Chamamos Camiño Inglés ou Camiño de Santiago dos
Ingleses á ruta de peregrinación que vai desde Coruña e Ferrol ata Santiago
e que foi usada maioritariamente polos peregrinos do norte de Europa.
Como é ben sabido, o descubrimento da suposta
tumba do Apóstolo Santiago no século
IX atraeu durante a Idade Media a unha gran cantidade de peregrinos
procedentes de toda Europa. A maioría usaban o Camiño Francés, pero moitos
utilizaban unha ruta máis segura, chegando por barco a Coruña ou a Neda na Ría
de Ferrol co que só tiñan que percorrer por terra ata Santiago uns 80 Km (ou 110 desde Ferrol).
No século XX reemprendéronse as
peregrinacións pero ao principio os peregrinos desde Coruña usaban a N-550. Foi
na década dos anos 90 que comezou o interese por pisar o vello Camiño, o que
trouxo como consecuencia a súa bastante rápida revitalización.
Se queredes ver fotos actualizadas de toda esta etapa premede en Pilgrimage Traveler, en Más rutas y menos rutinas 4 ou en Más rutas y menos rutinas 5.
(Preme na imaxe para ver máis grande)
No hay comentarios:
Publicar un comentario