Velaquí anuncios que apareceron no xornal La
Noche do 14 de agosto de 1951 no que había un monográfico sobre festas patronais de
Ordes.
sábado, 29 de diciembre de 2018
jueves, 27 de diciembre de 2018
Inicio da ditadura de Primo
O novo réxime
comezou en España en setembro de 1923.
O seu programa era moi simple (orde na rúas, combate ao caciquismo e
rexeneración social) pero de enorme aceptación popular. Moitos dos que despois
criticaron a Alfonso XIII polo seu apoio á ditadura foron os primeiros en
recibila con entusiasmo.
Era tal o cansazo producido polo réxime da
Restauración que gran parte da poboación só vía saída nun modelo autoritario ao
estilo do "cirurxián de ferro" que teorizara Joaquín Costa.
Do mesmo xeito que no resto de España, en
Galicia o novo réxime foi saudado con xúbilo, mesmo polos nacionalistas das
Irmandades dá Fala.
Os primeiros pasos do directorio militar
foron varios: supresión dos vellos partidos, peche das cámaras parlamentarias e
entrega de concellos e deputacións a novo persoal político mentres as
gobernacións civís quedaban en mans dos militares, definidos como técnicos e
"politicamente neutros".
É dicir, houbo unha gran renovación das
elites, anticipación da que logo tería lugar no franquismo. As denuncias de
corrupción foron constantes nos primeiros meses da ditadura, satanizando toda a
tradición política anterior. Lonxevos caciques como Manuel Viturro na Coruña ou Pepe Benito
en Lugo foron apartados do poder e substituídos polos partidarios do novo
réxime.
Estes eran unha amálgama de descontentos do
anterior réxime: conservadores e ultracatólicos, mauristas, agraristas,
rexionalistas e persoas sen anterior adscrición seducidas pola mensaxe de
rexeneración. E por suposto non faltaban os oportunistas que sempre se apuntan
ao carro dos vencedores.
Os mauristas foron
un dos soportes máis importantes. Na súa maioría mozos católicos con certo aire
rexionalista, achegaron algunha das figuras máis sólidas da ditadura en materia
de organización administrativa e económica. Entre eles o máis destacado foi Calvo Sotelo,
un dos poucos políticos que acompañou a Primo en toda a súa travesía de
goberno, primeiro como secretario técnico de Administración local e logo como
ministro de Facenda no Directorio civil, a partir de 1925.
O outro gran apoio do réxime en Galicia foron
os agraristas.
A súa invertebración organizativa e o seu pluralismo ideolóxico facilitaron a
incorporación ao réxime. Desde a CRAG de Basilio Álvarez
ata moitas sociedades comarcais e parroquiais apoiaron con entusiasmo ao
ditador. Moitos dos seus líderes como Varela de Limia,
Maseda Bouso
ou Domingo Bueno acabarían
formando parte da CEDA. Xunto aos agrarios tamén os indianos participaron
activamente na política local en moitos casos como alcaldes designados polo
goberno civil.
O apoio do mundo rural á ditadura foi
correspondido con medidas tan esperadas como a solución do problema foral (decreto de redención
de foros en xuño de 1926) e fomento da repoboación forestal e
individualización dos montes comunais.
En cambio o inicial apoio dos rexionalistas e
nacionalistas como Vicente Risco
ou Losada Diéguez
pronto desapareceu cando viron como se foron enfriando os sentimentos
rexionalistas do réxime, cousa que fixo fracasar o proxecto de Mancomunidade
Galega tan desexado por eles.
En Ordes a
ditadura tamén supuxo a substitución das elites. Dúas das familias máis ligadas
ao antigo réxime, os Liñares e os Concheiro-García,
viron recortado o seu poder. Gumersindo Liñares, que nese momento era
alcalde de Trazo, foi detido e levado á Coruña en outubro pois negouse a
entregar o seu bastón de mando á autoridade militar. En Ordes José García Bermúdez tamén foi deposto e
substituído brevemente por Benito Regos. Ademais as inspeccións no
concello levaron á detención do ex-alcalde Juan Liste, de José Varela e do secretario accidental.
Novos nomes que respondían aos criterios que
primaban na acción do réxime (profesións liberais, pertenza ás "forzas
vivas", prestixio) saltaron á primeira liña: o antigo republicano e
agrarista Julio Pol Caamaño, o farmacéutico Santiago del Río Seoane, os irmáns Jacobo e Ricardo Amor del Río, o procurador de
tribunais Manuel García Rivas ou o profesor Nicolás del Río Castelo foron algúns dos
escollidos. De todos os xeitos non se pode dicir que en Ordes se producise un
cambio radical como demostra o feito de que o responsable da Unión Patriótica,
o partido do réxime, fose un membro da familia Liñares, o médico Francisco Liñares Iglesias.
viernes, 21 de diciembre de 2018
Crenzas populares (4)
SUPERSTICIÓNS
ANIMAIS
Como
sociedade campesiña que convivía a diario coa natureza, os animais ocupaban un
lugar preferente na vida dos galegos. Así que non é estraño que abundasen
supersticións (algunhas das cales chegaron ata os nosos días) cos animais como
protagonistas. Divididos en dous grupos (positivos e negativos), os animais
cumprían tres funcións:
- Prognosticar o tempo meteorolóxico.
- Traer boa ou mala fortuna cando eran vistos.
- Avisar dunha próxima defunción no lugar.
Abella e abellón:
Ademais de ser emblema de laboriosidade e traballo, críase que o espírito dos
mortos podía baixar algunha vez a terra en forma de abella, de aí o respecto
que os nosos campesiños lle tiñan ás abellas, como se ve no refrán -que ten
moitas variantes- "O que mata a unha abella ten
7/9/100 días/anos de pena".
Todo o contrario sucedía cos abellóns -e moscóns- porque se pensaba que as meigas adoptaban
a súa forma. Neste caso o refrán di "O que mata a
un abellón ten 100 días de perdón".
Alacrán: aínda que, agás casos excepcionais, a picadura do
escorpión non é mortal, non o crían así os campesiños galegos que, polo
contrario, dicían "Se te pica un alacrán, chama
ao crego e coce pan" -o pan era para repartir no enterro-.
Andoriña: Este paxariño era moi apreciado (hai unha lenda de
que aliviou os sufrimentos de Cristo quitando algunhas espiñas da súa coroa) e
críase que daba sorte á casa onde edificaba os seus niños, polo que xeralmente
eran respectados.
Araña: En xeral, a pesar de que son bastante beneficiosas
por eliminar moscas e mosquitos, a poucas persoas lles gustan as arañas,
especialmente se se quere manter algo limpas as habitacións. Non obstante, os
nosos antergos tíñanas en boa estima porque consideraban que a súa tea
purificaba o aire ao atrapar os corpúsculos que nel pululaban ata o punto de
que cando había unha ferida pequena -un corte nun dedo, por exemplo- era
costume poñerlle tea de araña e algo de azucre para frear a hemorraxia.
A súa forma
de andar é indicativo meteorolóxico: se saen dos escondedoiros "ventan
choiva", se andan cara abaixo treboada, e se andan cara arriba é signo de
bo tempo.
Corvo e pega: Pola súa cor negra e dieta de animais mortos ao corvo non se lle tiña moito aprecio. Nalgúns casos críase que podía predicir morte no lugar como se ve no refrán "Se o corvo se aveciña, hai morte na campiña", pero tamén que dependía de onde se vían, herencia dos romanos que consideraban que daba mala sorte ver determinadas aves a man esquerda ("sinistro/a" ven da palabra latina "sinister" = esquerdo) pero era boa se se vían á man dereita.
Coas pegas
tamén había diversidade de opinións: uns consideraban que a súa presenza preto
dunha casa era sinal de morte próxima, mentres outros crían que só significaba
que sucedería algún feito que tanto podía ser positivo como negativo.
Donicela: É un animal aínda hoxe moi
temido. Atribuíaselle unha mordedura
letal, como mostran os refráns "Se te morde a
donicela, busca camisa para a terra" ou tamén "Se te morde unha denuciña, busca confesor axiña".
Non só iso, tamén se lle atribuía intelixencia e comprensión da linguaxe porque
era capaz de entender se alguén a insultaba e responder atacando ao provocador.
O meu
profesor de latín, o distinguido lingüista Amable Veiga Arias (1929-1994), fíxonos notar que este temor xa o sentían os antigos romanos,
quen a tentaban aplacar utilizando o agarimoso nome de "domnula" (donceliña), costume que herdaron a maioría de
linguas romances e tamén algunhas que non o son, como o grego -"nifitsa" (pequena ninfa)- ou
o bretón -"Schöntierlein" (bonita
bestiña)-.
Gato: Era un imprescindible aliado do campesiño por ter
no rato un inimigo común. A pesar diso había certa desconfianza. Polo menos na
nosa comarca os gatos negros eran sinal de boa sorte, ao contrario que noutros
lugares.
Grilo: Un grilo na casa daba boa sorte, así que non se
mataba nin se botaba fóra, senón que se debía deixalo marchar cando el quixera.
Lagarto,
lagarta, píntega e sapo: Estes
animais, a pesar do beneficio que fan ao eliminar insectos, eran vistos moi
negativamente. Críase que por onde pasaban deixaban como un efluvio maligno (o
aire, colleitizo ou orballo) capaz de enfermar persoas e gando.
Margaridiña: Sempre chamada con nomes agarimosos como xoaniña ou
avelaíña, é moi apreciada. Considérase especialmente de moi boa sorte se, cando
está na palma da man, se bota a voar. Como no caso das abellas, non é ben visto
matar unha margaridiña.

Eu ben vin estar o moucho / enriba daquel penedo.
Non
che teño medo, moucho, / moucho, non che teño medo.
A curuxa e a avelaiona, [cárabo en castelán] tamén chamada
"marta" (sen ter nada que ver co pequeno mámifero carnívoro do mesmo
nome), daban o mesmo ou máis medo, que non era exclusivo de Galicia senón
compartido con moitos outros pobos do mundo.
Tamén a
outros animais como o cuco (se cantaba de
noite), o can (cando ouveaba) ou as galiñas (cando cacarexaban alborotadas ou caían do
poleiro) se lles suponían capacidade de predicir unha morte na veciñanza. Mesmo
se podía deducir ás veces pola dirección ou o tipo de son o lugar e a idade do
presunto defunto.
Para máis información sobre o tema, podedes consultar
aquí.
martes, 18 de diciembre de 2018
A reitoral de Poulo

Non
sabemos exactamente cando foi construída pero si que o seu aspecto actual data
do ano 1923 en que o entón párroco
de Poulo don José
Mª Barreiro García decidiu remodelala e ampliala, anticipando 4.000
pesetas do seu propio peto para as obras.
Foi o lugar de residencia dos sacerdotes de
Poulo ata que, xa a finais do século XX, deixouse de utilizar. A partir deste
momento foise deteriorando lentamente.
No século XXI, o Concello de Ordes concibiu a
idea de crear un albergue para peregrinos. Con tal fin comezaron as
conversacións co Arcebispado de Santiago para a cesión da reitoral,
conversacións que chegaron a bo porto en abril
de 2016 coa firma dun convenio de colaboración mediante o cal a Igrexa
cedeu gratuitamente o seu uso ata o ano 2046, condicionado a que o albergue
estivese listo antes de 5 anos. Neste momento era alcalde José Luis Martínez Sanjurjo.
En xullo de 2017 a Axencia de Turismo de
Galicia, dependente da Xunta, sacou a concurso as obras por valor de case
537.000 euros. En outubro de 2018 xa estaba rematada a rehabilitación do edificio, quedando só
a dotación de mobiliario e a posta a punto das zonas exteriores.
O albergue
ten capacidade para algo máis de 40 persoas, estando adapatado tamén para as de mobilidade reducida, e será o segundo de titularidade
pública na comarca de Ordes, despois do de Hospital de Bruma (Mesía). Tamén
está prevista unha senda peonil con carril bici entre Poulo e a vila de Ordes.
Nesta iniciativa a Xunta prevé investir uns 600.000 euros.
A inauguración tivo lugar o 18 de xuño de 2019 e nela estiveron o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo, o delegado territorial da Xunta na Coruña Ovidio Rodeiro, a directora de Turismo de Galicia María Nava Castro e o vicario xeral do Arcebispado de Santigo Víctor Maroño. A delegación local estaba encabezada polo presidente da Mancomunidade Roberto Rey e o alcalde de Ordes José luis Martínez.
viernes, 14 de diciembre de 2018
Festas do Recreo en 1923
Iniciadas en
1916, as festas do Recreo consolidáronse rapidamente. Velaquí o artigo que o
xornal El Compostelano lles dedicou no seu número do 26 de setembro de
1923.
Se
ha celebrado aquí con gran suntuosidad la función religiosa dedicada a Nuestra
Señora de Lourdes, habiendo sido costeada por el funcionista D. Ramón Abeijón
Suárez, acreditado industrial de esta plaza.
Por la mañana dieron la alborada la afinada banda del Tambre, que dirigió con singular maestría D. Severino
Méndez, y la charanga de Santa Cristina
de Barro, Noya, bajo la batuta del reputado director don José Mª Romero
Blanco.
A las once salió la procesión con la milagrosa imagen, de la capilla a
la parroquial, habiendo portado el estandarte el Sr. Abeijón, a cuyo lado llevó
a dos preciosas niñas, Carmen y Valentina Astray, con las cintas y ramos de
flores.
Con vela y presididas por la culta maestra nacional Srta. Milagros
Patiño, iban otras varias en dos nutridas filas, recordando a Obdulia Abeijón,
Paquita Pinal, Moncha, Paquita, Maruja y Pura Faya, Lola, Carmen y Estrella
Caramelo y Lucrecia Canedo.
A continuación se celebró la misa solemne, habiendo actuado nuestro
venerable párroco Dr. Morgade auxiliado por los de Leira y Poulo*.
Y a su terminación regresaron en procesión a la capilla de la adoración
de la Virgen en la misma forma que lo habían hecho anteriormente.
Condujeron la imagen por devoción los simpáticos jóvenes Ramón Abeijón,
Emilio Sánchez, Manuel y Eduardo Villar, vecinos de esta villa.
En casa del funcionista referido hubo luego un gran banquete al que
fueron invitados los más distinguidos elementos que aquí existen, recordando
haber visto allí a D. Antonio Canedo, propietario de la Perla, D. Antonio
Troche, secretario de La Coruña, D. Nicolás del Río, maestro nacional, D.
Ricardo Patiño, maestro de Gándara, D. Santiago Sanmartín, practicante del Gran
Hospital, D. José Sánchez Somoza, secretario del juzgado, D. Manuel Patiño,
comerciante, D. Emilio Patiño, secretario de Oroso, D. José Abeijón,
industrial, D. Alejandro Nine, oficial de Hacienda, D. Manuel García Rivas,
procurador, D. Eduardo Folgar, maestro nacional, D. Eduardo Mato, jefe de la
Prisión, D. Santiago Ameneiro, industrial, D. Antonio Louro, abogado, D. Ramón
Calvo, comerciante, D. José Uzal, secretario del Son, D. Domingo Bagaña,
industrial, Don Ramón y D. Luis Faya, industriales, y don Laureano Iglesias,
comerciante. La mayor parte de los cuales fueron acompañados de sus respectivas
señoras, cuyos nombres no cito por brevedad.
Por la tarde hubo un gran baile campestre, amenizado por las citadas
bandas de música, que se prolongó hasta la noche, durante la cual lució una
artística iluminación a la veneciana delante de la casa del funcionista.
*
O párroco de Leira era Emilio Regueiro García e o de Poulo José Mª
Barreiro García.
domingo, 9 de diciembre de 2018
Festas patronais de 1923
Unha vez máis a comisión das festas de 1923 foi encabezada polo habitual
Ezequiel
Astray, a quen acompañaban nesta ocasión Manuel Mariño, Antonio del
Río e Ramón Abeijón. En xullo xa tiñan organizada unha tómbola para acadar máis
recursos para as festas.
O programa foi similar ao doutros anos pero
cunha novidade importante: serían as primeiras
festas nas que habería iluminación eléctrica, pois a Ordes chegara este
avance a finais do ano 1922. Ademais, aproveitouse un arco (custeado por Juan Liñares)
que se creara previamente para a homenaxe ao deputado Alfonso Senra pola gran dotación económica
lograda para obras en Ordes ese ano.
O día 14 ás doce do mediodía deron inicio as
festas co inevitable disparo de bombas de palenque e repenique xeral de campás.
Ás tres da tarde fixo a súa entrada a banda de Merza (Vila de Cruces) e ás
cinco houbo vésperas solemnes na igrexa parroquial. Ás nove da noite comezou a
gran verbena na Alameda.
O 15, día grande, iniciou con diana ás oito
da mañá! seguiu ás once con misa solemne e a continuación procesión coas imaxes
da Virxe e San Roque. Dunha a dúas houbo o tradicional paseo de moda na antiga "Calle Real" e agora, desde
ese mesmo mes, Avenida Alfonso Senra (a
inauguración do nome da rúa celebraríase poucos días despois e a ela asistirían
o deputado e a súa esposa). O paseo repetiuse pola tarde, de seis a nove, do
mesmo xeito que os días seguintes. Por fin, de dez a doce, o público gozou da
iluminación eléctrica por arcos voltaicos e lámpadas de varias cores. Tamén
houbo fogos artificiais e elevación de numerosos globos.
O día 16, celebrouse a festividade de San
Roque, custeada por Carmen Mato, viúva de Manuel Astray López (o
patriarca dos Astray na vila de
Ordes).
O día 17 repetíronse os festexos, e pola
noite, deuse un gran baile de sociedade na honra dos forasteiros, que foi amenizado
tamén pola banda de Merza.
Velaquí o artigo que dedicou ás festas La
Voz de Galicia.
Como resultaría pálido cuanto pudiéramos decir respecto al esplendor con que se han celebrado las fiestas de esta
villa, me concretaré a hacer constar que las iluminaciones fueron vistosísimas,
sobre todo la eléctrica, que por ser la primera vez que lucía en este pueblo, llamó poderosamente
la atención, pues colocados los focos entre la
frondosidad del arbolado de la Alameda, daban a aquel paraje, un aspecto
fantástico.
El fuego de lucería fue variadísimo y entretuvo a la numerosa concurrencia allí congregada hasta hora muy avanzada de la
noche. La sección de globos agradó igualmente,
acreditándose una vez más el buen gusto del
industrial de Betanzos Claudino Pita*.
La banda de música de Merza ejecutó con una gran afinación y gusto
varias notables composiciones, que fueron del agrado del público, que las
aplaudió con gran entusiasmo. La gente joven bailó a su
antojo al compás de los preciosos bailables ejecutados por la banda.
Las solemnidades religiosas resultaron igualmente
espléndidas, siendo costeada por la señora viuda
de Astray, la función de San Roque, cuya insignia de funcionista fue llevada
por la nieta de dicha señora, la angelical Carmiña Astray Troche, a quien acompañaron sus primitas Marujita y Pilar. La misa
solemne fue cantada por un coro de bellas señoritas, bajo la dirección del
inteligente párroco de Santiago de Rovidiños, D.
Jesús Castro Naya.
* Claudino Pita Pandelo (m. 1933) empresario de Betanzos que construía globos e faroliños para as festas, foi case unha institución a finais do século XIX e principios do XX: non había festa que se prezara que non contase cos seus globos e iluminación. Está intimamente ligado ao globo de Betanzos que comezou a fabricar en 1875 e que aínda seguen a facer os seus descendentes.
* Claudino Pita Pandelo (m. 1933) empresario de Betanzos que construía globos e faroliños para as festas, foi case unha institución a finais do século XIX e principios do XX: non había festa que se prezara que non contase cos seus globos e iluminación. Está intimamente ligado ao globo de Betanzos que comezou a fabricar en 1875 e que aínda seguen a facer os seus descendentes.
miércoles, 5 de diciembre de 2018
A familia Amado
Os Amado son
outra das numerosas familias ordenses que viñeron de Noia. Dese concello era o zapateiro e logo rico comerciante Antonio Amado Amado (1869-1934). que se instalou no que
hoxe é Alfonso Senra 34 (onde agora está o bazar do chino Hongy Zhang). O seu comercio competía co de Mariño na Rúa dos
Lagartos por ser o máis grande e importante da vila.
Casou con Josefa Ferreiro
Franqueira (1871-1958), dos Ferreiros do norte, coa que tivo 8 fillos:
Carmen, Esclavitud, Manuel, Dolores, Aurora, Mariano, Jesusa e Concepción.
Como os dous únicos fillos varóns emigraron, hoxe apenas quedan restos do apelido no concello de Ordes.
Como os dous únicos fillos varóns emigraron, hoxe apenas quedan restos do apelido no concello de Ordes.
Carmen Amado (1894-1942) levou a tenda xunto
aos irmáns ata a súa morte aos 48 anos, logo quedou en mans da segunda irmá, Esclavitud (1896-1986),
a máis lonxeva da familia. Cando Mariano e ela separaron os camiños, construíu
unha casa en Alfonso Senra 47 onde instalou unha mercería.
Manuel Amado emigrou ao Uruguay e Dolores
(1900-1936) que non casou, igual que as súas irmás maiores, morreu nova aos 36
anos antes do comezo da Guerra Civil.
Aurora casou en 1924 con Ramón Abeijón Sánchez (da familia Abeijón tamén con orixe noiesa) que era funcionario no Concello e
con quen tivo 4 fillos: Aurora, Ramón, José e Antonio.
Sucedéronse os infortunios nesta familia:
morreron Aurora (1937) e Ramón (1948), así que os seus fillos foron acollidos
pola avoa Josefa Ferreiro. Antonio,
o máis novo, morreu afogado no Regato Mercurín e logo José, mecánico que estaba en Negreira, cun tío seu que era alcalde
alí, tamén morreu afogado no Tambre. Aurora
(1926-2013) viviu logo coa súa tía Esclavitud e fíxose cargo da mercería. Casou
xa maior cun camioneiro ourensán, Valentín Gónzalez Rodríguez.
Ramón
Abeijón Amado (1927-2021), o moi coñecido Kilé, tamén foi oficial do concello como o seu
pai. Casou con Carmen Casas Regos coa que tivo tres fillos, Juan de Dios, José
Ramón (ambos os dous morreron de nenos) e Juan Francisco Abeijón Casas que
herdou o alcume do pai, tivo un famoso pub nos anos 80-90 e logo iniciou o seu
traballo na radio municipal.
Mariano (1909-1980), levou o comercio xunto con Esclavitud.
Casou con Nieves Señarís Bello (1922-2009)
e rematou por establecerse en Santiago (na Algalia de Arriba 33 onde montou un
ultramarinos), aínda que durante moitos anos a familia seguiu vindo veranear a
Ordes.
O seu fillo maior, Tonecho, estudou medicina
e exerceu no Hospital Universitario Marqués de Valdecilla en Cantabria. O 2º
fillo, Santi, estudou químicas e foi un dos fundadores nos anos 70 da
asociación cultural "O
Terruño". Mariano viviu a vida e Nieves, a menor, é profesora de
secundaria.
Os terreos onde había unha tenda de viños, a
casa e tenda principal e un almacén onde se gardaba o sal (que naqueles tempos
se despachaba a granel) remataron sendo vendidos a Iglesias, Casas e Benxamín que construíron o
actual edificio no que se atopa o bazar chino e outros comercios. Caxide comprou os terreos adxacentes (o que hoxe é o 26-28) aos herdeiros do Latoneiro.
Jesusa (1914-1994) casou co tratante de gando José García Freire Pepe
de Betanzos (1905-1988) co que montou a gran carnicería que lindaba
coa igrexa (Alfonso Senra 99). Tiveron 6 fillos: Mª Carmen, Rosa, José, Elena,
Julio e Mª Jesús.

Concepción Amado (1914-1994), a irmá máis
nova, casou co tratante de madeira José
González Insua Pepe de Cambre (m. 1969) con
quen viviu en Alfonso Senra 69. Tiveron dous fillos: Cristina (que reside na
vila) e Roberto González Amado, catedrático de física e escritor, tanto de
libros técnicos como de novelas ("Los
dioses que no podían serlo" e "Azar
y cenizas").
sábado, 1 de diciembre de 2018
Carta desde Bembibre
Velaquí unha carta
publicada no xornal El Ideal Gallego o 2 de setembro de 1923 onde un veciño de
Bembibre se queixa do cacique local e pide ao diputado polo distrito de Ordes,
Alfonso Senra, obras na súa vila.
Se espera aquí de un momento a otro la llegada del diputado a Cortes por
el distrito, don Alfonso Senra, cuya visita hace días que tiene anunciada. Con
tal motivo el cacique local despliega estos días gran actividad para recibirlo
y agasajarlo, y el pueblo ¿qué sabe el pueblo quien es Senra? Dudamos que
llegue a una veintena el número de personas que sepan aquí que Senra es su
diputado. Mas no importa; sea bienvenido, don Alfonso, que bien merece este
rinconcito que, así como es lo mejor del distrito que usted representa, una
mirada "reparadora" de sus ojos benévolos y compasivos: repare, don
Alfonso, mire, escudriñe y verá ... verá cosas verdaderamente peregrinas que le
convencerán de que su distrito se compone de algo más que de la villa de
Órdenes, de que son tan electores los de aquí como los de allí y de que, por lo
mismo, merecen, sino mejor, igual trato y consideración. No es que protestemos
envidiosos por los favores que usted dispensa a la villa y sus habitantes: nos
parecen de perlas las carreteras a Carballo y a Buján, las aceras y el adoquinado
y aplaudimos sus promesas de mayores mejoras que serán en breve realidad; pero
más de perlas nos parecería y le más le aplaudiríamos, por ser de interés más
vital, el que usted se interesase por la terminación de la carretera
Santiago-Carballo que pone en contacto dos zonas de las más ricas de Galicia.
Pero dejemos esto aparte y fijémonos -no dudamos que usted se fijará- en
algunas "cosas" de "dentro", que dicen mucho en pro del
"interés de nuestra administración local por el bien público". Prescindiremos
de "pequeñas cosas", como lo de la cartería, que debiendo estar donde
estuvo siempre, en Bembibre, en el centro del Ayuntamiento, la tiene en su casa
el cacique, desde donde reparte la correspondencia de Santiago, por ejemplo, a
los ocho días de su fecha y los periódicos cuando a él "le da la
gana", razón por la que aquí apenas hay suscriptores, y llamaremos su
atención sobre el asunto de mayor interés para el municipio: el camino de
Bembibre.
Bembibre, poblado situado en el corazón del valle del Dubra, a la orilla
derecha del río de igual nombre, con un número de habitantes muy superior a los
demás del término municipal, con buena planta de edificios modernos, en su
mayor parte dedicados a establecimientos comerciales de venta al detalle, y, sobre
todo, con sus dos ferias al mes que se celebran el primer lunes y el tercer
martes de cada uno; Bembibre, por todo esto, aparte su rica y abundante
producción, es cual usted en justicia habrá de reconocer, el pueblo de mayor
importancia del contorno, importancia que se multiplicará el día que termine la
carretera de Santiago a Carballo, por situar en el punto medio de la distancia
que separa ambas poblaciones. Pues a pesar de esas circunstancias, admira y
pasma a propios y extraños el abandono en que la tiene la autoridad local: de
la aludida carretera de Carballo sale un ramal hacia el poblado del que solo se
construyeron, hace unos veinte años, unos doscientos metros, siguiendo una
antigua vereda de una anchura de seis a ocho metros que lo cruza a lo largo
hasta el campo de la feria que dice al suroeste del mismo; esta vereda en
cuanto llueve un poco, dado lo arcilloso del suelo, se pone intransitable, y
durante el invierno imposible.
La iniciativa privada intentó ponerla en condiciones de camino vecinal,
pero fue ahogada por la promesa de la alcaldía de hacerlo a costa del
presupuesto municipal. Pasaron unos cuantos años al cabo de los cuales, en el
de 1920, el cacique manifestó públicamente el propósito de construir el camino,
para lo que disponía de la cantidad suficiente; los vecinos vieron el cielo
abierto cuando, en efecto, fueron invitados a portar gratuitamente la piedra,
pero no tardó en empañársele de nuevo, pues cuando ya habían transportado una buena cantidad de ella surgieron aquí
aquellas cuestiones con motivo de la aplicación del R.D. de 11 de septiembre de
1918*, y el cacique "tuvo que suspender las obras hasta que cobrase el
consumo". Se repartió y cobró el consumo pero la piedra que los vecinos de
Bembibre trajeron para hacer su camino continúa en el mismo estado obstruyendo
el tránsito de vehículos y personas.

Mientras tanto, don Alfonso, no le extrañe que el pueblo de Buján le
reciba con apatía y frialdad, y hasta con desconfianza, como a un desconocido:
este pueblo es gueno*, es leal, es viril; pero es un pueblo que por unos y por
otros ha vivido siempre sumido en el abandono, en el oprobio, siendo
escarnecido, vilipendiado y envilecido por todos aquellos que han venido a
hablar de su felicidad y redención: esto justifica su desconfianza.
Bujan, agosto de 1923 UN VECINO.
* Decreto do político conservador Augusto González Besada que pretendía
limitar o poder dos caciques á hora de cobrar os impostos. O cacique era Celestino Amigo Oreiro e o alcalde de "Buján", desde había moitos anos, era José
Gándara Parcero.
Escrito así no orixinal.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)