A noite
de San Xoán é unha antiga celebración pagá que a Igrexa cristianizou como
tantas outras, así que as súas orixes pérdense na noite dos tempos.
A
festa, en realidade, conmemoraba a chegada do solsticio de verán (o día máis
longo e a noite máis curta de todo o ano). De aí parece vir o costume de
acender fogueiras, que terían a misión simbólica de dar máis forza ao sol que
comezaba a debilitarse a partir dese momento. Tamén terían unha función
purificadora.
No século XIX as fogueiras ían retrocedendo nas cidades, pero non así
nas aldeas, aínda que Concepción Arenal escribiu en 1881: "Hoy son el preludio de la fiesta del cacique. [...] En las
aldeas, la mayor hoguera es la que alumbra la puerta del Juan más rico".
Arredor
delas todo era festa e alegría. De calquera lado aparecía un gaiteiro e mozos e
maiores bailaban e rían. Iso si, non se comían sardiñas naquel tempo, polo
menos non fóra das vilas mariñeiras, como moito asábanse algunhas patacas.
Nin que dicir ten que cando hai troula, hai alcol. Moitos pasábanse con
el e as cousas remataban mal. Por
outro lado, quizais debido a eses excesos, era no rural unha noite onde
tradicionalmente se gastaban bromas moi pesadas. Os mozos entraban nas eiras e
roubaban as cancelas ou os carros, que logo podían aparecer pola mañá a moita
distancia das casas e, ás veces, case completamente destrozados.
As
parellas, en cambio, aproveitaban o relaxamento xeral para buscar algún lugar
agochado e dedicarse a asuntos máis pracenteiros.
Así que
non todo o mundo estaba contento con esta festa. El Eco de Galicia, xornal
lucense, escribía en 1886:
"Mucho respetamos y
sinceramente deseamos que se conserven aquellas tradicionales costumbres del
pueblo que revelan la viva y pura fe que heredó de sus antepasados, cuyo tinte
religioso es perfectamente compatible y se halla en completa armonía con los
preceptos de la moral y no desdice de la cultura de una capital.
Pero ¿son acaso de tal
condición las nocturnas "ruadas" o fogatas que se celebran en la
noche que nuestro cofrade califica de "magnífica" y sin par para el
pueblo?
¿Ignora por ventura las
perniciosas y lamentables consecuencias que de tales fogatas se originan?
Aparte de la perturbación del
sosiego y la tranquilidad pública a que dan lugar la algazara y gritería
producida en tales fiestas por las canciones deshonestas y las frases
provocativas a que dan motivo los saltos de mujeres por cima del fuego;
omitiendo la gran exposición e inminente peligro de incendio para las casas
próximas [...] ¿no repugna a nuestro piadoso y honesto hermano el grave
escándalo que para los pequeñuelos resulta de las escenas poco edificantes que
las personas mayores, iluminadas por la intensidad de la luz de tales fogatas y
de otra luz que no es la de la fe, celebran en tan magnífica noche terminando
frecuentemente con pendencias cuando no con palos o puñaladas?"
Outro dos costumes habituais en toda Europa era a recolección de
diversas plantas ás que se lles atribuían variadas propiedades, só por facelo
nesa data concreta. O mesmo Padre Feijoo
deixou escrito: "En muchos países
atribuye la plebe grandes virtudes a las hierbas recogidas la noche de San
Juan. Yo, siendo niño, las vi recoger con mucho cuidado y usar de su sahumerio
para disipar las tempestades".
A Feijoo non lle gustaba isto: "No
faltarán quienes clamen, en esta como en otras materias, que se deje al vulgo
en su buena fe; pero yo no puedo sufrir que a cada paso se llame buena fe lo
que es un error craso, lo que es barbarie, lo que es superstición, lo que es por
lo menos una práctica y creencia ridícula que desacredita la religión respecto
de los que la miran, o con desafecto o con indiferencia".
Evidentemente a xente non lle fixo ningún caso e a tradición de recoller
herbas de San Xoán continua vixente
ata hoxe. Utilízanse para
adornar as fachadas das casas e tamén para metelas nunha palangana con auga que
se debe deixar á rosada da noite, o que lle confire propiedades protectoras (e
cosméticas) que funcionarán cando a persoa se lave a cara con ela.
Estas plantas varían dependendo dos lugares. En Ordes, as imprescindibles
son os milicroques, fiunchos, fieitos e espadanas.
Outras
tradicións e supersticións ligadas a esta festa fóronse perdendo aos poucos.
Por exemplo, moitos crían que era unha noite onde as meigas saían das súas
casas polas chemineas e, montadas nas súas vasoiras, dirixíanse todas a
Sevilla, onde terían unha xuntanza. Por que Sevilla? Nin idea.
Moitas mozas tamén crían que se queimaban a flor dun cardo e envolvían
coidadosamente as cinzas nun papel branco, pola mañá aparecería escrito nel o
nome do seu futuro marido.
Aínda máis crían en meter un ovo de galiña (mellor se era dunha galiña
negra) nun vaso de auga. Teoricamente pola maña víase un barco, un castelo,
unha tumba ... o que daba unha idea do futuro que as esperaba.
En fin. O San Xoán é
unha festa que vai cambiando cos tempos. Como será no 2050?
No hay comentarios:
Publicar un comentario