Se buscáramos un
adxectivo para definir o ano 2017, probablemente o elixido
sería "seco" ou mellor aínda "sequísimo". Non obstante, contra
a percepción xeral, 2017, cos seus
máis de 1.300 litros de auga por metro cadrado na maioría
da comarca, non foi o ano máis seco dos últimos tempos, nin sequera estivo
entre os 3 primeiros. De feito só foi o 5º máis seco dos últimos 25 anos. En
1990, 2007 (o lider negativo), 2011 e
2015 choveu menos.
Que sucedeu
entón? Pois que se xuntaron os últimos 6 meses do ano 2016 -que xa foran
anormalmente secos- cos outros tamén secos de 2017 (agás os sorprendentes case 280
litros de febreiro e os húmidos marzo e maio). De
xullo a setembro foron secos e outubro e novembro moi secos, Esta falta de
choiva levou a declarar a alerta por parte da Xunta. De feito non choveu a
metade dos días do ano (un 53% que aumenta a 60% se engadimos días de choiva
case inapreciable).
Os 270
litros por metro cadrado de decembro afastaron a
pantasma. Precisamente o 10 de decembro
a tormenta Ana provocou o día máis
chuvioso do ano con 100
litros en só un día. O día 26 Bruno tamén deixou grandes cantidades de auga.
Na nosa
comarca, nos tres concellos centrais baixouse dos 1.200 litros por metro
cadrado, pero os catro concellos periféricos superaron, como dixemos antes, os
1.300 litros.
As
temperaturas medias, en cambio, non saíron do normal. O día máis frío foi o 25
de xaneiro e o máis caloroso o 21 de agosto. Non obstante houbo grandes
oscilacións con bruscas subidas e baixadas de temperatura en maio e xullo.
Setembro, rompendo a norma, foi o máis frío dos últimos 20 anos.
As horas de sol, en cambio, si aumentaron
extraordinariamente. 2017 con 2.350
horas de sol (máis de 210 días completos) batiu o cercano record que tiña 2016
con 2.290 horas.
Tamén 2017
rexistrou o maior número de lóstregos desde que se comezaron a contabilizar en
2010. O 20 de maio alcanzouse a cifra máis alta cun total de 9.562 raios. Ordes
estivo entre os 20 concellos galegos que máis tormentas sufriron con 12 días
nos que caeron lóstregos no seu territorio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario