As cifras de poboación do ano 2021 foron as máis atípicas de toda a década.
A
causa? o COVID 19 que golpeou duramente o mundo no ano 2020.
Contrariamente ao que sería de esperar, non
houbo unha maior perda de poboación polos efectos da pandemia. O feito de que a
maioría da comarca sexa unha zona con gran cantidade de pequenos e dispersos asentamentos rurais dificultou a
transmisión do virus e non houbo un gran aumento de defuncións con respecto aos anos prepandémicos.
Polo contrario, algúns residentes en cidades
e vilas grandes preferiron ese ano escapar do perigo na medida do posible establecéndose
nas casas dos seus antergos, o que fixo que algún concello non só non baixase,
senón que aumentase levemente.
Así, a
comarca quedou en 2021 con 36.203
habitantes, perdendo só 34, cando o habitual era restar máis de 200 ou 300
cada ano. O concello que máis caeu foi como de costume Tordoia, que aínda así
non chegou ao 1% de perda cando outros anos estaba entre o 2 e o 3%. Outra
novidade foi a lixeira caída de Oroso que habitualmente no último lustro era o único
que estaba en números positivos.
Sorprendente que os dous concellos que
gañaron poboación fosen Frades e Trazo, cousa que non pasaba desde o ano
2002, nun contexto completamente distinto de gran fortaleza económica. Naquel
ano Frades aumentara 13 habitantes e Trazo 46 (casualmente os mesmos que no 2021).
01: Vigo
|
283.837
|
|
11: Arteixo
|
32.894
|
02:
A Coruña
|
245.468
|
|
12: Ames
|
31.993
|
03:
Ourense
|
104.596
|
|
13: Carballo
|
31.414
|
04:
Santiago
|
97.858
|
|
14: Culleredo
|
30.758
|
05:
Lugo
|
97.613
|
|
15: Redondela
|
29.192
|
06:
Pontevedra
|
83.114
|
|
16: Ribeira
|
26.839
|
07:
Ferrol
|
64.785
|
|
17: Cangas
|
26.708
|
08:
Narón
|
38.913
|
|
18: Cambre
|
24.616
|
09:
Vilagarcía
|
37.545
|
|
19: Marín
|
24.248
|
10:
Oleiros
|
36.922
|
|
20: Ponteareas
|
22.942
|
No resto de Galicia houbo pequenos cambios. Os
20 primeiros concellos foron os que vedes na lista anterior. Ordes, no posto 46, era o único concello da comarca que estaba entre os 50 máis poboados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario