
Os espazos forestais ocupan xa unhas 38.300
hectáreas nos sete concellos da comarca que
equivalen ao 50,7 % da superficie
total. Nesta categoría inclúense, tanto os terreos arborizados con escasa intervención
do home (o que popularmente se coñece como "a monte"), coma
plantacións forestais perfectamente planificadas e coidadas.
O espazo que ocupan os cultivos e praderías,
xeralmente vinculados a explotacións agrarias e gandeiras, suma algo máis de 30.000 hectáreas ,
o que representa o 39,75 % da
superficie total da comarca. É unha categoría en paulatino retroceso debido á
crise de prezos do sector lácteo. Isto ocasionou o peche de moitas granxas e a
conversión dos prados en montes que aportan máis beneficio a medio prazo.
O terreo que se dedica a outros diversos usos
non chega ás 7.230
hectáreas , o que supón un 9,6 % do total.
Con todo, se comparamos co conxunto de
Galicia (65 % de uso forestal, 24 % de prados e cultivos e 11 % doutros usos),
a comarca aínda non chega á superficie forestal promedio.
POR CONCELLOS
Destaca o feito de que Mesía é o único concello que conserva máis superficie dedicada a
cultivos e praderías que a uso forestal. O 46 % fronte ao 40 %, mentres outros
usos supoñen o 14 %.
No extremo oposto está Trazo onde o 59 % do seu territorio está plantado de árbores. Sen
embargo, o seu 36,5 % dedicado a cultivos e prados non é o máis baixo da
comarca. Isto corresponde a Cerceda
cun 35 %. O segundo concello que máis terreo dedica a usos forestais é Frades con máis do 55 % do total.
En canto a Ordes, as súas cifras son case iguais ao promedio comarcal. 48,8 %
de superficie forestal, 40,5 % de prados e cultivos e 10,7 % de terreos con
outros usos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario