O peso da industria era evidente vendo as
pensións que cobraban os galegos no ano 2025.
Os que tiñan a pensión máis alta eran os
vecinos das Pontes con 1.191 euros, cifra ligada á súa central
térmica. Os segundos pensionistas mellor pagados eran os de Cervo (Lugo) con 1.661 euros grazas á
empresa Alcoa. Fene e O Ferrol ocupaban o 3º e 4º posto con
pensións de 1.653 e 1.602 euros respectivamente, que deixaban ver o impacto de
Navantia na economía de toda Ferrolterra. O
resto do top 10 baixaba dos 1.600 euros de media: A Coruña con 1.552 €, Ares
con 1.544, Oleiros con 1.526, Bueu con 1.525, e Vigo con 1.519, quedaban por diante
dos 1.515 euros de Santiago.
As cifras do Instituto Galego de Estatística
(IGE) variaban, non só por zonas, senón tamén por idades. Os primeiros
xubilados nados durante a época do baby
boom percibían pensións máis altas. Por exemplo, en Santiago os que
estaban entre os 65 e 74 anos recibían de media 1.755 euros, mentres que para
os que estaban entre os 75 e os 84
a cifra baixaba a 1,543 euros. Doutra banda o grupo dos
prexubilados antes de cumprir os 64 tiñan os máis baixos ingresos cunha media
de 1.125 euros ao mes (aínda que a mediana -o groso das pensións- era de só 891
euros).
Mirando só a área metropolitana de Santiago,
o 2º concello con pensións máis altas era Teo
con 1.441 euros, seguido por Ames con 1.375 e Vedra, con 1.243 euros. O 5º
posto era para Oroso con 1.210, mentres que Ordes ocupaba o 9º posto, detrás de
Padrón, Brión e Boqueixón.
|
CONCELLO |
Pensionistas |
% da pob. |
Pensión media |
|
Cerceda |
1.560 |
30,5 % |
1.121,65 € |
|
Frades |
786 |
37,1 % |
1.020,52 € |
|
Mesía |
883 |
37,3 % |
1.049,07 € |
|
Ordes |
3.289 |
25,3 % |
1.143,76 € |
|
Oroso |
1.448 |
14,7 % |
1.210,47 € |
|
Tordoia |
1.253 |
39,7 % |
902,32 € |
|
Trazo |
1.037 |
34,7 % |
979,89 € |
Como podedes ver na táboa, a comarca estaba
entre os algo máis de 1.200 euros de Oroso aos case 900 euros raspados de
Tordoia. Interesante tamén era comparar o 14 % de pensionistas en Oroso (o concello máis xuvenil e
dinámico) co máis de 34 % dos concellos periféricos, destacando o case 40 % de Tordoia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario