Podemos saber a evolución da poboación galega
nos séculos XVII, XVIII e XIX grazas a diversos estudos realizados nesa época.
JERÓNIMO
del HOYO
Foi
un relixioso castelán que entre 1603 e 1620 visitou a arquidiocese de Santiago de Compostela en
nome do arcebispo Maximiliano de Austria. Levou a cabo unha descrición das
parroquias, vilas, cidades, hospitais e fortalezas, que deixou recollida no
libro Memorias del Arzobispado de Santiago. O problema é que rexistrou a poboación en vecinos, fuegos
ou casas, non en habitantes individuais. Deste xeito hai que usar un
índice de conversión do concepto de veciño ou casa en habitantes, índice que os
demógrafos (aínda con dúbidas) acostuman fixar en 4,5 habitantes por casa ou veciño.
Segundo Jerónimo del Hoyo Buscás e Ardemil eran as dúas parroquias máis
poboadas de Ordes con 63 veciños (283 habitantes). Leira tiña 60 veciños (270
habitantes). Vilamaior tiña 50 (225 habitantes). Poulo e Bean tiñan 48 veciños
(216 habitantes). Ordes e Parada tiñan 44 veciños (198 habitantes). Montaos 40
veciños (180 habitantes). Barbeiros e Pereira 35 veciños (157 habitantes). Finalmente
Mercurín baixaba a 28 veciños (216 habitantes) e Lesta a 20 (90 habitantes).
Redondeando, todo o concello -que aínda non existía como tal- tería uns 2.600
habitantes dos preto de 700.000 que había en Galicia.
CATASTRO de la ENSENADA
A mediados do século XVII, desde 1647, foi ordenada polo rei Fernando VI
unha minuciosa averiguación sobre os lugares da coroa de Castela (menos o País
Vasco), a proposta do seu ministro Zenón de Somodevilla, o Marqués de la Ensenada. Os demógrafos non se poñen moi de acordo
pero baixan o índice de conversión ata 3,8
habitantes por casa ou veciño en Galicia.
Ardemil e Ordes terían 90 veciños (345 habitantes). Vilamaior 68 veciños (260 habitantes). Beán 67
veciños (257 habitantes). Poulo 65 (249 habitantes). Buscás 63 (241
habitantes).
Parada 62 (237 habitantes). Leira
58 (222 habitantes). Barbeiros 52 (200 habitantes). Pereira 50 (192
habitantes). Mercurín 49 (188 habitantes). Finalmente Montaos e Lesta tiñan 34
veciños (130 habitantes). Redondeando, uns 3.000
habitantes dos case 1,3 millóns que tiña Galicia.
CENSO de ARANDA
O
censo do Conde de Aranda, presidente
do Consello de Castela realizouse entre 1768
e 1769. Foi encargado aos bispos, que á súa vez encomendáronlle o traballo
aos párrocos. Neste caso xa aparece o número de habitantes, mesmo distinguindo
por sexos.
Ardemil
seguía sendo a parroquia máis poboada con 536 habitantes, seguida de Ordes con
459. Leira tiña 388, Buscás máis Faramilláns 385, Montaos 355, Beán 345, Poulo
318 e Vilamaior 311. Viñan logo Parada
con 291 habitantes, Pereira con 269, Mercurín con 259 e Barbeiros con 241. Lesta era a última
parroquia con só 170 habitantes. Redondeando, uns 4.300 habitantes.
DICCIONARIO de
MADOZ
Entre
1845 e 1850 foi publicado o "Diccionario
geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar" abreviado en Madoz. O seu autor Pascual Madoz dedicoulle case 16 anos e
necesitou a axuda de máis de mil colaboradores.
A parroquia máis poboada era Parada con 882 habitantes, seguida de
Ardemil con 750, Poulo con 600 e Buscás máis Faramilláns con 456. Logo viñan
Montaos con 389, Ordes con 322, Mercurín con 259, Vilamaior con 250, Barbeiros
e Leira con 246, Pereira con 228, e Beán con 204. Novamente Lesta era menos
poboada con só 146 habitantes. En total o concello de Ordes chegaba case a 5.000
habitantes.
|
1603-20
|
1647
|
1768-69
|
1845-50
|
Ardemil
|
283
|
345
|
536
|
750
|
Barbeiros
|
157
|
200
|
241
|
246
|
Beán
|
216
|
257
|
345
|
204
|
Buscás
|
283
|
241
|
385
|
456
|
Leira
|
270
|
222
|
388
|
246
|
Lesta
|
90
|
130
|
170
|
146
|
Mercurín
|
216
|
188
|
259
|
259
|
Montaos
|
180
|
130
|
355
|
389
|
Ordes
|
198
|
345
|
459
|
322
|
Parada
|
198
|
237
|
291
|
882
|
Pereira
|
157
|
192
|
269
|
228
|
Poulo
|
216
|
249
|
318
|
600
|
Vilamaior
|
225
|
260
|
311
|
250
|
ORDES
|
2.600
|
3.000
|
4.300
|
5.000
|
Hai que considerar todos estes datos e mapas altamente hipotéticos porque, ademais da aleatoriedade do índice de conversión, a fiabilidade dos datos dependía da dos homes que os aportaban. Sorprende por exemplo no Madoz (traendo veciños e habitantes -almas-) que Vilamaior con 50 veciños teña 250 habitantes, mentres Poulo tamén con 50 veciños chegara aos 600 -o que daría uns 74 h/Km cadrado-, a mesma densidade que Parada, á que lle concedían con 56 veciños 882 habitantes. En cambio Montaos que era a parroquia que máis veciños tiña -68- só chegaba aos 389 habitantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario