles descenden os Mosqueiras de Vilaverde. María (1823-?)
casou con Jacobo Calvo de Pereira.
Rosa Carballido Liñares (1828-1906) viviu co
sacerdote porque non casou pero aínda así tivo dous fillos: José Mª Carballido
Liñares (1854-1919) o boticario -en Vilaverde chamábanlle
"buticario"- que abriu a farmacia de arriba, casou con Sofía Pol, e
sería o sogro de Santiago del Río Seoane (patriarca da familia del Río), e Manuel Carballido Liñares (1865-1931),
mestre en Vilasantar, Sésamo, Paderne... que casaría e morrería en Ourol
(Lugo).
Benita Carballido Liñares (1809-1848) casou con Pedro Villaverde del Río e
sería a matriarca dos Villaverdes do Piñeiro.
Os outros irmáns foron Francisco, Salvador, Agustina,
Juana e (outra) María. Quizais os Carballidos do Piñeiro procedan de Francisco, pois Salvador morreu sendo neno.
A aldea orixinal do Piñeiro constaba de 3
casas: a de Gomes a carón do lavadoiro, e as de Carballido e Pedro Villaverde
-familias emparentadas- ao outro lado do lavadoiro.
O patriarca dos Carballidos foi Manuel Carballido
Conde, casado con Josefa Franqueira Fernández (m.1936). Nesa casa
tamén viviu un irmán de Manuel, Juan Carballido Conde (1872-1952) que chegou a
loitar na guerra de Cuba e que morreu solteiro.
O matrimonio formado por Manuel e Josefa
tivo polo menos catro fillos: Jesusa, Andrés, Carmen e Ángela Carballido
Franqueira.
Jesusa Carballido Franqueira (1905-1965) casou en 1934 co
mozo procedente de Leira Ricardo Couto Boquete Ricardo
do Monte (1910-1980) e viviron no Piñeiro. Só tiveron unha única filla,
Dolores, casada en 1961 con José Feijóo Álvarez que morreu moi novo aos 37 anos.
Ricardo foi concelleiro e o principal responsable do nacemento do barrio do
Piñeiro pois vendeu as propiedades da súa muller como soares.
Andrés Carballido Franqueira (1908-1982) foi o que quedou
na casa familiar. Casou con Dolores del
Río Pena (1916-1999) coa que tivo 4 fillos. Un, Manuel, morreu moi novo.
Os outros tres foron Juan, que emigrou a Asturias, Carmen e Jesusa. Esta última
casou con Andrés Amor (1937-2000) de Castrelos (Leira).
Carmen Carballido
Franqueira (m.1974) casou con Juan
Ferreiro del Río (m.1971), un dos moitos Xanferreiros.
Tiveron 6 fillos: Elisa, Dolores, Carmen, Elena, Josefa e Antonio. Elisa casou
con Florentino Amor, Carmen con Jesús Corbelle Chacho,
Elena con José Martínez Martínez de Merelle, Josefa co Ramecho Terete e Antonio o
barbeiro, herdeiro dunha das máis antigas casas da vila, con María Recouso,
filla de Jesús Recouso Noya e de Jesusa Souto Ríos do Balado.
Ángela Carballido Franqueira (1911-1968) casou con Juan
Fernández Rey o Capatás -era capataz de
legoeiros- (1909-1998), dos Fernández das Casillas. Tiveron dúas fillas, Francisca e Jesusa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario