O ano 2018 foi moi convulso. Desde xaneiro foron sucedendo toda clase de
fenómenos extremos que acabaron cunha seca histórica. A pesar de que a
primavera e o verán presentaron anomalías negativas de temperatura (valores por
baixo da media) as ondas de calor de agosto e un setembro extremadamente cálido
provocaron que o 2018 pasase á historia como un ano cálido e húmido.
TEMPERATURA
2018 arrincou con temperaturas altas en Alaska e con neve en Florida
(había trinta anos que iso non sucedía). En Galicia foi un mes máis cálido do normal.

Ese mesmo mes visitounos Félix, outro ciclón bomba procedente de
Estados Unidos, que xerou un novo e forte temporal, de choiva, vento e neve.
Abril e maio, a pesar das oscilacións, foron meses normais.

Outubro e novembro foron máis ou menos normais mentres decembro volveu
ser anormalmente cálido con máximas superiores a 20º en moitos puntos de
Galicia. O ano rematou máis ou menos como empezou cun quecemento súbito da
estratosfera que podería chegar a debilitar outra vez o vórtice polar.
PRECIPITACIÓNS
Despois dun xaneiro nomal, febreiro foi frío e húmido, pero marzo superouno en todo. Co paso de
sucesivas e profundas borrascas foi o máis chuvioso da última década. Nalgúns
lugares do leste de Galicia, as precipitacións cuadriplicaron o promedio
habitual!
En abril algúns encoros que meses atrás agonizaban, comezaron a liberar
auga. Maio, en cambio foi moi seco pero o aire frío de orixe polar provocou o
día 12 unha nevada a partir dos mil metros de altura. Desde 1984 só unha soa
vez nevara tan tarde.
Seguindo cos cambios, en xuño o aire frío permanecía preto de Galicia, o
que favoreceu a formación de pingas frías. O 1 de xullo as choivas torrenciais
alagaron Coruña. O verán que non arrincaba en Galicia estaba no norte de
Europa, en países como Suecia e Noruega.
E novo cambio radical: despois dos húmidos xuño e xullo chegou a calor
extrema e a falta de choivas. Agosto e setembro foron moi secos. Outubro tamén
foi seco, aínda que o paso dos furacáns Leslie e Michael provocou chuvias
intensas.
Novembro, en cambio, foi máis húmido do
normal con presenza de borrascas importantes como Beatriz e Ana. Decembro
volveu ser un mes seco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario