Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE), o nome feminino indiscutible líder na comarca
é por suposto María (1.009
portadoras e número 1 en todos os concellos). O
segundo son as diversas combinacións de María con Carmen (Mª del Carmen e Mª Carmen, que xuntas teñen 832 portadoras) e o 3º
posto ocúpao Carmen en solitario (479
portadoras). Esta terna de nomes lévanos un total de 2.320 mulleres na comarca
(un 12 % do total).
(Preme na imaxe para ver máis grande)
Obviamente no século XXI as cousas están cambiando.
Poñendo un exemplo que teño a man, no colexio
do Mesón do Vento o curso 2020-2021, entre 55 rapazas non hai ningunha Carmen
e só unha María.
De todas formas, segundo o IGE, María foi o
11º nome máis posto ás nenas no ano 2018 en Galicia e, tendo en conta o
cambiante das modas e a gran variedade de nomes que se manexan na actualidade,
creo que polo menos durante un par de xeracións, as Marías e Carmes seguirán
reinando na comarca.
Igual que hai unha raíña, tamén hai un rei: Manuel con 1.485 portadores, aínda ten
un liderado máis forte co de María. O seguinte na lista é José con 1.058 portadores, e o 3º é a combinación de ambos os dous,
José Manuel, que suma 850
portadores.
É dicir: 3.393
homes na comarca (case o 19 % -ou sexa, case un de cada cinco!-) levan algún
destes dous nomes en solitario (ou os dous xuntos).
Non
demasiado lonxe de José están Jesús (728
portadores), José Antonio (702) e Antonio (684).
No hay comentarios:
Publicar un comentario