Segundo o censo de vivendas e fogares,
publicado polo INE en xuño de 2023,
existían na nosa comarca no ano 2021
máis de 5.700 vivendas baleiras.
Unha gran novidade deste estudo era que por
primeira vez non se elaborou con entrevistas en fogares, senón que se
recolleron datos de decenas de rexistros administrativos. Ademais para avaliar
o uso das vivendas o INE tivo en conta as cifras do seu consumo eléctrico ao
longo do ano 2020, coas lecturas dos contadores.
O INE distingue catro tipos de usos:
Normal. Son as vivendas habitadas que teñen un consumo eléctrico
promedio.
Esporádico. Son o que chamariamos segundas residencias o vivendas de vacacións
con consumo só en fins de semana ou en meses de verán.
Baixo. Apenas son usadas.
Vivenda Baleira. Cando o
seu consumo medio en todo o ano é inferior ao que presenta unha vivenda típica
do seu concello durante só 15 días. Isto denota que está sen uso e, en moitos casos, en
situación de abandono e deterioro.
Os datos volven a poñer de manifesto a dicotomía
existente na comarca entre os tres concellos centrais (Cerceda, Ordes e Oroso)
e os 4 periféricos e máis rurais (Tordoia e Trazo ao oeste e Mesía e Frades ao
leste), pois nos tres primeiros máis do 60 % das vivendas son de uso normal e
as baleiras non chegan ao 30 %, mentres nos outros catro as habitadas pasan
pouco do 50 % e as baleiras sobrepasan o 30 %. Destaca negativamente Trazo coas súas 660 casas baleiras,
máis do 40 % de todas as existentes no concello. No lado positivo, Oroso só presenta un 17 % de casas
baleiras, o que confirma o excepcional dinamismo deste municipio.
|
VIVENDAS
|
Normal
|
Espor.
|
Baixo
|
Baleiras
|
Cerceda
|
3.046
|
61,3 %
|
8,5 %
|
2,9 %
|
832 27,3 %
|
Frades
|
1.275
|
56,4 %
|
4,8 %
|
2,0 %
|
469 36,8 %
|
Mesía
|
1.565
|
56,6 %
|
5,8 %
|
1,8 %
|
450 35,8 %
|
Ordes
|
7.261
|
63,8 %
|
7,0 %
|
2,7 %
|
1.925 26,5 %
|
Oroso
|
3.787
|
71,3 %
|
8,4 %
|
2,5 %
|
675 17,8 %
|
Tordoia
|
1.784
|
59,0 %
|
5,5 %
|
1,6 %
|
605 33,9 %
|
Trazo
|
1.602
|
53,9 %
|
3,2 %
|
1,7 %
|
660 41,2 %
|
COMARCA
|
20.320
|
|
|
|
5.726 28,1 %
|
A media da comarca é practicamente igual á
galega, pois en Ordes as vivendas baleiras son o 28,18 % do total mentres en
Galicia son o 28,8 %.
Galicia (que tamén é a comunidade que maior número
absoluto de localidades ten) está á cabeza en número de vivendas baleiras, ata o punto
de que duplica a media española, que é do 14,4
%. En numerosos concellos de Lugo e Ourense a porcentaxe de vivendas
baleiras supera o 70 %. Incluso, á marxe dos concellos pequenos, repítese o
fenómeno: entre os 20 municipios de España de máis de 10.000 habitantes con
maior número de vivendas baleiras, dez están en Galicia (o máis próximo a nós,
Betanzos). E tamén Vigo e A Coruña están entre as cinco primeiras cidades de
más de 200.000 habitantes con máis casas baleiras. Santiago, a cidade á que
está máis vencellada a comarca, vese algo mellor porque só o 11 % dos seus
inmobles están deshabitados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario