Ordes contou ao longo da súa historia con
grandes mestres como doña Juanita, doña Moncha, doña Conchita, don Mariano del
Amo, don Alfonso Lesta... e outros máis polémicos como don Manuel Gamallo.
Nicolás del Río naceu en Santiago en 1874. Dos seus 74 anos
de vida pasou 18 en Cedeira e nada menos que 32 en Ordes!
Nesas décadas o ensino aínda non era mixto e
por tanto don Nicolás só daba clase aos varóns. A primaria chegaba ata os 10
anos e despois o alumnado podía ingresar no bacharelato se aprobaba un exame de
acceso. Pero, ao non haber instituto en Ordes, había que trasladarse a Santiago
(imposible para a gran maioría de familias) ou estudar por libre e presentarse
logo aos exames en Santiago.
Don Nicolás daba as clases de primaria polas
que cobraba o seu modesto soldo do estado e despois impartía pasantías de
bacharelato. As necesidades familiares (tivo 8 fillos) e as dos seus alumnos
fixeron que traballara case todas as horas do día.
Parece incrible que aínda tivera tempo de
ler, escribir artigos para El Compostelano e El
Ideal Gallego ou participar en política. E todo iso sen descoidar o seu
labor educativo. Dicía Manuel Calvo Carnota: "Don Nicolás merecía máis recoñecemento,
porque era un excelente mestre... foi un verdadeiro mártir do ensino. A pesar
de ter moitos alumnos, prestáballe atención a todos e a todos trataba por
igual".
No ano 1944,
aos 70 anos, chegou a súa xubilación pero continuou dando clases particulares
outros 4 anos. No verán de 1948
sufriu unha grave enfermidade cardíaca. Con gran tristeza súa e dos ordenses
mudouse a Sada á casa dun fillo. Aguantou escasos dían sen traballar. Morreu o 12 de setembro e foi soterrado no
cemiterio desa localidade.
A
consternación foi grande pois moitos ordenses non se enteraron ou non puideron
asistir. Pero o pobo organizaría tamén unha ceremonia na súa honra como vemos
neste artigo de La Voz de Galicia do 5 de decembro de 1948.
En Sada ha muerto D. Nicolás del Río
Castelo. Su nombre evoca en todos los hogares profunda emoción y eterna
gratitud. En muchos de ellos coinciden padres e hijos por haberse abierto sus
ojos a la luz de la razón bajo la enseñanza paternal de este ejemplar maestro,
que durante más de treinta años ejerció en Órdenes su digno magisterio.
Hombre culto, voluntarioso, cristiano por
excelencia, que unió a su vocación una exquisita sensibilidad pedagógica,
consagró toda su vida a la silenciosa e ingrata tarea de meter en las
inteligencias, precisamente cuando estas se abren, las primeras verdades, sin
olvidar las de la fe.
El pueblo de Órdenes, conmovido por su
muerte, y reconocido al mejor de los maestros, cuya memoria perdurará entre sus
habitantes, le tributará mañana, lunes día 6 (festividad de San Nicolás de
Bari), un sincero y justo homenaje póstumo, después de asistir en masa al
solemne acto fúnebre que por su eterno descanso se celebrará, con intervención
de la Schola Cantorum de San Francisco de Santiago, en el templo parroquial de
la villa de Órdenes.
Non pareceu bastante e os seus alumnos,
encabezados por Manuel Astray, quixeron perpetuar a súa memoria cun busto ou
unha placa. Pero eran tempos duros e a iniciativa non saíu adiante. Nos anos 60
os habitantes de Cedeira puxéronlle o seu nome ao colexio. En Ordes houbo que
esperar ata finais dos anos 70, concretamente ata 1979.
A Comisión Informativa de Obras e Urbanismo
do concello propuxo o seu nome para a rúa onde xa estaba o colexio e o (naquel
momento en construción) Instituto de Secundaria. En sesión plenaria celebrada o
26 de novembro oficializouse a decisión e desde ese momento D. Nicolás forma parte (moi
merecidamente) do rueiro ordense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario