A Casa
Graña é un coñecido restaurante ubicado no Hospital de Bruma, a pouco máis
de 2 km
do Mesón do Vento. Recordemos que a parroquia de Bruma, aínda que pertence ao concello de Mesía, é como unha illa que non
ten contacto co resto do territorio municipal.
A construción áchase ao sur da parroquia, a
carón da igrexa de San Lourenzo.
Isto fainos supoñer que está no mesmo lugar que o antigo hospital de peregrinos
que da nome á vila.
O hospital foi fundado polo abade do condado
de Nemitos (ou Nendos), Pedro Crescóniz, no lugar de Rania Longa, no límite entre as Terras
de Montaos e o condado de Nemitos. Existía xa no século XII, porque hai un documento do ano 1140 no que o rei Alfonso VII
declara cales son os seus lindes. Tal
vez funcionara tamén como leprosería porque en Vizoño hai un monte da Malata
(topónimo relacionado con esta terrible enfermidade).
Noutro documento de 25 de maio de 1175 Pedro
Martís e a súa muller Urraca cedéronlle unha parte do terreo do lugar de Rama-Longa en Gruma: «de omni portione nostra ipsius hospitales de gruma».
Ata o emperador Carlos I fixo unha parada en
Bruma no século XVI.
Obviamente o edificio debeu ser modificado
varias veces desde aqueles tempos. No século XX era o fogar da familia Graña
Vázquez, que se dedicaban á gandería. Emilio Graña Vázquez (1929-2003) foi un coñecido tratante de gando que
casou con Esclavitud Bouzas Gómez. O matrimonio tivo catro fillos: Jesús, María,
José Manuel e Mª Elena.
Deles, María Graña Bouzas casou con José Fuentes Sánchez
(1956-2012). Compraron a vella casa familiar e construíron a súa vivenda
enfronte dela. No ano 2016 María
restaurou totalmente o lugar e puxo unha casa de comidas. Hoxe, xa nas mans
dunha das súas fillas, Érica Fuentes, segue a ser un dos restaurantes máis exitosos
da zona.




No hay comentarios:
Publicar un comentario