O apelido Prego é especialmente
común no concello de Cerceda (pouco máis de 120 portadores) e na parroquia de
Mercurín desde onde se espallou ata a vila de Ordes. No concello hai
actualmente uns 130 portadores.
O patriarca da extensa familia
Prego foi Manuel Prego Calvo do
lugar de Mañufe que casou a principios do século XX con María Becerra Viqueira de Tras do Río (Tralorrío en argot local).
Alí se estableceu e tiveron 9 fillos: Jesusa, Antonia, Manuel, Jesús, Estrella,
Marcelino, Mª Josefa, Carmen e Jesusa Prego Becerra. Aparentemente a 1ª e a
última tiñan o mesmo nome (supoño que algunha sería María Jesús ou María
Jesusa).
Jesusa Prego Becerra (1907-1985)
casou cun dos Barreiros do Casal. Tratábase de Juan
Barreiro Mosquera, irmán menor de José, o herdeiro. Instalados no Casal
tiveron 6 fillos, entre eles os moi coñecidos Barreiros da Maquía porque traballaron na maquía de Fernanducho que era parente deles por
parte da rama Mosquera.
Antonia (1910-1985) era coñecida
como Antona de Villaverde porque a pesar de que o seu home, Andrés Varela Regos, procedía da parroquia de
Lesta, establecéronse nunha pequena casa en Vilaverde. Alí tiveron 4 fillos. O
maior, Jesús Varela Prego, era moi
coñecido por ser vendedor ambulante nas feiras. Casou con Lourdes Candal, filla de Ramón da Casa Grande do Mesón do Vento. Tamén ela e o fillo dedicáronse á venta nas feiras. A segunda, María (1940-2020), casou con Martiño das Casillas co que tivo 4 fillos. O
terceiro, Manuel, viviu no Balado e
o 4º, Ricardo, nas Casillas.
Manuel Prego Becerra
(1914-2012), o primeiro varón, foi o que herdou a casa familiar en Tras do Río.
Casou coa viúva Jesusa Martínez (que
xa tiña unha filla) e tiveron 5 fillos máis.
Jesús (1916-1983) estableceuse
no Recreo. Casou con Estrella García
coa que tivo 4 fillos.
Estrella (1919-1996) tivo un
único fillo de solteira, Ricardo Prego,
que casou con Estrella Pena. Viven no Paraíso onde tiveron 4 fillos. A maior, Chus Prego foi mestra no CEIP Castelao
despois de estar moitos anos no Pindo (Carnota) e Pontepedra (Tordoia).
Marcelino (1922-1995) tamén
quedou en Mercurín. Casou con Jesusa
Franqueira coa que tivo 5 fillos.
María Josefa (1925-2011) Viviu
no Recreo e tivo tamén un único fillo, Alfonso.
Carmen (1927-2015) casou con Antonio Rama e viviron en Castrelos
(Leira).
Finalmente Jesusa (1930-1989) viviu no Recreo.
FONTE: Mª Jesús Prego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario