Grazas á hemeroteca podemos coñecer algúns
personaxes (polo menos o seu nome) que viviron nos anos 80 do século XIX en
Ordes.
Especialmente útil para iso é o "Anuario del comercio, de la industria,
de la magistratura y de la administración" (que me foi enviado por
Carlos Calvo). Esta publicación traía unha relación de personaxes dos distintos
ámbitos, aínda que -cousa comprensible- algúns figuraban con erros nos apelidos
ou con eles cambiados de orde.
Na imaxe de abaixo podedes ver unha relación
de nomes do primeiro anuario, o de 1879, ano en que Ordes tiña 5.827 habitantes.
Segundo o anuario de 1881 Ordes tiña 6.017 habitantes e o alcalde era Ángel del Río Castro, irmán de Antonio del Río, o cacique do distrito. Volvería a ocupar o posto despois dunha paréntese de 4 anos (de 1882 a 1885 o alcalde foi José Barbeito e o tenente Benito Veiras).
En 1883 e 1884 aparece como secretario do concello Saturnino Aller (tamén figura nas relacións como un dos avogados na vila), o futuro cacique.
En 1883 e 1884 aparece como secretario do concello Saturnino Aller (tamén figura nas relacións como un dos avogados na vila), o futuro cacique.
Neses anos houbo varios xuíces como Justo Fernández, Modesto Bolaño e outro persoal que non botaba moito tempo na vila.
Aparecen tamén nos 80 Laureano Iglesias (rexistrador interino en 1885) e Vicente Stolle Álvarez (avogado e xuíz municipal no 1885), que supoño era o pai de Pastor Stolle (futuro encargado de Correos e Telégrafos e sogro do alcalde Juan Liñares Castro). Laureano Iglesias Rodríguez (cos apelidos cambiados), avogado compostelán, tamén sería deputado provincial e desde 1883 escribán do xulgado. Estaba casado con Manuela Álvarez Freire, que morreu no ano 1882.

José Patiño Lodeiro (cos apelidos cambiados) figura como secretario do xulgado e notario. Eulógio Patiño Pérez (igualmente cos apelidos cambiados), que foi o patriarca da familia Patiño, figura tamén como secretario do xulgado. Por suposto podemos ver a Florencio Pol Ramos (notario e
famoso curandeiro, patriarca da familia Pol). Os alguacís en 1885 eran Benito Rivero Otero e Antonio
Mariño.
Entre os procuradores figuran o fradense Juan Carnota Calvo (1830-1905), pai do xornalista Vicente Carnota, e Policarpo Rivas.
Entre os procuradores figuran o fradense Juan Carnota Calvo (1830-1905), pai do xornalista Vicente Carnota, e Policarpo Rivas.
Este último, Policarpo Rivas Godoy (m. 1917),
foi un personaxe importante pois tamén ostentaba o cargo de presidente do
Comité do Partido Conservador no distrito. Pai de dous avogados, Policarpo
Rivas Durán (m. 1890), Juan Manuel (m. 1906) e dúas fillas, María, casada co avogado José Iglesias Álvarez (m. 1918), e Adolfina que casou con Ricardo Amor del Río.
Doutro matrimonio tivo a Ricardo Rivas Marzoa, secretario de Cerceda e recadador de impostos, Luis que para variar foi médico en Cerceda e casaría en 1910 con Teresa
Liñares Iglesias (da familia Liñares), e Clara que casaría con Manuel Astray Mato.
En 1886 tamén aparecía como procurador Carlos Pol Caamaño,
fillo de Florencio. Os dous anos seguintes sería escribán do xulgado e desempeñaría outros cargos ata que se trasladou á Coruña en 1899 (e varios anos despois a Arxentina).
Nos postos de secretario e administrador de correos estaban Juan e Nicolas Troche. Os Troche foron unha familia importante en Ordes: habería varias irmás mestras (Elvira deu clase en Mercurín 30 anos!), Carlos (m.1958) foi veterinario municipal na Coruña e dono do Salón Troche, e Antonio foi recadador de impostos.

