O apelido Gestal non é especialmente abundante. Hai algo máis de 1.400 portadores en 27 concellos de
Galicia, pero o 60 % de todos eles en só 4: A Coruña, Ordes, Culleredo e Cambre.
Aínda que Carral é o concello con máis
porcentaxe, tendo en conta a abundancia do apelido nas parroquias de Leira e
Ardemil, case con toda seguridade aí ten a súa orixe. Contribúe a reforzar esta
hipótese o feito de que debe provir dun topónimo que se refire a un xestal ou
xesteira (lugar cheo de xestas), planta que era moi abundante nos altos páramos
das nosas parroquias e non tanto nos agraciados vales de Carral.
O portador máis relevante deste apelido non
foi nativo da nosa comarca, senón coruñés. Falamos claro dun famoso humorista
dos anos 60 e 70 do século pasado, Carlos Díaz Gestal o Xestal.
En Leira, concretamente en Meitufe, viviron Tomás Gestal García e Manuela Gestal
Vázquez, patriarcas da ampla familia Gestal Gestal. Tamén en Meitufe
viviu Josefa
Gestal Rama (1908-1978) nai dos 6 Liñares Gestal. Un dos seus irmáns, José, residiu na Espiñeira e foi pai dos 5 irmáns Gestal Regueira.
En Loureda tivo a súa morada José Gestal
Blanco (1904-1981), casado con Carmen Blanco Calvo e pai de Domingo
e Jesús -cos mismos apelidos que el-. A súa irmá Mª Josefa casou para Pedre
(Mercurín) e foi nai dos Pulleiro Gestal.
Na porta do Nó viviron Andrés Gestal Louro (m.1961) e Manuela
Villasenín Barral, pais de Valentín, Ricardo, Pilar e Jesús Gestal
Villasenín. Tamén de Ardemil foron os sete irmáns Gestal Ramas.
En Mercurín naceron en Carracedo os 4 irmáns Gestal López
(Ricardo, Domingo, Manuel e Jesús). O primoxénito Ricardo (m.1987) casou con
Nieves Louro Barros (1918-1980) e foron pais dos sete irmáns Gestal Louro.
O matrimonio formado por Isidro Gestal
e a centenaria Jesusa Rama Louro (1885-1985) tivo varios fillos, entre eles José (1913-1971) que foi garda civil do mar e que morreu no Recreo, María (1914-1982) que viviu na Bailía, Andrés (1914-1999) que viviu en General Mola -hoxe rúa Galicia-, Antonio (1917-1975) que traballou na Tabacalera da Coruña, Jesús, Rodrigo e Juan Gestal Rama.
No hay comentarios:
Publicar un comentario