En 1934 seguiu habendo moitas festas. Temos
noticias da Divina Pastora
que se celebrou o 2 de abril en Pereira.
Iniciou xa o día 1 ás doce da mañá co estoupido de abundantes bombas, que se
repetiría pola noite. Ademais elevouse un "grotesco" globo de grandes
dimensións ao rematar a tarde. O día 2 houbo misa solemne a cargo do párroco
don Antonio
Duro e outros sacerdotes acompañados dun armonium. Para a música veu
a Banda de Arca e unha gaita do país "de
las más renombradas de la comarca".
En xuño tivemos o día 29 a
festa do Sagrado Corazón que comezou cunha misa ás 8 da mañá. Ás 9 a vila viu o desfile da Banda
de Ordes tocando "alegres pasacalles", ás 11 tivo lugar a misa
solemne con sermón e conseguinte procesión percorrendo as rúas "máis céntricas". De 1 a 2 paseo na Alameda. De 5 a 9 sesión vespertina coa
banda e de 11 ás 2 da noite a verbena. Tamén houbo unha representación teatral en Carballo como vemos na prensa:
El pasado sábado día 9, yen el teatro
Lumier, tuvo lugar una velada organizada por una entusiasta y simpática
agrupación de pequeños aficionados de la villa de Órdenes.
En la comedia en tres actos de los hermanos
Quintero titulada "Pipiola", los elementos de uno y otro sexo
desempeñaron su papel como verdaderos profesionales. Fueron ellas Pilarita
Linares, Olvido Viqueira, Marujita Bello, Carmiña Suárez y Teresa Louro.
Marujta Bello y Luis Fandiño recibieron
todos los aplausos de la sala por lo bien que estuvieron en el número
"Katiuska", acompañados al piano por la distinguida señorita de
esta localidad María Elisa Peinador.
|
En Santa Cruz o día 1 de xullo tivo lugar a festa do Carme que comezou coa misa solemne das 11 da mañá. De 5 a 9 da tarde houbo romería e desde as 10 ata ás 3 da noite a verbena "con espléndida iluminación", ambas as dúas amenizadas por gaitas do país e a Banda da Garabanxa. Rematou a festa cunha sesión de "sorprendentes" fogos de artificio.
En agosto tivo lugar a carreira ciclista Santiago - Coruña - Santiago na que se inscribiron 47 corredores dos que finalmente participaron 39, entre eles estaban todos os mellores ciclistas galegos (Bermúdez, Delio Rodríguez, Rivadulla, Chaves, Ferreño ...) agás Ferradás e Rosales. O gañador foi o gran Delio Rodríguez seguido de Chaves e Ferreño. Houbo númeroso público e a carreira foi un gran éxito. Só houbo que lamentar que a entrada de Ordes estaba sementada de chinchetas polo que alí pincharon os 8 xuíces motorizados que fiscalizaban a proba, coches do xurado, siareiros, etc. Como sempre a nosa vila destacando.
Outra nova importante ese mes (concretamente o venres 10 de agosto) foi o breve paso pola vila do presidente da República Niceto Alcalá Zamora. Para a ocasión levantouse un arco na estrada e actuou a banda municipal.
A comisión das festas patronais
estivo presidida ese ano polo deputado provincial Juan Liñares Iglesias e composta por
Rafael Álvarez Salgueiro, Segismundo Viqueira Ramos, Francisco
Concheiro García, Ángel Concheiro Iglesias, Luis Liñares Castro, Ricardo Rivas,
Leandro Veiga, Gabino Amor del Río e Francisco Trillo Castiñeiras, que prepararon este programa espectacular:
Martes 14: Ás 12 da mañá disparo dunha gran cantidade de bombas, repenique xeral de campanas e gaitas do país anunciarán o comezo da festa. Ás 6 da tarde percorre as rúas a Banda Municipal de Ordes. Ás 11 da noite comeza unha "espléndida" verbena onde se queimarán moitos fogos de artificio.
Mércores 15: O día grande inicia ás 8 da mañá coa entrada da Banda de Arca que saudará á vila tocando dianas e alboradas. Ás 11 será o tempo da solemne misa cantada e a habitual posterior procesión. De unha a dúas "paseo de moda" pola Alameda que será amenizado polas bandas de Ordes e Arca. De 6 a 9 da noite as bandas altérnanse na Alameda tocando diversas pezas bailables e de concerto. De 11 a 3 espléndida velada, fermosa e sorprendente iluminación e soberbia serie de fogos artificiais.
Xoves 16: O día de San Roque tamén ás 8 da mañá as bandas de música e gaitas do país percorrerán as rúas. Ás 10 sairá a comparsa de Xigantes e Cabezudos. De 11 a 2 paseo de moda na Alameda, concerto musical e concurso de bandas. Ás 5 da tarde terá lugar unha carreira ciclista, disputándose un trofeo doado polo comerciante Manuel Arceo. De 6 a 9 concerto musical no paseo público. De 11 a 3 gran iluminación á veneciana con artísticos faroliños e gran sesión de fogos de artificio.
Venres 17: Iniciarán unha hora máis tarde, ás 9, as dianas e alboradas. De 11 a 2 concerto de pezas rexionais adxudicándose un trofeo á mellor banda. Ás 5 da tarde cucañas, carreiras de sacos e a pé, espectáculo amenizado polas bandas. Ás 7 designación de "Miss Órdenes". De 7 a 9 concerto musical. De 11 a 3 sorprendente iluminación eléctrica e verbena á veneciana na que se queimarán gran cantidade de fogos de artificio e como remate elevación dun gran globo de 16 metros!
Sábado 18: Dianas e alboradas ás 8 da mañá. Ás 11 concurso de gando no campo da feira (hoxe os parque municipais) adxudicándose ao gañador un valioso premio da Excelentísima Deputación Provincial. Á unha sairán as tradicionais merendiñas ao bosque de Castro onde as bandas tocarán escollidas pezas do seu repertorio. De 10 a 4 última verbena na Alameda con espléndida iluminación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario