O sábado 19 de marzo de 1932 tivo lugar un partido
entre o Órdenes e o Deportivo Carral que xa arrastraban unha gran rivalidade. Segundo La Voz de Galicia o Carral foi
recibido con pitos pola hinchada local. Comezou o partido ás 4 da
tarde e o Carral dominou todo o primeiro tempo, pero logo ... "Gracias al desconocimiento de lo que es
arbitrar [..] los de Órdenes consiguieron la victoria por dos a uno, después de
consentir que se dedicaran a la caza del hombre con toda clase de alevosías. Es
una pena que salgan a arbitrar señores que no tienen nociones de lo que es esto".
Curiosamente no mesmo xornal hai outra reseña
do partido, 4 días despois da anterior, onde menciona que "Durante todo
el partido dominó el Órdenes quien tuvo embotellado al Carral" e non
fala de incidentes de ningún tipo. Está claro que os
dous correspondentes non viron o mesmo partido.
Xa no verán (o 22 de xuño) nun partido contra o Carballo ao que derrotou por 0-3, o correspondente expresa unha paradoxal opinión: "Aún cuando ganó el Órdenes el Carballo realizó un juego más práctico (?) y de mejor cohesión, mereciendo ganar, cosa que no ha conseguido, por la desdichada labor de su portero y la parcialidad del árbitro que perjudicó en todo momento al equipo local".
Tamén había tempo para os partidos amigables. O xoves 26 de maio no
Laranxal houbo un entre o Barrio de Arriba e o de Abaixo arbitrado polo
colexiado Tucho que acabou en merenda. No Barrio de Arriba reforzado polos veteranos
Antoñito* e Malé de Calvo (que era o capitán) formaban: Gerpe, Celestino,
Eliseo, Amor, Trompa, Benigno, Titoba, Pampero* e Mariano. No Barrio de Abaixo
reforzado polos veteranos Fernaducho, Manolo Mariño (porteiro) e Ezequiel (o
capitán) formaban tamén: Julián, Mundito, Cacheno, Paco Mariño, Luis, Louro, Ángel
Mariño e Conejo.
O 29 de maio, volvendo aos partidos oficiais,
o Órdenes masacrou ao Sigüeiro por 10-1. Na primeira parte xa acadou tres goles
pero na segunda "embotellou" totalmente ao equipo rival que só logrou
un solitario gol de honra. A formación do Órdenes era: Pali, Eliseo, Chacheno;
Louro, Luis, Pepe, Pedrín (1 gol), Paquito (1), Segis (5), Paco (3) e
Marculeta.
As novas sobre fútbol non acabarían aquí: en
outubro de 1932 nace un novo equipo na vila, o "Progresista", moitas veces chamado Progresista Infantil.
Estaba composto por Galán, Moncho, José Mª,
Olimpio, Alfredo, Suárez, Amador, Paco, Pedro, Joaquín e Manolo, sendo o
adestrador Segundo* Viqueira. O presidente honorario era o ex-alcalde Manuel García
Rivas, o presidente efectivo e ademais tesoureiro Julián Marcos Arenas, o secretario Ramón Galán e os vogais Olimpio Liñares,
Joaquín Verea, Ramón del Río, Manuel Fuentes e Alfredo Calvo.
Segundo El Ideal Gallego o seu primeiro
partido sería o 2 de outubro pero non temos información sobre o resultado. Si
sabemos doutros varios que xogaron despois.
O 1 de novembro xogou contra o Mercurio FC de Santiago no Laranxal e
perdeu por 2-3. A
súa formación foi: Policarpo, José Mª, Café, Olimpio, Concheiro, Joaquín,
Enrique, Alfredo, Pedro, Chucho e Amador.
En xaneiro de 1933 xogaron cun equipo de Carballo ao que derrotaron amplamente. A semana seguinte enfrontaron ao "Arenas del Tambre" de Negreira e aplastárono cun 7-0, cousa que non impediu que logo ambos os dous equipos o celebraran amigablemente no Bar Liñares, invitados por Julián Marcos. Segundo a prensa "De la culta villa de Negreira se trasladaron a esta para presenciar el partido infinidad de familias de lo más prestigioso".

En febreiro de 1933 temos noticia doutro
partido que xogou no Laranxal contra o Minerva
de Santiago no que de novo sufriu unha derrota por 1-2. Segundo El Pueblo Gallego "En este último tiempo los minervistas
se emplearon a fondo para conseguir la victoria. A causa de esto el árbitro
tuvo que castigar duramente a los forasteros por su juego sucio". A formación do
Progresista foi a seguinte: Policarpo, Alfredín, Planeta, Olimpio, Joaquín,
José María, Café, Suárez, Manolito, Amador e Pedro.
O 26 de marzo tamén houbo un partido en Ordes de dous equipos forasteiros. O Celta de Rutis e o Sporting de Eirís, campión e subcampión do Torneo das Aldeas, quixeron dirimir as súas diferenzas en campo neutral. A paixón que levantaba o fútbol fixo que numerosos afeccionados de toda a comarca coruñesa se achegasen a Ordes. O saque de honra estivo a cargo da fermosa Clotilde Viqueira que era "Miss Órdenes". O partido ía 3-1 a favor do Eirís na 2ª parte cando foi suspendido polo árbitro "sin motivo alguno" segundo La Voz de Galicia. Como no caso anterior iso non foi obstáculo para unha festa posterior. Esa noite o Progresista celebrou un baile para os forasteiros que foi, como non, todo un éxito.

* Antoñito: Posiblemente Antonio Concheiro Iglesias, o alcalde.
Pampero: Posiblemente César Pol Crespo que estivera emigrado en
Arxentina.
Segundo
Viqueira: Pode ser un erro e referirse a Segismundo Viqueira Mundito
No hay comentarios:
Publicar un comentario