Entre os comerciantes e industriais podemos
ver a José
Veiras Camba, o patriarca dos Veiras de Pardiñas, Manuel Álvarez
(posiblemente Manuel Álvarez Valdés), Manuel Astray López (o 1º Astray
en Ordes), Juan
Barreiro (que tiña unha tenda fronte á igrexa) e Ramón Calvo
Vieites (o patriarca da familia Calvo). O propietario da farmacia de arriba era desde 1880 José Carballido, bisavó dos Carrasco del Río. Desde 1883 sería durante uns anos a única da vila ata que os Álvarez abriron a de abaixo.
Ah! Segundo o anuario de 1886, Ordes tiña 5.959 habitantes (baixara con respecto aos anos anteriores).
Ah! Segundo o anuario de 1886, Ordes tiña 5.959 habitantes (baixara con respecto aos anos anteriores).
En 1890 no xornal La Voz de Galicia podemos ver as persoas que estaban inscritas nunha excursión a Rodís organizada pola "Sociedad de Excursionistas Científica de Órdenes". Eran: Joaquín Doménech Costa, Juan
J. Durán Iglesia, Eulogio Patiño Pérez, Julián Castro Míguez, Narciso Domínguez
Álvarez, Manuel García Bermúdez, Policarpo Rivas Godoy, Juan Carnota Calvo,
Florencio Pol Ramos y España, Carlos Pol Caamaño, Pedro del Río Castro, José
Carnota Pérez, Jesús Santaló Villar, Manuel Ruano Bello, José del Río Martínez,
Manuel Martelo Doménech, Manuel Ruiz, Antonio del Río, Angel del Río, Celestino Amigo, Juan J. Vecino, Joaquín Castro, Augusto Barreiro (pai), Augusto Barreiro
(fillo), Antonio Veiras, Manuel Rivas, Leoncio Limeres, Manuel Iglesias Rapela,
Juan Liñares, Gumersindo Liñares, Gerardo Mª Fernández, Manuel Gómez e Félix
Ruano. Moitos non eran de Ordes.
Tamén nos anos 90, concretamente en 1892, aparecen nunha publicación Fernando Liste, o pai de Fernanducho, e Rosa Vieites a quen lles foron expropiados terreos para o campo da feira, os actuais parques municipais. Ademais a Pedro Vieites queimóuselle a eira en 1893.

De 1888 a 1892 o xuíz de 1ª Instancia foi Pedro Castán Trallero que era sobriño do maestro de capela da catedral compostelá Juan Trallero Palmer (m.1891).
O párroco de Leira don Constantino Iglesias López era o arcipreste de Berreo en 1890. O párroco de Ordes era don Manuel Bermúdez (o que fixo construír a igrexa parroquial actual) pero morreu repentinamente en xaneiro de 1891. O seu sucesor, don Manuel Vázquez Amarelle, tampouco durou moito e morreu en febreiro de 1894.
Outro personaxe importante foi o
mestre Julián
Castro Míguez (m.+-1902), casado con Carmen Amor Ochano. Este matrimonio
serían os pais dos irmáns CASTRO AMOR. Houbo tres varóns: Joaquín, José (m.30-11-1913)
e Cándido (m.1-5-1936).
Joaquín Castro Amor (n.3-7-1864)
sería médico de Trazo e morrería en Benza en 1932. Do seu matrimonio con Ascensión Amor del Río nacerían
Lisardo e Amparo, ambos os dous tamén cos apelidos Castro Amor.
Tamén houbo unha gran cantidade de mulleres,
a maioría mestras. Foron Carmen, Leonor, Carolina, Isabel, Mercedes e Pastora
Castro Amor. Espalláronse por varios lugares e algunha non casou. Carolina (m.9-5-1935),
con problemas mentais, ingresou en Conxo onde morrería no ano 1935. Isabel
Castro Amor (1868-1934) que foi
mestra de Buscás, casada con Manuel
del Río Rúa (m.1908), sería a nai dos irmáns del Río Castro.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario