Se ben a familia Moar máis coñecida é a de Buscás, hai máis xente con ese apelido no
concello. Ignoro se teñen unha orixe común ou outra procedencia distinta, tal
vez Frades.
A maioría dos Moar de Barbeiros deben
proceder de Enrique Moar (1858-1924) e da súa muller Antonia Suárez. O herdeiro foi José Moar Suárez (1879-1967) que casaría con Carmen Suárez
-probablemente Carmen Suárez Paz (1872-1947)-. Con ela tería polo menos 7
fillos: Enrique, Dolores, María Antonia, Josefina, Manuela, Ricardo e Carmen Moar
Suárez.
Enrique
Moar Suárez (1909-1992) casou con Mª José Suárez Botana (1912-1986),
así que os seus fillos, Benedicto e María, tamén tiveron os mesmos apelidos.
Dolores
Moar Suárez (1913-1995) foi a máis coñecida na vila porque casou con
Emilio Pérez Ramos (1904-1987) Emilio de Peres, que tiña unha taberna na
prolongación dos Lagartos. Terían dúas fillas e un fillo: María, Dolores e José
Pérez Moar.
María
Antonia e Josefina emigraron.
Manuela Moar Sánchez (1919-2013) casou con Ramón
Sánchez Couto da Maquía de Vilamaior, co que tivo dous fillos: José María e Mª
Carmen.
Ricardo Moar Suárez (1927-2022) casou con
Amadora Veiras Rivas (1930-2014) coa que viviu en Fondo de Aldea (Barbeiros) e
coa que tivo tres fillos. Mª José, José Antonio e José Manuel Moar Veiras.
De Carmen
non teño datos.
|
En Ramil (Barbeiros) tamén viviu Manuel Moar Botana (1910-1994), casado con
Josefa Veiras Martínez (1912-1997) coa que tivo 6 fillos (Tres deles nados no
mesmo parto en 1948): José Manuel, Mª Dolores, Dolores Mª, Jesusa, Enrique e
Antonio. Un irmán seu máis novo, Jesús Moar Botana, viviu en Sigüeiro e foi pai
de José Mª e Manuel Moar Mosquera
|
En Poulo viviron os irmáns Moar Graña (dous polo menos). O máis novo,
Ricardo Moar Graña (1907-1989), viviu na Rúa de Buscás a carón do seu sobriño
Antonio e non tivo descendencia. En cambio Antonio Moar Graña (1899-1985) casou con Josefa Figueira
Liste (1905-1977), coa que viviu en Pardiñas e coa que tivo 5
fillos: María, José, Ricardo, Aurora e Antonio Moar Figueira.
María Moar Figueira (1925-1974) a maior tivo
un fillo de solteira aos 22 anos. Foi o membro máis coñecido da familia, o
construtor José Moar Figueira
(1947-2022) que viviu no Paraíso e casou con Mª Dolores Tobío Areoso, filla de
Eusebio Tobío e de Jesusa Areoso, coa que tivo dous fillos. O maior, Alberto,
tamén é moi coñecido porque traballa nas oficinas do Concello e casou con Chus
Areoso, filla de Domingo Antonio Areoso
do Piñeiro. O segundo irmán, Manuel María, morreu nun accidente aos 24 anos de
idade.
José (1928-1957) e Ricardo (1930-1991) emigraron á
Coruña e alí viven os seus descendentes.
Aurora Moar Figueira casou co carteiro de
Buscás Rogelio Manteiga Noya (1930-2020) con que viviu na Rúa. Tiveron un único fillo, José Carlos Manteiga, que vive
no Quenllo coa súa muller María del Mar Candal Gómez.
Antonio
Moar Figueira (1943-2010) casou con Plácida Iglesias Gaudeoso
(1942-2025) coa que viviu na Rúa. Tiveron catro fillos: Mª Dolores, Juan
Manuel, Ana Belén e Fernando Moar Iglesias.



No hay comentarios:
Publicar un comentario