Antonio Concheiro Rodríguez (1876-1942): fillo
do alcalde de Mesía, Benigno Concheiro, e irmán de Pedro Concheiro, patriarca
dos de Carballo. Estudou medicina na USC e
exerceu en Ordes. En 1909 foi
nomeado subdelegado de medicina do partido xudicial e forense do Xulgado de
1ª Instancia de Ordes. Tamén foi un dos caciques do Partido Liberal e logo da
dereita na vila. Casou en maio de 1903
con Asunción Iglesias Rápela coa que tería 7 fillos, entre eles o alcalde e
médico Antonio Concheiro Iglesias.
|
Juana Soto Menlle doña Juanita (1868-1942): aprobou as oposicións no século XIX
(en 1889), deu clase uns meses en Couso (Coristanco), pero a finais de ano
veu para Ordes. Casada co procurador José Carnota Pérez (irmán do xornalista
Vicente), foi nai de tres
fillos: María (casada en 1930 con
Antonio Barcia Bonavida), Piedad (m.1953)
que viviu na casa familiar onde agora está a xestoría Cristín e Antonio Carnota que emigrou. Morreu o 5 de
outubro de 1942.
|
CORPORACIÓN
de 1942
|
Rafael
Mariño Vilela
|
Eduardo Somoza del Río |
Rafael Álvarez Salgueiro |
Manuel Verea Remeseiro |
Ricardo Caamaño Lata |
Manuel Amor Gestal |
Ramón Mosquera Varela |
Laureano Mosquera Candal |
Andrés Varela Ferreiro |
XANEIRO: 250 pesetas a
José Candal Vieites, Francisco Pazos Juncal e José Rodríguez Martínez
(infracción do Regulamento de armas e explosivos). 50 a María Prado Liste (infracción das disposicións
de abastos).
FEBREIRO: 4.000 pesetas a Victoriano Fuentes
Brandariz Vitorio (ocultación e transporte
clandestino de trigo). 150 a Francisca Areoso Ríos (celebrar un baile sen
autorización).
MARZO: 1.500 pesetas a Antonio del Río Regos
e 1.000 a Carmen Boquete García,
os dous de Parada (circulación e venda clandestina de avea). 1.000 a Jesús Candal Croque e Manuel Villaverde
Boquete (compra-venda de superfosfato de cal a prezos abusivos). 25 a Manuel
Mariño Vilela (viaxar sen salvoconduto).
ABRIL: 150 pesetas a Andrés
López Fernández e Carmen Gómez Rumbo (escándalo).
MAIO: 1.500 pesetas a Gregorio González
Patiño (transporte e compra ilegal de gando vacún). 1.000 a José Mariño García (cobrar de máis nas tarifas da súa
fonda + clausura desta) e 250 (ter casa de comidas clandestina). 250 a Juan
Rodríguez Iglesias Carril (ter aberto o
establecemento a deshoras). 150 a Carmen Veiras Vázquez (escándalo). 75 a
Jesús Juncal Corbelle, José Ríos Presedo, Antonio Rey Moure, Manuel Lago
Noya, Antonio Liste e Manuel Liste (escándalo). 50 a Antonio Insua Seoane (infracción
nas disposicións de abastos). 25 a Manuel Pena Martínez e Manuel Gómez (escándalo).
XUÑO: 3.000 pesetas a María Couto Louzao
(moer trigo clandestinamente). 75 a Antonio Liste N e Manuel Liste N
(reincidencia en escándalo). 50 a Antonio Noya Noya (escándalo). En Mesía 800 pesetas a José Candal Vieites, Jesús Manteiga Mosquera, Jesús Pedreira Sánchez e José Manteiga Vieites, e 300 a Manuel Carro Martín e Germán Sánchez Rodríguez, todos eles por infrinxir a normativa sobre bailes.
XULLO: 250 pesetas a
José Mª Rama Sánchez (infracción no Regulamento de armas).
AGOSTO: 1.500 pesetas a Andrés Gaudeoso Pazos
(non consignar na cartilla da maquía as cantidades de trigo moídas). 1.000 a
Manuel Eirín de la Fuente (venda de pan a prezos abusivos). 50 a Emilio
Sánchez Álvarez e Antonio García Varela (embriaguez e escándalo). 50 a Manuel
Fernández Uzal, Luis Noya Vilariño, Dolores Vidal, José Fernández Nogueira,
Josefa Vázquez, Manuel Caramelo Montero, Santiago Caramelo Montero, Benito
Fernández, Luis Faya Rodríguez, Jesús Vidal, Pedro Fernández Mareque e Luis Vázquez
López (causar danos nun arboredo). 50 a Manuel Rama Juncal (infracción nas
disposicións de abastos).
SETEMBRO: 150 pesetas a
José Varela Barbeito e Manuel Rodríguez Noya (escándalo).
OUTUBRO: 1.500 pesetas a Manuel Barreiro Uzal
(carecer de lista de prezos e venda de potas! a prezos abusivos). 1.000 a
Francisco Vilar Nouche o Chocolateiro
(carecer de lista de prezos).
NOVEMBRO: 250 pesetas a
José Mª Pallas Guillín (infracción do Regulamento de armas e explosivos).
DECEMBRO: 1.500 pesetas a Juan Rodríguez
Iglesias Carril e 1.000 a Federico Lamela Reino (posesión ilícita de tabaco).
|