Durante o ano 2016 a
comarca de Ordes baixou dos 37.000 habitantes, cantidade similar á dos anos 30
do século pasado. No ano 2017 quedamos practicamente en 36.700 habitantes, é dicir, houbo unha diminución de 258 persoas,
un 0,7 % do total.
O único concello que medrou foi o de Oroso, sen embargo queda lonxe o
brutal crecemento da 1ª década do século XXI. Actualmente empeza a presentar
síntomas de certo estancamento e o obxectivo dos 7.500 habitantes aínda terá
que esperar un par de anos máis (se as cousas non cambian).
Ordes e Cerceda, os outros concellos centrais, ben comunicados e
con economías máis diversificadas, diminúen en algo menos do 1 %, aínda que os
89 habitantes perdidos de Ordes son o maior número (xunto con Tordoia) en
termos absolutos.
En canto aos concellos máis periféricos e rurais van descendendo sempre, pero
alternando ritmos: Frades, que en
2016 roldaba o 1,2 % de descenso, queda no 2017 case a 0, en cambio Mesía, que tamén roldaba o 1,2 % sube a
un 2,3 %. Trazo, que en 2016 era o
líder con máis dun 3 % de descenso, tamén quedou case a 0.
E nada cambia para Tordoia, que leva varios anos superando o 2 % anual
de descenso. Volve ser o líder nesta triste clasificación con máis dun 2,5 %.
Se todo continúa así, a previsión do IGE para a comarca de Ordes é que só terá
uns 32.000 habitantes no ano 2030 e toda a área de Santiago perderá uns 15.000
habitantes.
Ademais isto traerá aparellado un envellecemento poboacional: haberá 3 persoas
maiores de 65 anos por cada 2 menores de 25 e boa parte desa poboación
envellecida será tamén dependente.
Como
vemos, o futuro preséntase escuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario