INDO POLO CAMIÑO
| 
   Indo polo camiño da Coruña a Santiago, deixamos pola esquerda Santa Cruz de Montaos. Terra das longas gandras, dos eidos alongados: ¡Oh, cánto a min me prace, a gandra atravesando, ver na súa pranura Santa Cruz de Montaos! Terra das altas uces, terra dos toxos altos,  | 
  
   terra das vagas brétomas, terra do bo fidalgo, do señor de Mesía*, nos tempos xa pasados, que levara seu nome, armonioso e preclaro. ¡Oh, cánto a min me prace, a gandra atravesando, ver na súa pranura Santa Cruz de Montaos! 
 * Diego López de Montaos  | 
 
RÍO LENGÜELLE 
| 
   
 Rio Langüelle, rio Langüelle, Ben se vé q' és da montaña; Ou feo fillo das brétomas E das uces desleiradas. Cando te vexo de longe, Atravesando nunha gandra, Non sei se sinto suidades, S' hé ó que sinto na alma; Solo sei que estou de mais, Donde me pôn mala cara, Q'en montañés, cortesía, Está por demais buscála. 
 Ou aires de Troitosende, Terra, donde m' eu criára; Levad' esta filla vosa, Levá d' esta terra estraña!  | 
  
   Os rios da miña terra, Non tên á cara tan brava, Nin parece qu' á ninguen Neguen unha sede d' auga; Nin teñen, en vez de frores, Tan solamente uces altas. C'o teu esquivo caraute, E receosas miradas, 
 Pareces, Langüelle, un lobo, Que, por non ver gente, escapa. As tuas ribeiras son Ben soas é ben escravas; Donde no medio do vrán, Só se vé pousada á garza. 
 Rio Langüelle, rio Langüelle, Ben se vé que és da montaña; Ou feo fillo das brétomas, E das uces desleiradas!  | 
 

No hay comentarios:
Publicar un comentario