martes, 19 de mayo de 2026

Os Vieites de Leira (Barreiro)

  Os Vieites de Leira proceden de Adrán (Vilamaior) da chamada Casa do Ghrelo. De alí saíu Pedro Vieites que casou cunha moza de Codeseda, María López. Tiveron 5 fillos: Andrés, Manuel, José, Pedro e María Vieites López. Tanto Andrés como José foron expedientados en 1944 por "Responsabilidades políticas".
Andrés (1882-1968) emigrou á Coruña onde está soterrado. Tivo 8 fillos.
José casou con Dolores Bouzas Brandariz coa que viviu en Axáns, preto do Mesón do vento, e coa que tivo 4 fillos: Andrés, Manuel, José e María Vieites Bouzas.
Pedro Vieites López (1893-1954) casou con Estrella Calvo Uzal (1901-1980). Tiveron un fillo, o construtor Ricardo Vieites Calvo, que por vivir na Pedreira (preto da Fonte Caxide) é coñecido como Caxide. Casou con Manuela Uzal Juncal coa que tivo dous fillos: Salomé e Ricardo Vieites Uzal.
María (1895-1991) casou con José Uzal Blanco (1890-1977). Viviron na Pedreira e tiveron 10 fillos: Francisca, Ricardo, Manuel, Sabino, Estrella, Consuelo, José, Faustino, María e Obdulia Uzal Vieites.
 
 
  Pero o máis coñecido foi Manuel Vieites López Manecho (1882-1954) que aprendeu o oficio da forxa cos ferreiros do Casal e casou cunha moza de Papucín (Frades), Dolores García Viqueira (m.1950), que traballaba no pazo do Bidueiro. Manuel fundou a Casa Barreiro, en principio unha ferrería e logo taberna, casa de comidas e ultramarinos. Tamén tiña un serradoiro e muíños que seguiron funcionando cos seus fillos. A data de fundación de 1875 -antes de que el nacera- que aparece nun artigo de La Voz de Galicia foi unha invención súa xa que a real tivo que ser a principios do século XX. Por certo que a finais dos anos 40 houbo un incendio na casa e gran parte dos cartos que había gardados quedaron medio chamuscados pero afortunadamente puideron ser cambiados no Banco de España na Coruña.
  O matrimonio tivo 5 fillos: Doroteo, José, Florindo, María e Manuel Vieites García.
 
Doroteo Vieites García (1910-1978) viviu en Castrelos e casou con María Becerra Rodríguez (1923-2020). Florindo foi mestre e non casou.
María Vieites García (m.1975) casou con Pedro Brandariz Cancelada (1980-1967) con quen viviu en Castrelos e co que tivo 6 fillos: Esperanza, Andrea, Manuel, Francisca, María e Elena Brandariz Vieites.
Manuel Vieites García (1920-1988) casou con María Candal Botana e establecéronse en Santiago.
 
 
José Vieites García (1915-1995), o segundo fillo, foi o herdeiro da Casa Barreiro. Casou con Delfina Mosquera Viqueira (1915-1970) coa que tería dúas fillas: Dolores e Julia Vieites Mosquera. A maior, Dolores, e o seu home Manuel Vales Presedo foron os que continuaron co negocio e na década de 1980 comezaron tamén a dar hospedaxe, aproveitando a época de bonanza que propiciu a construción da autoestrada e sobre todo a central térmica de Meirama. Moitos viaxantes, obreiros e persoal da central atoparon alí o seu aloxamento.
 O negocio pasou aos seus fillos Ana e Manuel Vales Vieites. Arredor do ano 2001 houbo unha completa remodelación con novas instalacións e separación das dúas áreas de traballo: restaurante e hotel por un lado e, doutra banda, un supermercado que superaba ao primitivo ultramarinos, pero que deixou de dar beneficios e foi pechado  no ano 2020, na época da pandemia. Na actualidade o hotel ten categoría de 3 estrelas e 45 habitacións. O restaurante chega aos 120 menús diarios e tamén acolle eventos como vodas, comuñóns, bautizos e ceas-baile.
  Haberá unha nova xeración a cargo de Casa Barreiro? É posible. Dolores ten dous netos, Fabio e Álvaro, que ás veces botan unha man no establecemento. Veremos o que lles depara o futuro.
FONTE: Ricardo Vieites e La Voz de Galicia
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario