Por mor do COVID 2021 foi moi atípico na evolución poboacional da comarca ordense.
Normalmente perdíanse entre 100 e 300 habitantes por ano, pero nese 2021 só se
perderon 34 (menos do 0,1 %) e ata dous concellos da perifería como Frades e Trazo
tiveron cifras positivas.
2022
significou unha relativa volta á normalidade. Sen chegar ás cifras
prepandémicas, a comarca perdeu un 0,18 % da súa poboación, 67 persoas menos,
quedando por tanto con 36.136 habitantes.
Os tres concellos centrais foron de novo os
que mellor se desenvolveron. Oroso e Cerceda medraron arredor do 0,5 %
chegando o primeiro aos 7.572 veciños e o segundo superando de novo a
psicolóxica barreira dos 5 mil habitantes (da que baixara en 2021). Ordes,
totalmente estancado, perdeu 16 habitantes.
Os catro concellos periféricos volveron á
senda da caída demográfica, aínda que moito máis lixeira que na década pasada. Frades liderou esta caída con 1,4 % menos de
poboación, se ben en números absolutos Tordoia superouno perdendo 36 habitantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario