Continuando co río
Mercurín, despois de ver os muíños da parroquia de Mercurín, hoxe é a quenda dos
que están preto do lugar de Vilaverde, aldea onde naceu o Soldado Lois. Son
muíños de canle, que en todos os casos están bastante deterioradas.
MUÍÑO DE GOSENDE
É o máis pequeno, apenas 17 metros cadrados (3,40
de fachada por 5 de lonxitude). Está completamente revocado tanto por dentro
como por fóra e o tellado a dúas augas é de placa de formigón. Parece conservar o pé, pero
cando nos achegamos comprobamos que non é unha pedra de granito senón unha
mestura de formigón e pedras pequenas.
MUÍÑO NOVO DE VILAVERDE
Cos seus máis de 20 metros cadrados (3,50
x 5,80) é o maior dos tres. Estaba bastante deteriorado por fóra pero
conservaba case intacto o interior. Unha restauración a finais do ano 2020
deixouno co seu aspecto actual.
MUÍÑO VELLO DE VILAVERDE
Obviamente se hai un muíño
novo é porque houbo un máis antigo. Actualmente está en ruínas e só se mantén
en pé a parede máis próxima ao río. As outras tres están case desaparecidas por
completo e por suposto está bastante invadido pola vexetación.
MUÍÑO DO FERREIRO
Ao estar en pleno Paseo do río Mercurín, a carón dunha lousa que fai de ponte e que permite chegar sen problemas ata el, é o máis coñecido polos ordenses.
Ten algo máis de 18 metros
cadrados (3,70 x 5 m)
e está revocado no interior pero non no exterior. O tellado a dúas augas é de placa de formigón.
Non conserva ningunha peza no interior, cousa que xa non se pode ver porque agora está
pechado (afortunadamente).
No hay comentarios:
Publicar un comentario